29/10/25

“SAMAÍN: OU COMO GALICIA VENCEU AO HALLOWEEN AMERICANO COA SÚA PROPIA TRADICIÓN”

 O alumnado de 3º da ESO do CPI As Mirandas volve sorprender coa calidade e o fondo dos seus contidos na nosa canle "tesmoitalingua". Nesta ocasión, Manu e Valentina mergúllannos no significado do Samaín na cultura popular galega, unha viaxe fascinante ás nosas raíces celtas para recuperar a maxia das ánimas, os 'calacús' e a Santa Compaña, unha auténtica reivindicación da nosa identidade e un acto de memoria.

 Ademais, Manu e Valentina comparten consellos para celebrar un Samaín auténtico, respectando as tradicións e a identidade cultural galega. Esquece o 'Truco ou Trato' e descubre como vivir un Samaín de verdade!"

Convidamos a todos e todas a escoitar este interesante podcast.

#Samaín #CulturaGalega #Tesmoitalingua #ColexioAsMirandas #TradiciónVsHalloween

 


24/10/25

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025. O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.



 

30/9/25

XA ESTÁ AQUÍ A IX EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Xa temos aquí a IX Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2026 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.

A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!







23/9/25

XA TEMOS RADIO ESCOLAR NO CPI AS MIRANDAS!

 Hoxe Victoria (coordinadora de Polos Creativos), Manu Ramil (o noso xenial axudante de son) e Yoli (coordinadora do EDLG) estiveron montando toda a infraestrutura da radio escolar. A verdade é que aínda nos faltan algúns pequenos detalles por ultimar, pero o noso proxecto de radio xa está en marcha e dispoñible para todo o profesorado e alumnado.

A rapazada de terceiro foi a primeira en atreverse a facer os primeiros programas, de maneira improvisada, e a experiencia resultou moi satisfactoria: gozaron moito!

Agardamos que esta nova ferramenta sexa un recurso útil para todas as materias e para todo o alumnado do cole. Desde aquí animámosvos a empregala e a darlle vida a esta nova aventura radiofónica.









25/6/25

CARREIRA SOLIDADIA

 A semana pasada, celebramos no parque Rosalía  a tradicional Carreira Solidaria.

Aquí vos deixamos unha mostra da xornada.





23/6/25

ENTREGA DE PREMIOS CPI AS MIRANDAS

Como cada ano a finais de curso facemos entrega de premios asociados as diferentes actividades que fomos facendo ao longo do curso: Día dos Namorados, torneos de Xadrez e brilé e concurso de Portadas De Libros.

Foi unha xornada moi emotiva!



27/5/25

VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

 O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a  Biblioteca Escolar Carabela organizan a VIII Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como  potenciar as capacidades creativas do alumnado.   

En breve publicaremos os gañadores.









6/5/25

Día do libro

 Un ano máis polo día do libro, fixemos o III Desfile de Personaxes
de Contos, como sempre foi un éxito



APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Un ano máis no mes de abril celebramos un apadriñamento lector na nosa biblioteca.

O alumnado de 5º de E.P. apadriñou ao alumnado das clases de 4 anos.

Unha experiencia marabillosa como cada ano.






19/4/25

CELEBRAMOS O ANO CASTELAO 2025: 75 ANOS DO SEU PASAMENTO

Este 2025 é o Ano Castelao, unha data moi especial que conmemora o 75º aniversario do pasamento do noso ilustre escritor, político e artista, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Sen dúbida, Castelao é unha das figuras máis importantes da Galicia contemporánea, un referente que, xunto con Rosalía de Castro, marcou a historia e a cultura da nosa terra.

Rosalía de Castro, no século XIX, e Castelao, no século XX, representan os dous grandes piares da galeguidade. Ambos foron pioneiros na defensa da nosa lingua, cultura e identidade, e o seu legado segue vivo na nosa sociedade.

Este aniversario busca unir a toda a sociedade galega en torno ao seu legado cultural, político e artístico, así como promover o uso da lingua galega e valorar a súa importancia na nosa historia. É unha oportunidade para aprender, recordar e valorar a figura de Castelao, que tanto fixo por Galicia.

No noso centro, conmemoramos esta data con ilusión e respecto, organizando unha exposición sobre a vida e obra do egrexio rianxeiro. Poderemos ver libros, cadernos e debuxos que nos axudarán a coñecer mellor a súa figura e a súa aportación á cultura galega. Ademais, realizaremos actividades nas aulas que nos permitirán estudar, reflexionar e celebrar a súa memoria, facendo que o seu legado siga vivo entre nós.




Achegamos distintos recursos sobre a celebración do ano Castelao por se é do voso interese e querédelo aplicar nas aulas.

1.Recursos Ano Castelao 2025. Formato PDF

2.Recursos Ano Castelao 2025. Formato Calameo 

3. Díptico Ano Castelao 2025

4. Cartel ano Castelao 2025