20/2/18

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe estreamos unha nova actividade na nosa biblioteca. Os APADRIÑAMENTOS LECTORES.
O alumnado de primaria apadriñou aos pequerrechos de infantil e léronlles  contos.
A actividade resultou xenial!!! Tanto os grandes coma os pequerrechos, marcharon con ganas de volver.
Sen dúbida, repetiremos a experiencia.


6/2/18

NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

Ábrese o prazo para participar en Olloboi! Desde hoxe e ata o 30 de abril alumnado e profesorado pode inscribir as súas curtas escolares en Olloboi.com. Estreamos páxina web e nela atópase, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar unha peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi, das que avanzamos unha pequena píldora co Olloconsello de Miguel de Lira). Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque), e á mellor de Ensino Superior (Plus18). Ademais, o noso Xurado outorgará premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte. A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi. Inscríbete xa na nosa web! Enviaremos máis información sobre o Encontro en vindeiras comunicacións. Así que... a divertirse, crear e compartir!


1/2/18

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta  xornada que estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos  –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir  a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz  os nenos e nenas de diferentes cursos  en representación de todos, mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación de toda a  comunidade educativa  leu  o  manifesto  pola paz  do  noso cole.

Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.


        

MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL DA PAZ

O  longo dos anos dende que se crearon os Premios Nobel, este foi outorgado 806 veces a homes, 25 a organizacións e só 46 veces a mulleres; destas, 16 foron merecedoras do premio Nobel da Paz. Este feito ven a demostrar que o coñecemento producido polas mulleres non foi considerado da mesma forma e coa mesma importancia que o producido polos homes. Pero aquí, sen desmerecer os coñecementos e saberes emanados dos homes, imos darlle importancia o recoñecemento que se merecen estas 16 mulleres. No documento de abaixo,  podedes ver os seus nomes e a súa aportación para lograr un mundo onde impere a xustiza social.



Relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura no curso pasado


29/1/18

UN DÍA DE NAVEGACIÓN


Hoxe, tivemos unha sorpresa especial dentro da biblioteca, dous traballadores do Nautico Ría de Ares,Natalia e David que son monitora e encargado de mariñería respectivamente, trouxéronnos un OPTIMIST para achegarrnos o mundo da navegación. O Optimist é un pequeno barco de vela para que os nenos e nenas ata os 15 anos poidan aprender a navegar. Natalia explicounos a importancia do vento (que é o combustible ), as distintas partes: botavara, cabos, orza... e algo que é moi importante, que nos concienciemos da importancia de manter limpas as nosas augas. Ao final, ensináromnos un video resumo de como saen ao mar os nenos e nenas que estan aprendendo a navegar. Moitas gracias Natalia polas túas explicacións e a David por facer posible esta actividade .





24/1/18

CERTAME "VINDEVIDEOS" . O PERGAMIÑO VINDEL, POL@S ALUMN@S DE 4º DE PRIMARIA DO CPI AS MIRANDAS

Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax), o noso centro presentouse ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual.   
Os nenos e nenas de 4º de primaria realizaron en tempo expres, xa que a convocatoria foi moi limitada en tempo,un vídeo no que recrean de forma maxistral a chegada do Pergamiño a Galicia. Un estupendo traballo no que souberon amosar estupendamente as súas dotes interpretativas superando o vento e a choiva que nos acompañou o día da grabación en Lubre.
 Parabéns a tod@s, ao alumnado, a súa profe  Lucía e a Luisa a nosa intérprete de lingua de signos polo traballo realizado.
Xa fallado o certame, queremos dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra). Tamén felicitar polo segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.

Aquívos deixamos o vídeo realizado polos nosos alumn@s de 4º de primaria. 
De novo,  parabéns  a todos eles.