Hoxe os alumnos de 4º decidiron cambiar a súa aula pola biblio. Están traballando a Poesía e aproveitaron o material co que contamos para facer os seus traballos.
Formaciónn de Usuarios
15/10/14
11/10/14
MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns
dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o
activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da
Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo
dereito de todos os nen@s á educación".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran
valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias
formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave
explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo,
"contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais"
"sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro
informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás
multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade,
encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a
uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva
anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo
que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias
situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais
perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha
destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.
NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!
Recomendámosvos tamén o libro "Yo soy Malala: excepcional relato dunha
familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas,
dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna
a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por
riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. "Yo soy Malala" fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.3/10/14
APERTURA DÍA 6 DE OUTUBRO
Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca cunha gran exposición de libros e pelis novas.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
Recordarvos que abriremos 10 minutos máis tarde nos recreos para que poidades merendar con tranquilidade, e que os xogos e revistas estarán a vosa disposición na entrada do cole.
Anímovos a participar nas actividades que desenrrolaremos neste curso.
leede moito.
Benvidos.
17/9/14
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014-2015
Rematadas xa as vacacións de verán, iniciamos outro curso mais con ánimo e ilusións renovadas. Dende a Biblioteca Escolar queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa e dicirvos que contamos con todos vos para transitar por este curso 2014-2015 con moitas ganas de pasar bos e enriquecedores momentos lendo, escoitando historias, investigando e realizando moitas cousas mais. Esperámosvos!!!
13/7/14
O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS
A Henry encantábanlle os libros,
pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry
encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada
na metáfora alimentaria ou gastronómica sobre a lectura.
Dicía Paul Auster que "se os
seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo
xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca
chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan
fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a
fame".
Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO
(EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música,
plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e
realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba
e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos
preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para
que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que
realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa
interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo
cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de
infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!
25/6/14
Para ler neste verán, podemos suxerirte...
Dentro dun mundo cheo de libros e historias, nós escollemos estas para suxerir neste verán, pero non te esquezas... le o que che apeteza e sobre todo recorda que se trata de disfrutar ti e facer disfrutar a outros coa túa lectura.
Tamén estamos abertos a todo tipo de suxerencias. Se hai algún libro que creas que pode gustar a outros, compárteo con nós a través dos comentarios. Feliz verán.
21/6/14
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS
Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Meteoroloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso. Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.
20/6/14
PALABRAS DE DESPEDIDA AOS PROFES
Os alumnos de 6º de E.P. adicáronnos unhas palabras de despedida .
Emocionáronnos moito!. Grazas
FIN DE CURSO 6º 18/06/
2014
Bueno, aunque hoy no es fin de curso, estamos
celebrándolo, así que creemos que os merecéis que os digamos unas palabras de
agradecimiento por todos estos años de parte de sexto.
Antes de
nada a las tutoras, pues son con las que pasamos más tiempo y más experiencias.
Gracias por
hacernos ser quienes somos. Todos en casa tenemos una familia que es la que nos
educa, la que nos enseña a comer, a hablar y a comportarnos con educación y
gracias a ella tenemos el carácter que tenemos, la forma de hablar, el estilo,
etc……..
Pero siempre
habrá una palabra culta, un truco para resolver un problema de mates o un
refrán que al usarlos nos recuerdan a nuestros profesores.
Gracias por
intentar que las horas del día que pasamos en el colegio nos resulten más
divertidas, por hacernos sentir como en casa y poco a poco formar una segunda
familia de la que, en momentos como este, cuesta mucho separarse.
Gracias por
entendernos, ayudarnos y reñirnos para que poco a poco seamos mejores persona y
buenos estudiantes, por preocuparos de nosotros casi como si fuéramos vuestros
hijos y por hacer que un tema de coñecemento se convierta en al más divertido
de los cuentos.
Y no sólo las tutoras.
