Rematadas xa as vacacións de verán, iniciamos outro curso mais con ánimo e ilusións renovadas. Dende a Biblioteca Escolar queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa e dicirvos que contamos con todos vos para transitar por este curso 2014-2015 con moitas ganas de pasar bos e enriquecedores momentos lendo, escoitando historias, investigando e realizando moitas cousas mais. Esperámosvos!!!
Formaciónn de Usuarios
17/9/14
13/7/14
O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS
A Henry encantábanlle os libros,
pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry
encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada
na metáfora alimentaria ou gastronómica sobre a lectura.
Dicía Paul Auster que "se os
seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo
xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca
chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan
fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a
fame".
Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO
(EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música,
plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e
realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba
e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos
preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para
que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que
realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa
interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo
cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de
infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!
25/6/14
Para ler neste verán, podemos suxerirte...
Dentro dun mundo cheo de libros e historias, nós escollemos estas para suxerir neste verán, pero non te esquezas... le o que che apeteza e sobre todo recorda que se trata de disfrutar ti e facer disfrutar a outros coa túa lectura.
Tamén estamos abertos a todo tipo de suxerencias. Se hai algún libro que creas que pode gustar a outros, compárteo con nós a través dos comentarios. Feliz verán.
21/6/14
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS
Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Meteoroloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso. Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.
20/6/14
PALABRAS DE DESPEDIDA AOS PROFES
Os alumnos de 6º de E.P. adicáronnos unhas palabras de despedida .
Emocionáronnos moito!. Grazas
FIN DE CURSO 6º 18/06/
2014
Bueno, aunque hoy no es fin de curso, estamos
celebrándolo, así que creemos que os merecéis que os digamos unas palabras de
agradecimiento por todos estos años de parte de sexto.
Antes de
nada a las tutoras, pues son con las que pasamos más tiempo y más experiencias.
Gracias por
hacernos ser quienes somos. Todos en casa tenemos una familia que es la que nos
educa, la que nos enseña a comer, a hablar y a comportarnos con educación y
gracias a ella tenemos el carácter que tenemos, la forma de hablar, el estilo,
etc……..
Pero siempre
habrá una palabra culta, un truco para resolver un problema de mates o un
refrán que al usarlos nos recuerdan a nuestros profesores.
Gracias por
intentar que las horas del día que pasamos en el colegio nos resulten más
divertidas, por hacernos sentir como en casa y poco a poco formar una segunda
familia de la que, en momentos como este, cuesta mucho separarse.
Gracias por
entendernos, ayudarnos y reñirnos para que poco a poco seamos mejores persona y
buenos estudiantes, por preocuparos de nosotros casi como si fuéramos vuestros
hijos y por hacer que un tema de coñecemento se convierta en al más divertido
de los cuentos.
Y no sólo las tutoras.
Gracias a
todos los profesores de diversas materias, por tener tanta paciencia con
nosotros y nuestros errores.
A Elisa por
hacer que el inglés nos deje de sonar a chino y nos empiece a sonar a
portugués.
A Mon por
hacernos superar nuestros miedos y convencernos de que ,si queremos, podemos
saltar el más largo de los obstáculos.
A Lara por
poner un poco de música y alegría entre tantos números y letras.
A Gonzalo,
porque aunque lleva poco tiempo con nosotros, le cogimos cariño desde el primer
momento por hacernos ver la música de una manera sorprendente.
A Pili, por
poner un poco de sentidiño en este zoo de animales salvajes.
A Fifí por
llenar de arte y agujas todas las semanas.
A Marina por
darnos a conocer el mundo en el que vivimos y sus normas.
Y gracias a
todos por aguantar a este sexto tan revoltoso, y por formar parte de esta gran
familia de la que, estemos donde estemos, siempre vamos a tener buenos
recuerdos.
19/6/14
DESPEDIDA DE 6º
Agora que remata o curso, queremos ter un recordo especial para os alumnos de 6º que este ano nos deixan.
