18/2/13

ENTROIDO 2013

Aquí vos deixo as fotos do entroido que celebramos o venres día 8. Este ano estivo adicado os "debuxos animados",estiveron entre nos Zipi e Zape, Bob Esponja, Fhinias i Ferb,a familia picapiedra...... Esperamos que vos guste a todos.

4/2/13

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

A semana pasada con motivo do día da paz fixeronse no centro varias actividades, enre elas destacamos a lectura dun conto por parte de todos os alumnos de 6º de E.P." A pomba dona Paz"
dona paz - foto montaje
">

15/1/13

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase en tódolos centros o Día Escolar da Paz e non Violencia. Dende a biblioteca propoñemos unha actividade para facer nas aulas ou nas vosas casas.As respostas colgarémolas no blogue a partir do 30 de xaneiro. ESPERAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.

8/12/12

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS

A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar  cancións, debuxos,  contos, propostas para agasallar en galego e unha morea de recursos máis.
Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.  
 Se picades no debuxo que tedes abaixo podedes entrar na páxina.


23/11/12

VENRES DE LOITO POLO ENSINO PÚBLICO

Tódolos venres o profesorado que queira virá vestido de negro, de esta forma manifestamos o noso malestar coa actual situación do ensino público.

22/11/12

A QUE SABE A LÚA?

Como si de uns grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara, Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais intentan chegar a lúa e  arrincar un chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
Aquí vos deixamos o conto, unhas fotos e o vídeo da representación.



A QUE SABE A LÚA?
 

                             

13/11/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Estas, son as MOCHILAS VIAXEIRAS que poñeremos en marcha entre os alumnos de primaria durante todo o curso. Dentro de cada MOCHILA van 5 libros de temátiva variada e unha nota informativa:

MES DA POESÍA

Durante o mes de novembro temos no centro unha MALETA DE POESÍA, é un préstamo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que conforman o PLAN B. Por este motivo estamos a facer xornadas de lectura de poesía dentro da biblioteca, entre o alumnado de primaria.

27/10/12

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAÍN, O OUTONO E O MAGOSTO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos  novos recursos.
Se premedes na seguinte imaxe atoparedes actividades, materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.