Gracias a
todos los profesores de diversas materias, por tener tanta paciencia con
nosotros y nuestros errores.
A Elisa por
hacer que el inglés nos deje de sonar a chino y nos empiece a sonar a
portugués.
A Mon por
hacernos superar nuestros miedos y convencernos de que ,si queremos, podemos
saltar el más largo de los obstáculos.
A Lara por
poner un poco de música y alegría entre tantos números y letras.
A Gonzalo,
porque aunque lleva poco tiempo con nosotros, le cogimos cariño desde el primer
momento por hacernos ver la música de una manera sorprendente.
A Pili, por
poner un poco de sentidiño en este zoo de animales salvajes.
A Fifí por
llenar de arte y agujas todas las semanas.
A Marina por
darnos a conocer el mundo en el que vivimos y sus normas.
Y gracias a
todos por aguantar a este sexto tan revoltoso, y por formar parte de esta gran
familia de la que, estemos donde estemos, siempre vamos a tener buenos
recuerdos.
19/6/14
DESPEDIDA DE 6º
Agora que remata o curso, queremos ter un recordo especial para os alumnos de 6º que este ano nos deixan.
Son moitos e moi falangueiros, por iso os profes ,en especial as titoras botarémolos de menos. Queremos darlles as grazas por todas as súas colaboracións : meteoescolas, biblioteca... sempre estiveron dispostos para todo. Grazas rapaces e moita sorte na vosa nova etapa que logo comenza. Empezade con ganas que podedes con todo (sabédelo ben vos).
Unha recomendación : SEGUIDE TRABALLANDO ASÍ , PERO UN POUCO MAIS CALADIÑOS ¿Prometido?
18/6/14
ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"
Hoxe entregamos os premios dos Concursos de Portada de Libros e O preguntón. Felicidades a todos os premiados e participantes.E xa sabedes... esperámovos na próxima edición o vindeiro curso.
7/6/14
SAÍDA 6º " EL EO"
OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO OS ALUMNOS DE 6º DE E.P. FIXEMOS A NOSA VIAJE DE FIN DE PRIMARIA.
VIAXAMOS EN TREN A GRANXA ESCOLA " RÍA DEL EO" EN CASTROPOL (ASTURIAS).PARA MOITOS FOI A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN TREN.
REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES: FIXEMOS PAN,MONTAMOS EN BICICLETA, A CABALO NUNHA EGUA CHAMADA PALOMA,TIRO CON ARCO, VELAS,TIROLINA,COIDAMOS ANIMAIS,ORDEÑAMOS A VACA PARA LOGO FACER QUEIXO CON ESA LEITE,PLANTAMOS LEITUGAS QUE LOGO COMERÁN NENOS DOUTROS COLEXIOS..... TAMÉN TIVEMOS TEMPO LIBRE PARA XOGAR E CHARLAR.BUENO TAMÉN TRABALLAMOS :FIXEMOS AS CAMAS, PUXEMOS A MESA, RECOLLIMOS....
POLA NOITE TIVEMOS VELADA CON XOGOS DIVERTIDOS E LOGO.......SESIÓN DE DISCOTECA.
ÁS 12 MANDÁRONNOS A DURMIR , BUENO CON TANTA LEDICIA DURMIMOS MOI POUCO .....
¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!!!!
OS PROFES QUEDAMOS CONTENTOS CO VOSO COMPORTAMENTO. ¡A SEGUIR ASÍ!. BUENO UN POUCO MENOS FALADORES.
1/6/14
CIENCIA EN RUTA
O VENRES 23 DE MAIO OS NENOS DO 1º CICLO DE E.P. TIVEMOS UN TALLER MOI DIVERTIDO. APRENDIMOS A FACER E LOGO A LANZAR FOGUETES DE AUGA.
Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis.
Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento.
Foi IMPRESIONANTE!!!
Foi un obradoiro xenial. Encantounos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.gif.gif)
.gif.gif)
.gif.gif)
