Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare,da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".
- WEB: NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (recompilación de recursos, webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego)
- CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS-LIBROS INFORMATIVOS (Pinterest cunha recompilación de libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección dunha biblioteca escolar)
- MALETAS VIAXEIRAS DE CIENCIAShttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/maletas/ ("Ciencias-Primaria, Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)
- MANIFESTO de Luís Navarrohttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/A3%20Manifiesto%202018.pdf
- DOCUMENTO"Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Biblioteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario