Formaciónn de Usuarios
20/11/20
Charlas ARELAS
29/10/20
RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN E MAGOSTO
Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas. Saúdos
SAMAÍN 2020 by veracruces on Scribd
23/10/20
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da persoa lectora a través de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
9/10/20
UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC
Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.
O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de
2020.
Para participar deberase enviar un correo a: alentoesbravexo@gmail.com
Con todo o material recibido tentarase facer un libro, unha
exposición,...(sempre dependendo da situación vírica actual).
Preme aquí para consultar as BASES
Máis información no seguinte enlace: https://axendacultural.aelg.gal/2020/06/30/proposta-unha-manda-de-pezas-para-isaac/
2/10/20
A BIBLIOTECA NON ESTÁ PARADA.


A nosa biblioteca está toda feita un lío, pero non está parada. Como, de resultas da Covid 19, temos que adaptar o seu funcionamento, estamos organizando un sistema de préstamos adaptado. Así que aquí andamos: montamos mobles para os préstamos ás aulas, reorganizamos as mochilas viaxeiras para permitir a corentena dos libros, elaboramos os protocolos de uso... Movémonos, e xa pronto volveremos a abrir para o préstamo individual.


1/10/20
MAFALDA INMORTAL
Onte deitámonos coa mala nova do pasamento do gran Quino...pero Mafalda será inmortal.
A primeira historieta de
Mafalda publicouse o 29 de setembro de 1964 no semanario Primeira Plana,
pero a nena nacera un ano antes, creada para un anuncio –que nunca viu a luz– da
axencia de publicidade onde Quino
traballaba para financiar a súa paixón polo debuxo. Fillo de inmigrantes
andaluces, con trece anos empezou a estudar Belas Artes en Mendoza, pero fartouse do clasicismo da
academia para dedicarse ao cómic e aos 18 anos foi vivir a Buenos Aires,
publicando a súa primeira tira cómica no semanario “Esto Es” en 1954.
As aventuras de
Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose,
traducíndose, replicándose en revistas e
diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século.
Ata hoxe.
Aínda que a súa vixencia no século XXI é total, o debuxo de Mafalda quedou conxelado en 1973, o humorista
non dubidou en recrear a Mafalda por
unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou a Declaración Universal dos
Dereitos dos Nen@s para Unicef. O debuxante e a súa filla Mafalda foron obxecto
de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no
2014 o título de Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de
Asturias de Humanidades.
Ata sempre Quino. Sempre nos quedará Mafalda.
30/9/20
XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S
TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.
Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que
clikar na imaxe que tedes a continuación.
28/9/20
COMEZAMOS UN NOVO CURSO FORMÁNDONOS EN LINGUA DE SIGNOS
O 23 de setembro, celébrase o Día Internacional das Linguas de Signos. Unha data que Nacións Unidas declarou oficialmente en 2017 facéndoa coincidir co aniversario da Federación Mundial de Persoas Xordas para reivindicar estas linguas como parte da diversidade lingüística e cultural.
Se queremos un desenvolvemento
saudable para xs nenxs xordxs, é necesario
superar aquelas ideas que obstaculizan a posibilidade de ofrecer e recibir unha
atención integral que, entre outras cousas, inclúa a adquisición da lingua de
signos nos colexios.
Esta semana no noso cole, formámonos e aprendemos LSE dá man de Teresa dá Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra. Grazas Teresa por abrirnos os ollos e as mans á LSE.
17/9/20
PROTOCOLO COVID-19
A biblioteca Carabela presenta o seu protocolo
establecido e consensuado entre a dirección do centro e a biblioteca escolar.
Este protocolo supón reorganizar os espazos e os tempos para dar cumprimento
as medidas de distanciamento social coa finalidade de preservar a saúde da nosa
comunidade educativa.
Medidas
a adoptar:
1.- Aforo
máximo 15 persoas ( 50% dos postos de lectura )
2.- Rutinas
diarias:
-
Manter a distancia de seguridade.
-
Uso de protección facial
-
Hixienizar as mans ao entrar e
saír da biblioteca
-
Hixienizar o posto ao saír por
parte do usuario
-
Ocuparanse unicamente os postos
sinalizados.
-
Ventilación da biblioteca despois
dos recreos e de cada uso.
3.- Organización
de préstamos:
O sistema de préstamos continuará funcionado
nos recreos tal e como esta establecido nas normas de biblioteca ( 3 libros ou
películas, 15 días ) Habilitaremos un espazo na entrada da biblioteca para
deixar os préstamos que permanecerán 2 días en corentena antes de
reincorporalos aos andeis.
Os titores terán a súa disposición as
coleccións que están nos armarios dos corredores. Debe recordarse que tras o
seu uso e devolución por parte dos nenos
terán que estar dous días en corentena antes de gardalos.
Estableceranse quendas:
|
HORARIO |
LUNS |
MÉRCORES |
VENRES |
|
12:15-12:30 |
4º |
5º |
6º |
|
12:35-12:50 |
1º |
2º |
3º |
Dado o aforo máximo permitido non se contempla
a reserva de horario por parte das titorías pero si se permitirá o uso da biblioteca
a grupos que non superen o aforo. O responsable do grupo controlará a
hixienización e ventilación da mesma.
Haberá tres ordenadoras a disposición do
alumnado respectando a distancia social. Cada usuario encargarase da
hixienización antes e despois.
Este curso contemplamos unha modificación no préstamo das
Mochilas Viaxeiras. Cada aula contará
con dúas mochilas que se alternarán no préstamo para garantir a corentena dunha
semana. Comezamos con primaria
Realizaranse préstamos de lotes de material
para cada aula en función dos intereses do alumnado e profesorado. De cada vez
que o material se devolva á biblioteca permanecerán dous días en corentena.
En principio non se contempla a participación
do alumnado de 5º e 6º como colaborador da biblioteca esta labor recaerá nos
membros do equipo.
Dependendo da evolución da situación sanitaria
poderá replantexarse esta medida.
Todas as actividades que se promovan por parte
da biblioteca terán que ter en conta a necesidade de hixienización,
distanciamento persoal e ventilación. Na
programación das actividades priorizarase a actuación no exterior e nas aulas.





