16/3/15

VISITA DE 5º B E.P. A ILUNION -LAVANDERÍA

No noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”: apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron, por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de  economía social dedicada á “lavandeiria industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as súas capacidades e competencias.
Nada máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director  Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento.  E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo o proceso da industria, dende  o desembarco da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado, planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe de produción da planta.

E durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo máis abaixo.
E xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas estupendas bolsas/mochilas que nos van  vir moi ben para meter as nosas cousiñas. 

A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer. 

Aquí tedes o vídeo-resumo.

                   

1 comentario:

  1. Xenial esa visita rapaces!!!!!. Impresionante todo o proceso que se leva a cabo nesa empresa, na que unha vez máis se demostra que a inclusión é posible, porque en vez de empeñarnos no que non podemos facer, por qué non buscamos, miramos e ensalzamos as capacidades de cada persoa? Por qué non alabamos a marabillosa e necesaria diversidade?.
    Noraboa a tódolos alumnos/as por romper as barreiras de comunicación coas persoas xordas, recordando que "normalizar" non persigue que soñemos da mesma forma senon, RESPETAR as diferentes formas de soñar. Luisa

    ResponderEliminar