Hoxe tivemos
o pracer de contar no noso colexio coa presenza do ilustrador gráfico
aresán Antonio Seijas. Toni que ven
de gañar o premio Isaac Díaz
Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012 pola adaptación da novela Cartas de Inverno de Agustín
Fernández Paz fixo un percorrido
pola súa obra e falou aos rapaces e rapazas da ESO sobre como “dou a luz” á novela de Agustín Fernández
Paz, sobre como puxo rostro aos personaxes, sobre a técnica utilizada na súa creación,
a montaxe das viñetas, a relación entre a imaxe e o texto …, nunha incrible exposición
didáctica.
Pero de todo o que dixo quedámonos co consello que
Antonio lles dou aos rapaces e rapazas e que reflicte toda a paixón e emoción
que pon na súa arte dixital: “ Se alguén
de vós quere facer algo relativo a isto que o faga poñéndolle toda a súa alma;
a técnica no importa tanto como a idea que queres plasmar. Unha imaxe bonita ten
que dicir algo máis que o que é, ten que transmitir emocións, así que, ao que fagades,
tedes que poñerlle alma e facelo co corazón xa que ese é o xeito de que chegue
ás persoas”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da
imaxe e facernos soñar máis aló do noso
maxín.
Grazas
Antonio pola visita ao noso centro que é o teu, polas túas palabras e
consellos, por engaiolarnos coa túa creación e por ser un orgullo para todos os
aresáns.
Marisa, a profe de EPV, presentando a Antonio Seijas
Dous momentos da exposición de Antonio Seijas
Antonio con Vilariño, quen veu a exposición de Seijas e a que lle firmara un dos seus libros. Por certo, Vilariño foi profesor de debuxo de Antonio cando iste estudaba no cole de Ares.
Firmando os libros
Antonio Seijas fálanos sobre Banda deseñada
No hay comentarios:
Publicar un comentario