Son moitos e moi falangueiros, por iso os profes ,en especial as titoras botarémolos de menos. Queremos darlles as grazas por todas as súas colaboracións : meteoescolas, biblioteca... sempre estiveron dispostos para todo. Grazas rapaces e moita sorte na vosa nova etapa que logo comenza. Empezade con ganas que podedes con todo (sabédelo ben vos).
Unha recomendación : SEGUIDE TRABALLANDO ASÍ , PERO UN POUCO MAIS CALADIÑOS ¿Prometido?
18/6/14
ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"
Hoxe entregamos os premios dos Concursos de Portada de Libros e O preguntón. Felicidades a todos os premiados e participantes.E xa sabedes... esperámovos na próxima edición o vindeiro curso.
7/6/14
SAÍDA 6º " EL EO"
OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO OS ALUMNOS DE 6º DE E.P. FIXEMOS A NOSA VIAJE DE FIN DE PRIMARIA.
VIAXAMOS EN TREN A GRANXA ESCOLA " RÍA DEL EO" EN CASTROPOL (ASTURIAS).PARA MOITOS FOI A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN TREN.
REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES: FIXEMOS PAN,MONTAMOS EN BICICLETA, A CABALO NUNHA EGUA CHAMADA PALOMA,TIRO CON ARCO, VELAS,TIROLINA,COIDAMOS ANIMAIS,ORDEÑAMOS A VACA PARA LOGO FACER QUEIXO CON ESA LEITE,PLANTAMOS LEITUGAS QUE LOGO COMERÁN NENOS DOUTROS COLEXIOS..... TAMÉN TIVEMOS TEMPO LIBRE PARA XOGAR E CHARLAR.BUENO TAMÉN TRABALLAMOS :FIXEMOS AS CAMAS, PUXEMOS A MESA, RECOLLIMOS....
POLA NOITE TIVEMOS VELADA CON XOGOS DIVERTIDOS E LOGO.......SESIÓN DE DISCOTECA.
ÁS 12 MANDÁRONNOS A DURMIR , BUENO CON TANTA LEDICIA DURMIMOS MOI POUCO .....
¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!!!!
OS PROFES QUEDAMOS CONTENTOS CO VOSO COMPORTAMENTO. ¡A SEGUIR ASÍ!. BUENO UN POUCO MENOS FALADORES.
1/6/14
CIENCIA EN RUTA
O VENRES 23 DE MAIO OS NENOS DO 1º CICLO DE E.P. TIVEMOS UN TALLER MOI DIVERTIDO. APRENDIMOS A FACER E LOGO A LANZAR FOGUETES DE AUGA.
Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis.
Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento.
Foi IMPRESIONANTE!!!
Foi un obradoiro xenial. Encantounos.
29/5/14
PREMIADOS NO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
Difícil o tivo hoxe o xurado composto por Antonio Seijas (Ilustrador), Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas do I Concurso de Portada de Libros. O concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu.
Presentáronse un total de preto de 70 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e distintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición.
Desde aquí queremos agradecer ao noso artista local Antonio Seijas a súa colaboración como membro principal do xurado. Grazas Toni por estar sempre que requerimos a túa presenza. É sempre un luxo terte con nós.
Agradecer tamén a participación de Vilariño, querido compañeiro do noso centro que sabemos que non nos esquece e que sempre acode as nosas chamadas. E como non as profes de educación plástica do noso cole. E felicitar a todos os alumnos participantes.
Sodes uns artistas!!!!
Os gañadores e finalistas por categorías foron:
- 1º CICLO ESO: Alba Tabeayo (1º ESO) e Ana Martínez(2º ESO)
- 2º CICLO ESO: Noelia Calvo Tizón (3º ESO) e Sara Ferreiro Varela (4º ESO)
- 1º Ciclo EP: Marcos Pérez Cordero (2ºA) ,Nerea Salido Lorenzo (2ºA), Jairo García García, (2ºA)
- 2º/3º Ciclo EP: Marta Nogueras Anca (3ºA) e Lara Fonte Allegue (6ºA)
- Infantil: Noelia Navas Udaondo e Ariadna Jerobs Santín
- Premio de grupo: Infantil 4 anos B(Fernanda) (gañador), Clase de 1ºA (Mila) (finalistas),Clase de 1ºB (Meli) (finalistas),Clase de 2ºB (Lucía) (finalistas).
