Formaciónn de Usuarios
12/1/15
23/12/14
BO NADAL. 3º CICLO:COLABORADORES DA BIBLIOTECA
Os nenos do 3º ciclo, colaboradores da biblioteca escolar, queren desexar un Bo Nadal coas tarxetas elaboradas cos seúa traballos de plástica.
9/12/14
PROXECTOS AUDIOVISUAIS DOS RAPACES DE TERCEIRO CICLO.
Este curso contamos con novo alumnado colaborador da biblioteca con moitísimas ganas de traballar.
Decidimos entre todos que ao longo do curso poden facer traballos audiovisuais relacionados con temas e proxectos que se levan a cabo no centro.
Comezamos co Sistema Solar, un dos temas de inicio na materia de coñecemento do medio en segundo e terceiro ciclo de E.P.
Aquí vos deixamos un dos fantásticos traballos:
<iframe width="560" height="315" src="//www.youtube.com/embed/Zv3V1ek46CA" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
<iframe width="560" height="315" src="//www.youtube.com/embed/Zv3V1ek46CA" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
22/11/14
CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos
Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º,
3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha
actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A
actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na
procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas
liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo
e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os
nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º
ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e
Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes
interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non
só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais
abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña
coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo
do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade
do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á
sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos
e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación
para o desenvolvemento.
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.
E como
broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas
feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os
nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns por facelo
tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial a Ana Martínez (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.
Esta
actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O
EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de
maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para
mergullarnos no mundo das historias.17/11/14
MALETA VIAXEIRA DE MATEMÁTICAS
A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas.
A nosa biblioteca escolar bota a andar un proxecto anual ben interesante, as
MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS para primaria.
Percorrerán todas as aulas de primaria e permanecerán en cada unha de dúas a tres semanas.
Aquí vos deixo o material que contén.
15/11/14
NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO
Liberdade vivía nun país no que todos os nenos e nenas ían ao colexio e non
lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e
non tiñan tempo para estar con eles, así que ela pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa
amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na
procura dun mundo mellor.
Queredes saber como remata a
historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o
alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de
Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día
dos Dereitos dos Nen@s.
Esperámosvos!!!
Esta é unha proposta do Equipo de
Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.
7/11/14
MAGOSTO 2014
5/11/14
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo,
profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da
Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e
divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas,
tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do
acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego,
que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades
didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións,
museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos,
convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos,
experiencias de bibliotecas escolares, etc.
1/11/14
SAMAÍN-2014
O xoves 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no noso cole.
Todos os ciclos traballamos moito . Deixámosvos aquí un bo exemplo diso.
15/10/14
TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA
Hoxe os alumnos de 4º decidiron cambiar a súa aula pola biblio. Están traballando a Poesía e aproveitaron o material co que contamos para facer os seus traballos.
11/10/14
MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns
dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o
activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da
Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo
dereito de todos os nen@s á educación".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran
valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias
formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave
explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo,
"contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais"
"sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro
informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás
multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade,
encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a
uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva
anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo
que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias
situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais
perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha
destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.
NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!
Recomendámosvos tamén o libro "Yo soy Malala: excepcional relato dunha
familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas,
dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna
a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por
riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. "Yo soy Malala" fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.3/10/14
APERTURA DÍA 6 DE OUTUBRO
Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca cunha gran exposición de libros e pelis novas.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






