Con este lema festexamos o día das bibliotecas no noso cole, aproveitando que este ano as bibliotecas escolares imos traballar sobre poeticas diversas.
O alumnado escribiu e decorou un pequeno poema ou rimas para comezar a asolagar os nosos corredores de metáforas. Imos darlle vida á nósa tradición lírica.
Outra actividade realizada polo día das bibliotecas foron os apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º A leu para os nenos e nenas de 5 anos. Foi todo un éxito.
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.
Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia.
O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.
Hoxe realizamos
unha saída pola nosa vila para plasmar coas nosas cámaras e dispositivos móbiles
algúns espazos da nosa contorna. En breve daremos máis datos sobre este
proxecto que terá como produto final unha estupenda exposición fotográfica.
Desde aquí queremos invitar a todo o alumnado a que siga quitando e aportando
fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás,
Chanteiro.... Temos moito que amosar en
todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.
Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías
ao II Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 31
de outubro.
Aquí deixamos un pequeno video do noso percorrido fotográfico de hoxe por
Ares.
Hoxe, 1 de outubro abrimos as portas da nosa biblioteca a todo o alumnado con moita ilusión.
Os libros gardaban un segredo, entre as súas páxinas, uns vales que a próxima semana poderán canxear por un agasalllo.
Dámosvos a benvida a este novo curso esperando que levedes moitos moitos libros.
O equipo de biblioteca:
Marina, Pacucha, Pili, Paula, Maru, Luísa e Conchi.
Na liña de traballo de elaboración de materiais para o profesorado, en apoio do seu labor na dinamización das bibliotecas escolares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar un material que chegará aos centros na primeira quincena de setembro. Trátase dunha versión ILUSTRADA da adaptación daClasificación Decimal Universal para bibliotecas escoalares que se realizara a comezos deste programa, no ano 2004.
Óscar Villán, debuxante que xa elaborara outros materiais para a sinalización das bibliotecas escolares, foi o encargado da realización desta CDU ILUSTRADA, que agardamos poida servir de motivación nas actividades de formación de persoas usuarias das bibliotecas escolares.
A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para os centros de infantil e primaria non se recomenda pasar dos dous díxitos, aínda que algunhas categorías, das que pode haber moito material na biblioteca, podería chegar aos tres díxitos. + información AQUÍ
Xa a comezos de curso este cartel completarase con outro material divulgativo sobre esta CDU Ilustrada.
Xa estamos de volta!. A biblioteca de novo abre as súas
portas. O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que moitos de vós non deixastes de ler nestas
vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa biblioteca
escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao
longo do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa
colaboración.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos
atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar
proxectos,de documentarte,de ler e escribir,de coñecer escritores,de tomar
prestados libros,de fomentar valores,de gozar e aprender cos nosos concursos e
actividades....
Achégache á nosa bibliotec@, nela atoparás un mundo de
información e diversión.
Nun acto conxunto
o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e
agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón,
Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu,
Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca,
diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha
fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o
momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e
todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar.
Aquí tedes as suxestións de lecturas para este verán. Isto é únicamente un exemplo do moitísimo que hai para ler ahí polo mundo. E recordade que as idades marcadas son so unha indicación, lede o que vos pete e desfrutade da lectura.
Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.
Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época.
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas. Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos.
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.