En hora boa a todos e todas!!!!
Aquí tedes un vídeo coas obras da exposición
27/5/14
CONCURSO COCA-COLA "RELATO CURTO"
Por cuarto ano consecutivo os
nosos alumnos de 2º participaron neste concurso de relato curto. As
participantes este ano foron Ana Martínez e Malloya ambas alumnas de 2ºESO A.
Ana participou en castelán e galego, Malloya só o fixo en castelán. As dúas ían
con moita ilusión e ás dúas queremos felicitar desde estas páxinas.
Ben sabedes que o traballo feito
con gana adoita ter recompensa, Ana gaña por mérito propio achegando azos,
ilusión e xenerosidade en todo o que emprende e Malloya engaiolou o xurado coa
súa prosa imaxinativa e lixeira, e así resultou ser finalista e gañadora dun
merecedor terceiro premio.
Posto que todo o que desde aquí
se escriba non reflectirá o que a vosa compañeira transmitiu no seu relato
achegámosvos o comezo e o código "qr" para que o gocedes coma nós.
Ademais achegamos en palabras da
flamante gañadora, a experiencia que supuxo recoller o premio nun lugar
emblemático, a terra dos grandes trovadores: Mendinho, Joham de Cangas e Martín
Codax, case nada!! .
Cando estabamos Ana e mais eu naquela sala chea de xente non imaxinabamos que
algunha de nós pasase á final ¡cando mo dixeron non o podía crer!
Eu pasara
á final e a entrega de premios foi, nin mais nin menos, na illa do Pensamento,
a illa de San Simón, un lugar cheo de historia literaria, testemuña de relatos
de temerosos corsarios, tesouros ocultos e pasaxes de moitos viaxeiros vidos de
terras afastadas. Alí mesmo foi onde o capitán Nemo atracou o Nautilus na súa
fantástica historia Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar (XulioVerne), cando sabes iso non
podes remediar pensar no que se lle pasaría pola cabeza ao escritor
¿Sorprenderíanlle tanto os misterios e os viaxeiros anónimos pasados pola illa
que sentiría identificado o capitán do seu submariño cun deles? ¿Ou quixera
imaxinar o que lle aconteceu a algún dos viaxeiros que pasou por alí nun navío
submariño descoñecido naquela época? Precisamente o misterio foi o tema na
entrega dos premios, o misterio e o humor, unha importante inspectora chamada
Holmes e un novato incompetente chamado Watson presentaron este acto nunha
divertida entrega de premios cheo de misterio e risas. Alguén matara o can da illa
e roubara o primeiro premio ¿Quen podería ser? algúns dos alí presentes foron
escollidos como sospeitosos e cando Watson non aturou máis, recoñeceu que lle
dera ao can un somnífero nunha salsicha e o roubara el, aínda que por
adolescente non pasaba de todas as maneiras.
Ao remate
obsequiáronnos cunha merenda nos edificios que foron lazareto e cárcere durante
a guerra civil española, alí Luísa rematou con todos os mexillóns e miña irmá
co resto da mesa.
A viaxe
de volta foi movidiña, no interior do barco sentíanse máis as ondas e iso non é
moi bo se te mareas neles...
Malloya, 2ºA ESO
25/5/14
RELATOS DO CONCURSO "RELATO CURTO" DO CONCELLO DE ARES REALIZADO POLAS LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixamos os relatos curtos dos alumnos/as do cole que presentaron obras ao II Concurso de Relato Curto Concello de Ares. Entre elas están a gañadora e as finalistas, así como outras que non recibiron premio pero que vos aconsello que leades. Parabéns aos rapaces e rapazas que presentaron traballos e aos que non...esperemos que para o ano vos animedes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.gif.gif)
.gif.gif)
.gif.gif)


