Formaciónn de Usuarios
15/1/13
30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
O 30 de xaneiro celébrase en tódolos centros o Día Escolar da Paz e non Violencia. Dende a biblioteca propoñemos unha actividade para facer nas aulas ou nas vosas casas.As respostas colgarémolas no blogue a partir do 30 de xaneiro.
ESPERAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.
17/12/12
8/12/12
RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS
A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á
disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste
monográfico especial podedes atopar
cancións, debuxos, contos, propostas
para agasallar en galego e unha morea de recursos máis.
Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos
Reis Magos e ao Apalpador.
Se picades no
debuxo que tedes abaixo podedes entrar na páxina.
23/11/12
VENRES DE LOITO POLO ENSINO PÚBLICO
Tódolos venres o profesorado que queira virá vestido de negro, de esta forma manifestamos o noso malestar coa actual situación do ensino público.
22/11/12
A QUE SABE A LÚA?
Como si de uns
grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara,
Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha
adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais
intentan chegar a lúa e arrincar un
chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o
ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles
a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os
pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por
unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
13/11/12
MOCHILAS VIAXEIRAS
Estas, son as MOCHILAS VIAXEIRAS que poñeremos en marcha entre os alumnos de primaria durante todo o curso. Dentro de cada MOCHILA van 5 libros de temátiva variada e unha nota informativa:
MES DA POESÍA
Durante o mes de novembro temos no centro unha MALETA DE POESÍA, é un préstamo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que conforman o PLAN B.
Por este motivo estamos a facer xornadas de lectura de poesía dentro da biblioteca, entre o alumnado de primaria.
27/10/12
RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAÍN, O OUTONO E O MAGOSTO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á
disposición dos centros educativos
novos recursos.
Se premedes na seguinte imaxe atoparedes actividades, materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.
23/10/12
13/10/12
7/10/12
Ler é doado
Un curioso exemplo que ilustra como ler non é tan difícil, senón un acto case inconsciente onde o cerebro actúa automaticamente de forma vertixinosa:
A orde non importa
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCIO COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN ASI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CDAA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PLAARBA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE, ME PREACE ICRNEILBE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.gif)




