Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.
Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020
BASES DO CONCURSO
Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.
Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020
BASES DO CONCURSO
O lema e o cartel elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/202 é “A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA”, lema que quere poñer o foco na palabra e a oralidade.
Os textos
escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de
ficción ou de información axudan ao alumnado a medrar donos da linguaxe, a
ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e
coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de
encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a
reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs
de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a
palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
Despois dun ano cheo de normas e tensión, o corpo pedía baile... e houbo baile para a rapazada pequena e mediana. Bailamos, bailamos e bailamos. Que ben o pasaron!
FELIZ VERÁN!
Dende a biblioteca do C.P.I As Mirandas de Ares chegan as lecturas suxeridas para este verán en que todos volveremos mostrar a nosa mellor cara. Por suposto, hai moito máis que ler. Por suposto, le o que queiras, o que che apeteza, o que che dea a gana. Pero se buscas unha suxerencia aquí tes algunhas.
E por suposto (outra vez) todos estes volumes podedes mercalos na rede e moitos deles teñen versión para lector electrónico.
O pasado mes de marzo prestáronnos dende Bibliotecas escolares dúas Maletas Viaxeiras, unha de ciencias para primaria e a outra de banda deseñada para ESO.
Coa de ESO fixemos unha exposición no corredor cun cartel que invitaba a ollar e ler o material tamén puxemos unha folla con suxerencias para mercar.
En primaria fixemos a parte da exposición, un recuncho de lectura nos corredores cunhas colchonetas que invitaban a lectura relaxada.
Foi todo un éxito!!!😀😀
Xa temos os gañadores do Concurso de portada de Libros!!!
ESO:
1º- Cristiam Campos
2º- Mateo Martínez
3º- Iria Filgueira
5º e 6º de E.P.:
1º -Yaiza Silvent e Claudia Mosquera
2º- Bega Fernández
3º- Luís Miguel Rañales
3º e 4º de E.P.:
1º- Roque Rodríguez
2º Gelena Aquino
3º- Jorge Pena
1º e 2º de E.P.
1º- Martina Mayobre
2º- Sabela Miguel.
3º- Mara Cartelle
Educación Infantil:
Premio a toda a aula de 6º A
O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, O Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo do proxecto ERASMUS+ e a Concellaría de Cultura do noso concello para facer e programar unha morea de actividades. Aquí vai unha mostra delas.
IV EDICIÓN do CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
CONCURSO DE MICRORRELATOS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE ARES
POEMAS CON AROMA A ROSA ( Realizados polo alumnado de 6º EP)
ERASMUS -DÍA DO LIBRO
Nas seis escolas que estamos no ERASMUS preparamos algunhas actividades en común. Fixemos un libro-vídeo (en dúas versións inglés e galego) sobre a vida de Cervantes e Shakespeare ademais doutro sobre a orixe desta celebración e os diferentes eventos que teñen lugar en outros países.
A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo. As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder a este espazo a través desta ligazón:
https://primaveradasletras.gal/
ProxectoDidactico XelaArias PRIMARIA Interactivo by yolick20003194 on Scribd