Formaciónn de Usuarios
27/2/16
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar.
Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico).
Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

24/2/16
DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NOSA POETISA
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do seu nacemento , unha das maiores referentes da nosa literatura. E para homenaxeala realizamos unha morea de actividades:
O alumnado e profesorado de secundaria realizou un envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os seus terminais móbiles baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte: “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, e o enviaron a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.O alumnado de primaria elaborou e enviou unha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e coa estrofa de “Alborada” de Cantares gallegos: “ Canta, paxariño alegre...”. Tamén fixemos unha serie de vídeos con poemas da nosa poetisa e na clase de música da profe Lara cantaron os seus versos. Aquí vos deixamos os vídeos deste excelentes traballos. Esperamos que vos gusten e.... VIVA O DÍA DE ROSALÍA!!!!
23/2/16
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA, AUGA E LITERATURA"
Convócase o II Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e
Literatura", patrocinado por Viaqua.
Podedes participar cos vosos alumnos enviando os traballos
ata o próximo 10 de maio ao seguinte enderezo:
II Concurso de Fotografía
“Galicia, Auga e Literatura”
La Voz de Galicia
Departamento de Marketing
Polígono Industrial de Sabón
Avenida da Prensa, 84 – 85 15143
Arteixo (A Coruña)
O que se busca con este concurso é achegar a literatura
galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez
que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.
E como se consegue isto?. Os alumnos deberán elixir un poema
ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha
fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a
importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a
súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de
cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon,
respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha
estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense).
Se tes calquera dúbida, xa podes consultar as bases do
concuso que tes acontinuación:
8/2/16
ENTROIDO NO CPI CONDE DE FENOSA
Todo elo acompañados da fabulosa Charanga
“A Parranda” formada por alumnos e alumnas da ESO, que nos amenizaron o
percorrido con unhas magníficas pezas galegas.
O remate do desfile degustamos
produtos de entroido:orellas, freixos, rosquillas, buñuelos.... Unha xornada estupenda. En
hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta data.
4/2/16
APRENDENDO COUSAS DA ANTÁRTIDA: VIDEOCONFERENCIA CO CPI CONDE DE FENOSA DESDE A ANTÁRTIDA
Hoxe 3 de febreiro desde o CPI Conde de Fenosa de Ares tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype e realizar unha videoconferencia coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Javier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Gijón. En riguroso directo Cristobo e outros componentes da misión (científicos e membros do exército de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a termo na Base Española.
Desde o noso centro
agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzó por
colaborar cos centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus
traballos de investigación e todo o que están a facer tanto militares como
investigadores.
A actividade non
remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós e recibirémolo no noso
colexio á volta da súa campaña.
Aquí no primeiro vídeo podedes ver un extracto da videoconferencia e no segundo a videoconferencia completa.
E aquí tedes algúns dos nosos diplomas de apadriñamento


NOTAS DE PRENSA
1/2/16
MANDADOS DO ENTROIDO
Un ano máis chega o entroido, e con el o noso traballo para sair polas rúas e agasallar a todos coa nosa ledicia carnavaleira.
Empezamos como sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER
Empezamos como sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER
29/1/16
CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
O 30 de xaneiro celébrase en
todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia, unha data na que debemos recordar que a paz non é só cousa dun día,
senón de todos, e temos que axudar a construíla cos nosos
pequenos actos de cada día: na convivencia, no respecto a todas e todos, na
tolerancia a diversidade, na tarefa de
compartir vivencias xuntos... ...para que o 30 de Xaneiro, non se converta
nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos,
flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E iso quixemos transmitir todo o
alumnado e profesorado do noso centro nun acto conxunto no que os nenos e
nenas,rapaces e rapazas de infantil,
primaria e secundaria manifestaron os
desexos de paz que todos queremos, desexos que quedan reflectidos na xenial ilustración que a nosa alumna Ana Martínez realizou para este día, e que encabeza esta entrada do blog.
Aquí podedes ver o vídeo do acto, no que os rapaces fixeron uns manifestos pola paz e que culminou coa canción SOMOS EL MUNDO.
25/1/16
TRABAJOS DE 6ºA Y 6º B PARA EL CONCURSO ESCOLAR ONCE
Aqui os dejo los trabajos que los alumnos y alumnas de 6ºA y 6ºB han realizado para el concurso escolar de la ONCE.
¡DESCUBRIMOS QUE TODOS TENEMOS TALENTO!
Enhorabuena a todos por los trabajos. LO importante siempre es participar. ¡¡¡¡ Suerte a todos!!!!
18/1/16
LIBRO DO MAL AMOR
Esta semana chegaron ao noso centro 3 exemplares do "Libro do Mal Amor" editado pola xunta de galicia e elaborado polo alumnado do IES Lareixo de Lalín xunto a un grupo de escritores e escritoras, ilustradores e ilustradoras que cos seus haikus e ilustracións contribúen dun xeito persoal a esta publicación.
Trata básicamente dos dereitos das mulleres a vivir sen violencia, da loita a prol da xustiza social e da igualdade entre mulleres e homes, a unha loita, en definitiva, contra o Mal Amor.
13/1/16
6/1/16
NOVO ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA DO NOSO COLE
Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado
a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a
nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e compartir con nós esta
xornada. Grazas tamén a todos os país e nais que apoiaron aos nosos corredores
solidarios en todas as categorías (infantil, primaria e secundaria) e grazas
tamén pola vosa aportación que irá a parar a través de Save the Children aos
programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para
combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Agradecemento tamén para os nosos patrocinadores Floristería
Real, e Frutería Mary polas súas achegas, e por suposto á policía local e
protección civil do noso concello.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e
solidariedade.
VÍDEO COREOGRAFÍAS SECUNDARIA
23/12/15
BO NADAL
COS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA ,FEITOS CON MOITO CARIÑO, QUEREMOS DESEXAR QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS.
ALUMNOS DE 5º e 6º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















