Esta é unha nova actividade da biblioteca para promover o servizo de préstamos.
Con esta iniciativa pretendemos fomentar o hábito lector no alumnado.
A actividade consiste nun taboleiro con camiños e casiñas que hai que ir superando ata o final, o modo de ir pasando dunha casiña a outra é lendo libros.
O tema do taboleiro son libros sobre igualdade. Cada neno e nena elexirá unha personaxe dos contos e a súa foto para ir marcando o percorrido.
Contamos cun caderno de bitácota no que os lectores/as poden anotar información referente aos libros e un rexistro de viaxeiros para anotar a todos/as os /as que terminen a viaxe.
Formaciónn de Usuarios
11/3/20
28/2/20
DÍA DE ROSALÍA. CPI AS MIRANDAS. CONCELLO DE ARES
Hoxe o noso centro realizou xunto co Concello de Ares un fermoso acto para lembrar a Rosalía de Castro, dentro da semana dedicada a nosa escritora máis universal.
Nenos e nenas de primaria e rapaces e rapazas de ESO interpretaron e cantaron os poemas e a obra de Rosalía acompañados da música da xove banda do noso cole e de Mónica, a profe de música.
Tamén realizaron a lectura continuada representantes de entidades culturais de Ares, Cervás ou Redes, persoas do mundo do deporte como Paula Mayobre ou Álvaro Yllobre, representantes municipais, profesores e veciñanza.
Grazas a todos pola vosa participación neste acto.
Rosalía…sempre Rosalía…
Aquí vos deixamos uns vídeos da xornada
Lectura do alumnado do CPI As Mirandas
Lectura
continuada da obra de Rosalía a cargo da veciñanza, representantes de entidades
culturais e deportivas, representantes
municipais e profesores.
Galería fotográfica
Interpretacións musicais. Xove banda do CPI As Mirandas
23/2/20
ENTROIDO 2020. CPI AS MIRANDAS
Este
ano o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro, “ARES DE CONTO”.
Un
percorrido polos personaxes dos contos, lendas e literatura universal. Os trasniños da nosa Cova do Trasno de Ares, Carapuchiña Vermella, Branca Neves, príncipes, ananos, Moby Dick, Harry Potter, Shrek, Piratas, Wallys,
o Gato con botas, o Flautista de Hamelin e os seus ratiños, os dálmatas e Cruela
de Vil e un sen fin máis de personaxes de conto desfilaron polas nosas rúas nun
día de sol radiante.
Logo degustamos lambetadas de Entroido e un
rico chiculate para endulzar o bandullo.
Grazas
infinitas á banda de gaitas de Ares por colaborar con nós e poñer a nota
musical ao noso desfile e por suposto, a tod@s polo voso esforzo á hora de
preparar esta xornada de Entroido que é máis que unha simple xornada, son días
de preparativos fora incluso das horas lectivas para confeccionar os disfraces
e todo o que rodea o Entroido.
Agora
a gozar destas mini vacacións.
Aquí deixamos a reportaxe da xornada.
16/2/20
ARES DE CONTO, CON VERO RILO E SONSOLES PENADIQUE
Este venres contamos unha vez máis coa visita de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Contáronnos contos, aprendemos cancións, falamos do entroido , agasalláronnos cun libriño para traballar na aula no que estaban todos os persoeiros e as figuras do entroido que hai por toda Galicia: pantallas, peliqueiros, máscaras, boteiros, folións…
Que ben o pasamos!!!
Moitísimas grazas Vero e Sonsoles pola vosa visita e por compartir con nós e achegar a tradición oral aos nenos e nenas do noso cole.
Esperamos que volvades a visitarnos!
Sodes as mellores!!!!
VISITA Á COVA DO TRASNO
Con
motivo da visita de Javier Vilasánchez
o pasado mércores,
decidimos ir visitar a Cova
do Trasno.
Ademais,
cunha
incrible
sorpresa! O trasno
Simón anda a facer
trasnadas
e tiña escondida a chave da seguinte
busca do tesouro.
