Nun acto conxunto
o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e
agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón,
Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu,
Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca,
diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha
fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o
momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e
todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar.
Aquí tedes as suxestións de lecturas para este verán. Isto é únicamente un exemplo do moitísimo que hai para ler ahí polo mundo. E recordade que as idades marcadas son so unha indicación, lede o que vos pete e desfrutade da lectura.
Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.
Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época.
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas. Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos.
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.
Na semana das letras Galegas, visitáromnos 2 amigos da editorial Kalandraca Sara e Alex, para acercarnos a maxia dos contos, Contaromnos " O coelliño Branco ", " Un Máis " " A Horta de Simón " e " Animais de Compañía " amenizado entodo momento polo acordeón de Álex
Ao longo do curso, fixemos varias exposicións na biblioteca, moitas de elas son de novidades e outras están relacionadas con algun festexo como a de " mulleres " , libros do mar ou Letras Galegas, ahí vos vai unha mostra.
Esperemos que o disfrutedes
Non
podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o
traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como
resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
Parabéns
a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e
secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis
maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha
gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@sda materia de economía pola realización dese
estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao
grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-,
a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de
robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,as asociacións deportivas de Ares (clube de
remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á
concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors
e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos
de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa
peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos
mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os
comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de
area para o sorteo dos premios.
E
por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao
longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de
educación Manuel Trigás,a José Antonio
Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de
concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA
e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do
CPI As Mirandas
por promover e apoiar todas as iniciativas que
se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que
hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas
seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na
páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.
Grazas
a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.
O noso centro está
a participar naIV edición do concurso
“Galicia, auga, literatura e rap”. Nesta ediciónos escolares darán a súa visión das grandes obras da
literatura galega nas que estea presente a auga pero a modo de rap. Así que os nenos e nenas de 5º e 6º de
primaria rapearon fenomenalmente os
seguintes poemas:
“O noso barco” do libro de poemas “Soños na Gaiola” de Manuel
María
“O arco da vella” do autor
Xerardo Álvarez Limeses
Madrigal â cibdá de Santiago da obra Seis poemas Galegos de Federico
García Lorca
“O río” do libro de poemas “Cando o mar foi polo río” de Manuel María
Aquí vos deixamos a súas estupendas interpretacións
O xoves visitounos a escritora María Canosa gañadora do último premio Merlin co seu libro MURIEL.
Despois de que léramos o libro de Muriel e grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos de lecer coa escritora.
Gustounos moito todo o que nos dixo , como nós tamén somos partícipes dos seus libros pois cada un de nós vivimos de xeito diferente as historias
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a
súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o
que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será,
nin podería selo.
A vida toda
está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que
soñamos ou simplemente imaxinamos...
E por qué
lemos?
-En
primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
-porque
outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
-porque
leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
-porque
desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de
mergullarnos sós nun libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro:
as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo,
axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros
nenos e outras nenas que veñen detrás.
E aos libros que lemos; por riba de todo aos nosos
favoritos.