28/3/15
25/3/15
III CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ares organiza o III Concurso de Relato Curto. Despois do magnifico obradoiro sobre relato curto que realizou o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, de seguro que non teredes ningún problema en deixar voar o voso maxín e poñervos mans a obra para presentar as vosas creacións ao concurso. Ánimo... e a contar!!!
Aquí vos deixamos as bases.
APRENDEMOS A CONTAR
Homer Simpson, nocilla, nave espacial, piollo, zombi. Como enfías todas esas ideas para artellar un relato?. Con esa suxerencia motivadora, o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, tentou provocar a creatividade literaria no imaxinario do alumnado da ESO.
Ao longo da sesión de obradoiro que impartíu, propuxo diferentes métodos imaxinativos para rachar coa habitual obstrución que nos dificulta a creación literaria. Todo serve como material narrativo, todas as formas de presentalo son útiles para botar a contar.
Perdemos o medo. A contar!!!
18/3/15
3º CICLO. CORUÑA:CONCERTO-DOMUS-CASA CIENCIAS
HOXE OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO FIXEMOS UNHA VIAXE A CORUÑA.
ESTIVEMOS NO PALACIO DA ÓPERA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA :" A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO"
LOGO ESTIVEMOS NA DOMUS ,ONDE APRENDIMOS MOITAS COUSAS CURIOSAS.TAMÉN XANTAMOS ALÍ ,TODOS XUNTOS, .POR PRIMEIRA VEZ PARA OS NENOS DE 5º FIXEMOS UNHA COMIDA ENTRE COMPAÑEIROS.
XA POLA TARDE NOS DESPRAZAMOS A CASA DAS CIENCIAS. ALÍ TAMÉN VIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES.EN DIRECTO VIMOS O NACEMENTO DUN POLIÑO , COMO ROMPÍA O OVO E ÍA SAINDO POUCO A POUCO.TAMÉN SUBIMOS A UNHA SESIÓN DE PLANETARIO,ONDE NOS EXPLICARON MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS O QUE ERA UN ECLIPSE E QUE O PODEMOS VER O VINDEIRO DÍA 20 POLA MAÑÁ.
CHEGAMOS DE VOLTA UN POUCO CANSOS(XA ERAN AS 19H.)
PASÁMOLO MOI BEN.PERO TEMOS QUE PROMETER QUE A PRÓXIMA VEZ SABEREMOS PORTARNOS UN POUCO MELLOR (algúns,claro). DE ACORDO????
>
NÓS LEMOS, E TI...?
Co fin de promover a cultura galega a través da literatura infantil e xuvenil a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), organiza o concurso escolarNós lemos, e ti? destinado a lectoras e lectores que estean estudando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria.
16/3/15
VISITA DE 5º B E.P. A ILUNION -LAVANDERÍA
No
noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con
moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”:
apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron,
por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de economía social dedicada á “lavandeiria
industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con
discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa
o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as
súas capacidades e competencias.
Nada
máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi
didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar
moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son
listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas
dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos
hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de
traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento. E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos
regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo
o proceso da industria, dende o desembarco
da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que
lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado,
planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos
seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe
de produción da planta.
E
durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co
cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos
coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de
signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo
máis abaixo.
E
xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces
volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas
estupendas bolsas/mochilas que nos van vir
moi ben para meter as nosas cousiñas.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
Premio Fernández del Riego para as Bibliotecas Escolares de Galicia
As Bibliotecas Escolares de Galicia obteñen o premio Fernández del Riego, na edición deste ano.
Así o presentan na súa páxina.
"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura.
E así aparece no portal educativo.
Así, recolle a nova, Manuel Bragado, director de Xerais, na súa páxina Brétemas.
Recibir este premio, co nome de Ferna´ndez del Riego, o gran bibliógrafo, bibliotecario da Fundación Penzol, é unha gran honra para as bibliotecas escolares, unha delas -a do CIFP Manuel Antonio- leva o seu nome.
Parabéns para todas!
6/3/15
8 de MARZO: DÍA DOS DEREITOS DA MULLER
A día de hoxe, aínda queda moito
por facer para que os dereitos das mulleres e as nenas non sexan vulnerados.
Aínda non fomos capaces de suprimir as disparidades entre sexos no ensino
primario e secundario e lograr a igualdade de xénero na educación. Os obstáculos
máis relevantes son a pobreza, as prácticas sociais discriminatorias, a
distancia dos centros escolares para as persoas que viven en zonas rurais, os
matrimonios precoces, a falta de instalacións sanitarias axeitadas que fai que
as mulleres e as nenas sexan máis vulnerables á violencia, ou vivir en ámbitos
escolares perigosos por conflitos armados.
O Estado ten un papel fundamental en promover
políticas e estratexias adecuadas para lograr unha educación de calidade para
nenas e mulleres, como por exemplo:
•Asegurar un investimento
axeitado que teña impacto en todos os obstáculos que impiden a educación das
mulleres e nenas.
•Acurtar as brechas producidas
pola pobreza e a exclusión e facer que a educación sexa de igual calidade para
todos e todas.
•Revisar a estrutura e o
funcionamento xeral do sistema educativo, erradicando calquera forma de
discriminación e incluíndo eixes transversais para a equidade de xénero.
•Unha boa escola vai asociada a
un bo proxecto de comunidade. Coherencia entre os códigos éticos da escola e os
códigos éticos que desenvolve a convivencia cotiá.
•Garantir unha boa formación dos
docentes en perspectiva de xénero, cidadanía e democracia.
•Asegurar características
inclusivas na escola como: infraestruturas axeitadas, contidos e materiais
educativos comprometidos coa igualdade de xénero e que sexan espazos de
reeducación das relacións entre home e mulleres eliminando os roles
tradicionais.

Por iso todos debemos de seguir traballando na liña da sensibilización. Porque, cantos máis sexamos empurrando nesta
dirección, máis forte será a nosa voz e máis pronto lograremos alcanzar a meta
dunha cidadanía igualitaria, con plenos dereitos e garantista dunha igualdade
real e diaria entre homes e mulleres.
4/3/15
XA ESTÁ AQUÍ A "II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS"
O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca
Escolar (Carabela) do noso centro, organizan a II Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a
lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado.
Aquí tedes as
bases. Veña animádevos a crear!!!!!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)