Hoxe, martes 24 de outubro 2023, a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas quere celebrar o Día das Bibliotecas, compartindo este fermoso e significativo lema: "Tecendo Comunidades".
Imaxinamos as bibliotecas como uns telares onde se van tecendo relacións e coñecementos, onde anuda o sentido da pertenza, intercambiando ideas, conversas, conexións, que van mostrando a diversidade e a riqueza da nosas comunidades.
A
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares
de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA
BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as
posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector
como na aprendizaxe curricular.
A
imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é
obra de Jorge
Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite
a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar
coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
Un
curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis
protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para
seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a
primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual.
Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas
atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e
artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
Un feixe de libros, xogos e música para ler, xogar e escoitar este verán. Aquí tes a información das suxestións que a biblioteca Carabela fai para este verán. Vémonos en setembro. Pasádeo ben!
Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de onte na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a V Feira “Danzando co mundo que queremos”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@sda materia de tecnoloxía pola realización dese estupendo piano de chan que tanto gustou aos nenos e nenas; ao grupiño de músicos da mini Big Band que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-, a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,aos profes e alumnado de infantil e primaria que prepararon esa actuación de baile tan chula e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciñanza que nos acompañaron nesta xornada.
Grazas a todos por facer que resultase todo un éxito
A Real Academia Galega escolleu este ano ao escritor en intelectual Francisco Fernández del Riego como persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.
En Vilanova de
Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de xaneiro de 1913, primeiro
fillo dunha extensa familia. Tras formarse no seu pobo natal e en Mondoñedo, en
1930 iniciou a carreira de Dereito en Madrid, pero ao ano seguinte instalouse
coa súa familia en Santiago de Compostela, onde a acabou en 1934 e empezou a
exercer como profesor axudante de Dereito Civil. Ao estalar a guerra en 1936
alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades políticas, pois
non só era secretario das Mocidades Galeguistas, senón que fixera unha intensa
campaña en apoio do estatuto de autonomía de Galicia plebiscitado en 1936, e
era coñecido como un destacado membro da xeración de mozos intelectuais do
Seminario de Estudos Galegos. Tras a guerra instalouse en Vigo, contraeu
matrimonio e comezou a traballar primeiro como profesor no ensino privado e
despois como avogado.
En 1943 empezou a reorganizar o Partido
Galeguista na clandestinidade. En 1950 fundou, xunto con outros galeguistas, a
emblemática Editorial Galaxia, na que se ocupou da xerencia. En 1960 ingresou
na Real Academia Galega, conseguindo que a partir de 1963 a institución
escollese anualmente unha figura da cultura galega que protagonizase o Día dás
Letras Galegas, que desde entón celébrase o 17 de maio. En 1963 comezou a súa
andaina a revista galega de cultura Graal, que Fernández del Riego codirixiu con Ramón Piñeiro durante os seus cen primeiros números, ata 1988; tamén en
1963 implicouse activamente na creación da Fundación Penzol, cuxa biblioteca
—de consulta imprescindible para temas galegos— dirixiu. En 1964 participou na
fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que militou ata 1978. En 1997
foi elixido presidente da Real Academia Galega, e imprimiu a esta un aire máis
dinámico durante os catro anos en que, por limitación estatutaria, estivo á
fronte da institución.
Á narrativa chegou
tardíamente, ao publicar en 1992 Ou cego de Pumardedón, onde fai ficción da súa
vivencia da Guerra Civil.
Posiblemente é a
figura máis premiada da historia da cultura galega, pois recibiu, entre moitos
outros, os seguintes galardóns: Premio de Ensaio do Centro Galego de Buenos
Aires (1948), Premio Pedrón de Ouro (1979), Medalla Castelao (1985), Premio
Trasalba (1988), Premio de Creación Cultural da Xunta de Galicia (1992), doutor
honoris causa da Universidade de Vigo (1992), Galego Egrexio (1993), Premio
Fernández Latorre de Xornalismo (1994), Premio Otero Pedrayo (1995), Insignia
de Ouro da Universidade de Santiago (1996), e o Premio das Artes e das Letras
de Galicia (1997).
As nenas e nenos de infantil celebran o Día
das Letras galegas co recitado de poemas en galego.
Exposición de cartaces sobre a vida e obra de Florencio Delgado nos corredores do centro.
Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convidámosvos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais.
Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego. EDUCACIÓN INFANTIL: Conto "O misterioso salouco de Don Paco"
No día do libro de 2023 a biblioteca Carabela en colaboración con Dinamización, organizamos a primeira edición do "Desfile de Personaxes de Contos"
A actividade consistía en caractterizarse da personaxe dun conto lido e facer o desfile acompañado do libro.
A actividade desenrolouse na semana posterior ao Día do libro, cada dia desfilaban dous cursos de primaria e o último día fixemos un desfile único para o desfrute do alumnado de E.I.
Co gallo das actividades para conmemorar o Día Das LetrasGalegas, o Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e aBiblioteca Escolar Carabela organizan a VI Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así comopotenciar as capacidades creativas do alumnado.
BASES
1.- Dirixido a: Todos os alumnos/as do CPI As Mirandas, que poderán participar cun máximo de 2 obras. En infantil o traballo a presentar será de aula.
2.- Tema: O concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nomedo autor do libro ademais da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos , debuxos, distintos tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera xénero: poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o nome e curso do alumno/a participante.
3.- Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo un A3 (29,7x42 cm.)
4.- Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografiadas, etc.
5.- Soporte: En función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina, cartón, lenzo ou como un arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.
6.- Data e lugar de entrega: A data de entrega remata o 15 de maio e os traballos se entregarán na biblioteca Carabela do noso centro.
7.-Premios: Outorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios de aula. Con todos os traballos presentados farase unha exposición no centro así como a presentación dos mesmos a través dos blogs do EDLG e da Biblioteca e redes sociais.
AAlianza Aresana acolleu o venres 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o Concello de Ares e que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.
👉Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.
👉Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.
👉Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de "Primaria" a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con "A casa queimada"; e Larraitz Aranaga Carrasco con "A primeira man que sostivo a miña" na modalidade de "ESO".
👉Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.
👉O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.