30/11/16

EDUARDO MENDOZA GAÑA O PREMIO CERVANTES 2016

Eduardo Mendoza é o gañador do Premio Cervantes 2016, o máximo galardón das letras españolas. O Nobel das letras en castelán seguiu, un ano máis, a tradición non escrita de alternar entre un escritor español e un latinoamericano. En 2015 recaeu no escritor mexicano Fernando do Paso. O Cervantes, creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, recoñece a traxectoria dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.

Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación de A verdade sobre o caso Savolta, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado outorgoulle o premio "porque, coa publicación en 1975 de A verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista". Eduardo Mendoza, "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía, algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa extraordinaria proxección internacional".

28/11/16

Materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Están xa dispoñibles en RedeBE para todo o profesorado interesado os materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas en Compostela os pasados 18 e 19 de novembro.


RedeBE: VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia (éntrase como convidado sen contrasinal)

29/10/16

É TEMPO DE SAMAÍN

Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: 
 O Samaín!!! 
 E outro ano máis deixastes voar de novo o voso maxín á hora de decorar as cabazas e adornar portas e corredores.



E mentras tanto, lembrade que na biblioteca tedes a vosa disposición  libros relacionados co medo e o terror, para que, aínda que pasedes algo de medo, leades moito!!!



E para mostra aquí tedes uns videos feitos polas profes Chicha e Carmen
onde podedes ver todos os traballos realizados


        


          

26/10/16

5/10/16

TRADUTOR GAIO

O Gaio é un tradutor automáticoda Xunta de Galicia que te pode sacar dun apuro se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe


20/9/16

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .

19/9/16

MOVILÍZATE POLA SELVA

         O grupo da clase de Valores Sociais e Cívicos de 3ºA quere presentarvos a campaña "MOVÍLIZATE POLA SELVA", que promoveu por todas as aulas de primaria a finais do curso pasado.
         O obxectivo desta campaña é reunir móbiles vellos para envialos a una empresa que os recicla e envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente neste caso, no Congo, onde existen graves conflictos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia de moitas especies, etc.

MOVILÍZATE POLA SELVA from Bárbara on Vimeo.

Reuníronse 84 móviles e gracias a iso, como agradecemento do IJG, conseguimos unha subscrición anual ao instituto e o APRADINAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS.






         Tamén podedes consultar a páxina oficial do IJG.
         Todos os informes que nos vaian enviando sobre Chimpounga e sobre os "nosos chimpancés" estarán á vosa disposición na biblioteca do centro.
       


12/9/16

COMEZA O CURSO 2016/2017

O equipo da Biblioteca Escolar do
 CPI AS MIRANDAS 
deséxavos  a todos un bo curso 
cheo de lecturas.


imagixa un lugar...
... onde o teu barco atesoura
todos os teus coñecementos
e o horizonte ofréceche
todo o que poidas necesitar.


 "Imagixa un lugar" (Editorial Juventud)
Texto: Sarah L. Thomson
Ilustracións: Rob Gonsalves




                  Desde a Biblioteca Carabela,  feliz volta ao cole!!!!


22/6/16

LECTURAS NO MAR E NA MONTAÑA

"Nunca é cedo para compartir un libro cos nenos. Se agardamos a que saiban ler para facelo é coma se esperásemos a que souberan falar para falarlles" Penélope Leach.
Aquí tedes algúns libros que vos poden resultar interesantes para este verán, aínda que están agrupados por idades trátase dun criterio flexible, se che apetece ler un libro para máis pequenos, faino, e se es quen de ler un para nenos maiores... por que non proporlle aos teus pais que o lean contigo?
Disfruta lendo e disfruta do verán.

15/6/16

ABRAIO, UNHA CURTA FEITA NO NOSO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura, tradicións, valores…

Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade atentos que COMEZAMOS!




Para celebrar o Día Nacional das Línguas de Signos Españolas, varios centros de toda Galicia fixemos unha videoconferencia para que o alumnado xordo integrado neles, se puidera coñecer. os centros que participaron foron:

  • Escola Infantil Abelliñas ( Oleiros, A Coruña).
  • CEIP As Mercedes ( Lugo ).
  • CEIP Mariñamansa (Ourense ).
  • CEIP Escultor Acuña ( Vigo ).
  • Universidade Laboral ( Ourense ).
  • CPI As Mirandas.
Os nenos e nenas xordos e oíntesw, quedaron encantados deste primeiro encontro virtual e desexan que non sexa o último para seguir compartindo experiencias en língua de signos.