17/12/24

AQUÍ CHEGAN! XA ESTÁN AQUÍ!

Un ano máis chegan as únicaS, as máis esperadas... as suxestións lectoras da Biblioteca Carabela de Ares! Aínda estás a tempo de pedir un libro (ou dous) ao Papá Noel, aos Reis Magos, ao Apalpador, aos pais, aos tíos, aos padriños, ás madriñas, ás avoas... PIDE LIBROS!

11/11/24

Magosto 2024

 Hoxe San Martiño foi o día elexido para celebrar entre todos o Magosto. Este curso acercámonos ao parque para desfrutar de xogos e castañas, ahí vai unha mostra.

















CONCURSO DECORACIÓN DE PORTAS NO SAMAÍN

 Este ano organizamos un concurso de portas polo samaín.

A máis tradicional, a máis orixinal e a máis terrorífica.

Os gañadores en E.I. e E.P. foron:

 As aulas de 4 anos, a máis tradicional


3º A  a máis orixinal












6º B a máis terrorífica






Gracias a todos por participar.

LECTURAS DE MEDO NO SAMAÍN

 Este curso para celebrar o Samaín organizamos unhas lecturas de medo nos recreos. 

Os colaboradores de biblioteca escolleron os libros que máis medo lles daba e leron aos máis pequenos.

Tamén fixemos unha exposición TERRORÍFICA.







6/10/24

XA ESTÁ AQUÍ A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

 Xa temos aquí a VIII Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as  fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2025 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.

A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes  o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!



BASES



23/6/24

ENTREGA DE PREMIOS FIN CURSO. CPI AS MIRANDAS

 

¡LOS UNIVERSOS PARALELOS!

    Este curso, o grupo de 4°B de primaria de proxecto competencial adicou esta materia á edición de vídeos. Aprenderon a manexar "Canva" e elaboraron o guión dunha historia moi entretida. A partir de aí, escribir, disfrazarse, sacar fotos, editalas, grabar audios e, finalmente, montar todo en "Filmora". Pero o que máis aprenderon foi a traballar en equipo, e vaia equipo! Hai algún falliño que cun pouco  máis de tempo amañariase sen problema, pero hai que ter en conta que, menos axustar os audios, fixérono todo eles, e estamos moi orgullosos do resultado. Esperamos que vos guste!

19/6/24

XA ESTÁN AQUÍ AS SUXESTIÓNS DE LECTURA DO VERÁN 2024

Estas son as propostas para este verán. Recordade que podedes elexir o que vos pete aínda que sexa recomendado para máis pequenos ou aínda que sexa para máis grandes... Elixe e desfruta. Pasade un bo verán!
E se queres saber de que vai cada libro, podes velo neste video.

23/5/24

CONTACONTOS EN INGLÉS

A semana pasada os alumnos de 5º e 6º xunto coa profe de inglés representaron para o alumnado de E.I. e primeiro ciclo de E.P. o libro The ant´s party da editorial MacMillan.
Entusiasmounos a todos, aquí vos deixamos unha das representacións.


CONTACONTOS

A semana pasada visitou o noso centro David Rodríguez , autor e ilustrador do libro Superavoa.
Supernova é un libro publicado pola editorial Xerais que trata dunha avoa chamada Rita que garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.
Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria desfrutaron da xornada, aquí vos deixamos algunhas fotos.