13/9/18

CDU Ilustrada para bibliotecas escolares

Na liña de traballo de elaboración de materiais para o profesorado, en apoio do seu labor na dinamización das bibliotecas escolares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar un material que chegará aos centros na primeira quincena de setembro. Trátase dunha versión ILUSTRADA da adaptación daClasificación Decimal Universal para bibliotecas escoalares que se realizara a comezos deste programa, no ano 2004
Óscar Villán, debuxante que xa elaborara outros materiais para a sinalización das bibliotecas escolares, foi o encargado da realización desta CDU ILUSTRADA, que agardamos poida servir de motivación nas actividades de formación de persoas usuarias das bibliotecas escolares. 
A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para os centros de infantil e primaria non se recomenda pasar dos dous díxitos, aínda que algunhas categorías, das que pode haber moito material na biblioteca, podería chegar aos tres díxitos. + información AQUÍ
Xa a comezos de curso este cartel completarase con outro material divulgativo sobre esta CDU Ilustrada. 


7/9/18

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019


Xa estamos de volta!. A biblioteca de novo abre as súas portas. O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que moitos de vós non deixastes de ler nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar proxectos,de documentarte,de ler e escribir,de coñecer escritores,de tomar prestados libros,de fomentar valores,de gozar e aprender cos nosos concursos e actividades....
Achégache á nosa bibliotec@, nela atoparás un mundo de información e diversión.


21/6/18

REMATAMOS O CURSO. FELICES VACACIÓNS!!!!!

Nun acto conxunto o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón, Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu, Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca, diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar. 

                                                 FELICES VACACIÓNS!!!






SOL, PRAIA E LECTURAS.

Aquí tedes as suxestións de lecturas para este verán. Isto é únicamente un exemplo do moitísimo que hai para ler ahí polo mundo. E recordade que as idades marcadas son so unha indicación, lede o que vos pete e desfrutade da lectura.



15/6/18

14 DE XUÑO. CELEBRAMOS O DÍA NACIONAL DA LÍNGUA DE SIGNOS

Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.

             

Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
 Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época. 
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas. Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos. 
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.

25/5/18

CONTACONTOS

Na semana das letras Galegas, visitáromnos 2 amigos da editorial Kalandraca Sara e Alex, para acercarnos a maxia dos contos, Contaromnos  " O coelliño Branco ", " Un Máis " " A Horta de Simón " e " Animais de Compañía " amenizado entodo momento polo acordeón de Álex






EXPOSICIÓNS

Ao longo do curso, fixemos varias exposicións na biblioteca, moitas de elas son de novidades e outras están relacionadas con algun festexo como a de " mulleres " , libros do mar ou Letras Galegas, ahí vos vai unha mostra. Esperemos que o disfrutedes



s

24/5/18

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

TALLER DE MARCAPÁXINAS:

 Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:


23/5/18

ÉXITO DA II FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR


Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@s  da materia de economía pola realización dese estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-, a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,  as asociacións deportivas de Ares (clube de remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de area para o sorteo dos premios.
E por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de educación Manuel Trigás,  a José Antonio Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas
 por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.


 
























16/5/18

IV CONCURSO “GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP” PROGRAMA PRENSA-ESCUELA – VIAQUA 2017/2018

O noso centro está a participar na  IV edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”. Nesta edición  os escolares  darán a súa visión das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga pero a modo  de rap.  Así que os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria  rapearon fenomenalmente os seguintes poemas:




  • “O noso barco”   do libro de poemas “Soños na Gaiola” de Manuel María
  • “O arco da vella”  do autor Xerardo Álvarez Limeses
  • Madrigal â cibdá de Santiago da obra Seis poemas Galegos de Federico García Lorca
  • “O río” do libro de poemas “Cando o mar foi polo río” de Manuel María
Aquí vos deixamos a súas estupendas interpretacións

8/5/18

VISITA DE MARÍA CANOSA

O xoves visitounos a escritora María Canosa gañadora do último premio Merlin co seu libro MURIEL.
Despois de que léramos o libro de Muriel e grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos de lecer coa escritora.
Gustounos moito todo o que nos dixo , como nós tamén somos partícipes dos seus libros pois cada un de nós vivimos de xeito diferente as historias