12/2/20
O TRASNO SIMÓN E A SEREA MIRANDA . "ARES DE CONTO"
Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita de Javier
Vilasánchez, historiador local, licenciado
en Filosofía e Ciencias da Educación, director do grupo de teatro A Cova do
Trasno e avó. Aínda que xa veu varias veces ao noso centro
para colaborar con nós, hoxe a súa
aportación foi especial xa que o seu público eran os pequenos/as do 1º ciclo de
primaria, que este curso están a
traballar as lendas e a tradición oral dentro do proxecto interdisciplinar “Ares
de Conto”.
Javier faloulles dalgunhas lendas da nosa vila coma a da Cova
do Trasno ou a da Serea das Mirandas, misturando a historia coa fantasía. Os nenos coñeceron ao trasno Simón e a serea Miranda, personaxes de
conto creados por Javier e inspirados nestas lendas.
A verdade é que os nenos e nenas gozaron cos seus contos e
coa súa caracterización, rematando cunha morea de preguntas ao final da sesión.
Grazas Javier por aceptar a nosa invitación e por achegar as lendas de Ares aos nenos e nenas do noso cole. Esperemos que volvas a visitarnos!
31/1/20
CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ NO CPI AS MIRANDAS
Hoxe
no Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo
que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a
participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Danzas do mundo
Nesta
xornada que estamos a conmemorar, lembramos que a paz baséase no principio de
que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou
relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e
sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar
pola paz e por un mundo máis xusto e sostible.
E
para expresar ese desexo de paz os alumnos e alumnas dos diferentes
cursos de ESO e primaria mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura
de textos alusivos á mesma.
Tamén todos os nenos e nenas de infantil e primaria
dirixidos magnificamente pola súa profe de música, Olalla, realizaron distintas
coreografías de danzas do mundo.
Para
rematar o acto todo o alumando e profesorado do centro cantamos e bailamos a
canción “Bajo el Mismo Sol” de Álvaro Soler, signada polos nenos e nenas de 6º
de primaria coa inestimable axuda de Alba a nosa intérprete de lingua de
signos.
Aquí
vos deixamos a reportaxe da xornada.
Danzas do mundo
27/1/20
ERRANTES POLO MUNDO. DÍA DE ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
- Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados... que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos...).
- Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”). Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
- Todas as fotos, deseños, gravados... cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter..., tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
- Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram... Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web: https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2020/2/23/dia-de-rosalia-de-castro-2020
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
20/12/19
NADAL 2019
Deixámosvos as actuación de 1º, 2º e 3º de E.P. Proximamente as demais.
Bo Nadal a todos e a todas
Bo Nadal a todos e a todas
18/12/19
Unha morea de historias neste Nadal.
Vacacións, festas e lecturas sempre foron unha boa mestura. Aquí vos deixamos as suxestións deste ano, por se precisades pedir ou facer un agasallo. Boas festas para todos.
13/12/19
XA ESTÁ AQUÍ O NADAL
Xa
chegou o Nadal e con el a revolución ao noso centro!!!.
Pouco
a pouco irémosvos contando todas as cosuiñas que estamos a realizar neste mes
pero mentres... queremos desexarvos, con todo o agarimo da nosa pequena gran
familia, unhas moi
Felices
Festas!!!
Aquí deixamos algúns enlaces de RECURSOS
PARA O NADAL. Se premedes nas imaxes podedes acceder a eles.
POSTAIS PARA PERSONALIZAR E ENVIAR
PANXOLIÑAS
LIM CELEBRAMOS O NADAL
O APALPADOR
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.phphttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.php
9/12/19
SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
O día 3 de decembro foi o Día da Diversidade Funcional, por este motivo dende a biblioteca Carabela organizamos unha serie de actividades de concienciación para experimentar as diferentes realidades das persoas.
Pintamos sen mans
Asociación XOGA
LSE no Patio explicado polas nosas alumnas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














