E Carabela encantada!!!
Formaciónn de Usuarios
13/12/17
CURSO DE ROBÓTICA
Este curso, seguimos apostando pola formación en centros que levamos facendo dende hai un tempo a través do PFPP, que este ano adicamos a " Introducción á robótica en E.P. "
Ao longo deste curso recibiremos formación en construcción e programación de robots MBOT.
Tino Fernández Cueto, mestre do CIPF Ferrolterra deunos a primeira formación.
Estamos moi ilusionados con este novo proxecto!!!








ESCOLA DE XADREZ
ESTE CURSO QUIXEMOS POÑER EN MARCHA UNHA ESCOLA DE XADREZ PARA TODOS AQUELES NENOS E NENAS QUE NON SABEN XOGAR E QUE QUEREN APRENDER COS SEUS COMPAÑEIROS.
NO MES DE XANEIRO, COMEZARÁ O TORNEO.
MOITA SORTE A TODOS!!!!
27/11/17
ENTREGA DOS PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES
Esta tarde na Biblioteca do Concello, Alma Barrón(concelleira de cultura) e José
Juan Vilar (concelleiro de servizos) fixeron entrega dos premios do I Concurso
de Fotografía Xuvenil.
As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que
ilustran o calendario do Concello para
este próximo ano 2018, e que foi presentado
neste acto.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e
rapazas que presentaron as súas instantáneas ao concurso, fotografías que poderemos
ver todos no calendario deste ano.
20/11/17
O ÚLTIMO BALENEIRO
Hoxe, contamos coa visita de Miguel López Pérez , un veciño de Ares que é " o último baleneiro ".
Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportában, diferencias entre un cachalote e unha balea, o que comen...
A verdade, foi un gran placer escoitalo, os alumnos e alumnas de 1º de E.P. quedaron abraiados.
Grazas Miguel.
10/11/17
RETRANSMITINDO O VINDEL
Alumnos galegos e portugueses realizarán o programa “ radiovisual ” RETRANSMITINDO O VINDEL con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e da presenza en Vigo do pergamiño de Martín Códax.
Ponte...nas ondas! retransmitirá a través do portal Web www.escolasnasondas.com a partir das 11.00 hs. un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordarán diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel.
Magosto 2017
Hoxe celebramos o Magosto no noso cole. As protagonistas foron sen dúbida as castañas.
Fixemos diferentes xogos:
Fixemos diferentes xogos:
- A Raia
- Rastaña
- De vaso en vaso
- Carreira de culleres
- Chapastaña
- Os transportistas
Pasámolo moi ben....
9/11/17
O alumnado de primaria rompe fronteiras cos Ghazafelhos
Hoxe rompemos fronteiras. Hoxe a Lúa baixou á Terra. Hoxe os
nenos e nenas emocionámonos unha vez máis cos Ghazafelhos. Grazas a todos eles
por darnos unha mellor visión do mundo.
Seguiremos en contacto coa Lúa...
8/11/17
ACTIVIDADE POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, e deseñamos unha actividade literaria: Son poeta porque me peta. Consistiu na elaboración colaborativa dun conto en verso onde quedou plasmada a inventiva de cada un. Aquí queda o resultado.
3/11/17
O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON HUGO E UXÍA
Parece que volven as choivas!!!. Todas as novedades do tempo de cara a fin de semana contadas por Hugo e Uxía de 5º de primaria.
2/11/17
I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.
Con motivo da celebración do día
da Ciencia en Galego, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de
Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñen un proxecto para
achegar a ciencia ao mundo da Arte a través das letras, no que o alumnado xoga
un papel protagonista. O proxecto desenvólvese en tres fases.
Na primeira semana, o
departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías
das presentadas aos premios VII premio de
fotografía de la ciencia 2016, Wildlife
2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título
nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen
as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de
Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en
subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera
empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os
superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao
seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha
fotografía comeza a segunda fase.
Na segunda fase, cada estudante de cada
subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso,
seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer
voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións,
sentimentos che producen estas fotografías?.
Cada texto seleccionado irá cunha
xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua
Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles
consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.
Por último, na derradeira fase,
na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte
e Literatura: as emocións entroncadas.
Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o
autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e
autores da selección. Ademais, proponse que na hora de
lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos
xustifiquen a selección dese texto.
Un grupo de expertos (docentes
das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación
de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.
Xurado: Departamento de
Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e
Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e
Equipo de Dinamización Lingüística.
Agradecemos a colaboración da
Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías
exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)
LOVA
Este foi o resultado dun traballo innovador que nos encheu de esperanza ao comprobar que hai moitas formas de ensinar e aprender distintas das tradicionais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







