No Día Internacional do Libro as nenas e nenos de 2º de primaria contannos que é un libro para elas e eles.
Formaciónn de Usuarios
27/4/22
20/4/22
LETRAS GALEGAS. PROPOSTAS DE TRABALLO
Como sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Adxuntamos unha guía de propostas de actividades para os distintos niveis elaborada pola editorial Ir Indo: "As letras de Florencio".
Temos esta guía en papel e a deixaremos á vosa disposición na sala de profesores.
RECURSOS PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN CO ALUMNADO DE UCRAÍNA
Dada a situación bélica de Ucraína e ante a chegada de nenas e nenos refuxiados a algunhas das nosas aulas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) facilítanos os seguintes materiais:
- Dicionario galego-ucraíno, guía de conversa básica galego-castelán-ucraíno e outras publicacións: https://www.edu.xunta.gal/portal/ucraina
- Dicionario galego-ruso: https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/proxectalo/contido_0002.html
19/4/22
V CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS. DÍA DO LIBRO 2022
Animádevos a participar e…
deixade voar a imaxinación!!!
AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES
5/4/22
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA
26/2/22
DÍA DE ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS
Este ano o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro “ECOESCOLARES” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así na variedade de disfraces que desfilaron non faltaron os osos polares reivindicando o coidado do medioambiente e a reciclaxe para loitar contra o cambio climático; as pingas de auga e as nubes que, bailando cal danza india, parecera que pedían que a choiva nos acompañe para encher os embalses, que falta nos fai; tamén os apicultores e as abellas fixeron acto de presenza para incidir na importancia que teñen para a vida; as e os Ecoescolares de infantil, co mundo as súas costas, dicíannos que queren un planeta mellor para o seu futuro e os mergulladores do ECOBARCO recórdannos que temos que coidar o mar e preservar todos os ecosistemas mariños do planeta tan necesarios para a vida.
Un día festivo no que non
faltaron as cancións reivindicativas creadas polos nenos e nenas, a ledicia e o bo humor.
14/2/22
SEMANA CONMEMORATIVA. DÍA DE ROSALÍA 2022
A contorna de Ares prepárase ao longo desta e a seguinte semana para render homenaxe á figura de Rosalía de Castro, poeta central e universal dentro da identidade galega.
Ata o de agora, a efeméride celebrábase o 24 de febreiro, día no que constaba o bautismo da autora de Follas Novas mais a aparición de nova documentación permitiu certificar a data real de nacemento de Rosalía xusto no día anterior.
O correo electrónico mailto:cultura@concellodeares.com estará habilitado para recibir as instantáneas, que despois poderán publicarse nas redes sociais do concello e na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística, achegando unha visión conxunta de Rosalía entre toda a veciñanza dos entes municipais participantes.
A Concellaría de Cultura de Ares tamén organizará dúas actividades que se suman a esta campaña dixital xusto nas datas de maior relevancia para a celebración do Día de Rosalía.
O 23 de febreiro ás 17.00 horas os máis pequenos e pequenas (5 a 10 anos) terán un obradoiro de manualidades, confeccionando máscaras tematizadas co rostro da poeta na biblioteca municipal da localidade.
De igual xeito, a Alianza Aresana será o espazo que acollerá o espectáculo do ilusionista Martin Camiña, “Lingua do País”, o xoves, 24, ás 18.00 horas. Trátase dun evento que forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña e que está marcado pola presenza do humor, a maxia e as reflexións sobre a lingua propia.
Desde o noso centro, o CPI As Mirandas, homenaxearemos á nosa poetisa coa actividade Musicando a Rosalía realizada en colaboración co departamento de música, e realizaremos co alumnado un vídeo co recitado dos seus poemas.
11/2/22
11 Febreiro. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
2/2/22
DÍA ESCOLAR DA PAZ NO CPI AS MIRANDAS
O 30 de xaneiro
celebráse o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de
conmemorar o aniversario da morte de Gandhi trataremos de imaxinar un mundo sen
violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que
todos poidamos vivir en harmonía e igualdade.
Hoxe, máis que
nunca, pedimos un mundo en PAZ!
Video gravado por todo o cole para festexar este día.
Aprendemos a canción "SIENTE LA PAZ" e
signámola en LSE.
Dentro do proxecto Erasmus fixemos entre todo o cole un mural pola paz cunhas ás de plumas feitas por todo o alumnado do cole.
E realizamos uns atrapasoños da paz que quedaron así de bonitos!
E as nenas e nenos de infantil realizaron, pombas e mans da man e fixeron este magnífico mural que podedes ver non seguinte vídeo.
29/12/21
19/12/21
NADAL: TEMPO DE LER, TEMPO DE LECER.
Aquí vos deixamos as suxestións de lecturas para este Nadal, por se aínda vos quedou algo por pedirlle a Papá Noel, ao Apalpador ou aos Reis Magos. Ou por se pasades por unha librería. Ou por se ides pola biblioteca...
Recordade: podedes conseguir estes libros en formato papel ou electrónico (como prefirades ou vos sexa máis sinxelo e cómodo), a idade é so unha referencia aproximada e se estes libros non te apetecen hai moitísimos máis que se poden elexir.
Desfrutade deste Nadal! Vémonos na biblioteca no 2022!
26/11/21
O CPI AS MIRANDAS E O CPIP VIRXE DA CELA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do Día Internacional
contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As
Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un
vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos
pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación
da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e
as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido
social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores
para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a
convivencia que todas e todos queremos.



.jpeg)