San Valentín xa pasou, pero as palabras quedaron...
Formaciónn de Usuarios
5/3/24
19/2/24
APADRIÑAMENTOS LECTORES
31/1/24
DÍA DA PAZ
A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.
Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.
Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. O acto finalizou cantando todos xuntos a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.
👉 Por outra banda, e en formato podcast, o alumnado de 3º de ESO realizou un programa especial
sobre o día da paz que podedes escoitar aquí.
👉Tamén o alumnado de 4º de ESO preparou e interpretou dous contos sobre a paz
para os nenos e nenas de 1º a 4º de Educación Primaria.
👉Por último o alumnado de todos os niveis deseñaron debuxos e logos alusivos á paz que foron impresos en pegatinas e repartidas a toda a comunidade educativa.
21/12/23
NADAL 2023-24 CPI AS MIRANDAS
Educación Infantil:
Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...
Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:
19/12/23
SUXESTIÓNS LECTORAS DE NADAL 2023
11/11/23
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN NAS MIRANDAS
O pasado venres 10 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no noso cole. O día amenceu nubrado e con chuviscas, pero iso non impediu que puidesemos gozar dunha bonita mañá xuntos.
Comezamos cunha serie de xogos para todo o alumnado nos que a castaña foi a protagonista. Fixemos procura de castañas, punterías, carreiras, puzles... pero principalmente gozamos cos nosos compañeiros e compañeiras neste día de celebración.
Posteriormente, para repoñer forzas, comimos castañas e preparamos os nosos peóns e bailaretes para conmemorar o “Día do Peón” xa que, como indica o noso refraneiro popular… “Polo San Martiño, peóns ao camiño”.
O alumnado tivo a oportunidade de facer bailar os seus peóns e bailaretes de todo tipo, realizados por eles mesmos coa axuda das súas titoras e titores.
Foi unha mañá chea de bos e bonitos momentos. No seguinte vídeo podedes ver algúns deles. Agardamos que vos guste.
30/10/23
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Proximamente comezaremos coa actividade de apadriñamentos lectores. É un proxecto de animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. se constitúen en padriños ou madriñas para compartir momentos de lectura.
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de idades diferentes.
OBXECTIVOS
a) En relación aos lectores:
- Desenvolver a capacidade lectora.
- Favorecer a práctica da lectura expresiva coa adecuada vocalización, entoación, ritmo, rexistros fonéticos, inflexións da voz, etc.
- Diferenciar os elementos estruturais dun conto.
- Apreciar os compoñentes físicos dun libro.
- Incentivar a motivación pola lectura, adaptándose ao nivel do oínte.
- Coñecer a organización da biblioteca do centro.
- Potenciar as relacións interpersoais, recoñecendo aos alumnos pequenos como os seus iguais no colexio.
b) En relación aos oíntes:
- Desenvolver a capacidade de escoita activa.
- Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.
- Potenciar a observación e a discriminación de signos gráficos.
- Percibir as diferenzas entre diversos libros, manifestando os seus gustos.
- Sentir interese pola narración, identificando personaxes e situacións.
- Familiarizarse co uso da biblioteca.
- Incentivar o respecto cara aos libros.
- Saber adaptarse a persoas de diferente idade.
Para a realización da actividade dispoñemos da biblioteteca e corredores do centro.
Este será o carnet que lecarán os nosos voluntarios
SEMANA DO MEDOOOOOOO!!!
Esta semana e a pasada convertimos a nósa biblioteca nun recuncho de lecturas de medo.
O alumnado de 5º e 6º de E.P. prestáronse voluntarios para facer lecturas de medo. Foi unha experiencia moi chula e terrorífica...
25/10/23
TECENDO COMUNIDADES
Hoxe, martes 24 de outubro 2023, a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas quere celebrar o Día das Bibliotecas, compartindo este fermoso e significativo lema: "Tecendo Comunidades".
Imaxinamos as bibliotecas como uns telares onde se van tecendo relacións e coñecementos, onde anuda o sentido da pertenza, intercambiando ideas, conversas, conexións, que van mostrando a diversidade e a riqueza da nosas comunidades.
6/10/23
UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.








.png)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



