26/3/25

PRIMAVERA DAS LETRAS 2025

Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral. A obra da escritora pode descargarse nunha edición ilustrada por Nuria Díaz. Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.




UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE AS HOMENAXEADAS NAS LETRAS GALEGAS 2025

O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).  Por este motivo, desde a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, ofrecémosvos como ferramenta de traballo  as unidades didácticas de As cantareiras e  de Dorothé Schubarth, coa finalidade última de axudar na posta en valor destas mulleres  que son referentes na preservación e transmisión da cultura galega. Estas unidades didácticas forman parte da serie "Aprende coas mulleres galegas" que está ao voso dipor neste enlace https://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/aprende-coas-mulleres-galegas

 

Cantareiras Aprende Coas Mulleres Galegas by veracruces

Dorothe Schubarth Aprendecoasmulleresgalegas 34 by veracruces