20/3/23

CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ

O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. 

Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das súas aulas  e  rematamos o acto cantando a canción “Mensajes del agua”.


DÍA ESCOLAR DA PAZ 2023 NO CPI AS MIRANDAS

 O próximo luns 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non Violencia. Previo ao acto que toda a comunidade educativa realizará o luns, quentamos motores coa canción que imos a interpretar en Lingua de Signos. A canción titúlase mensajes del agua de Macaco e o vídeo foi realizado polo alumnado de 3º de ESO.

Tamén o alumnado de 3ºB sumouse aos actos previos cantando a canción Heald de world de Michael Jackson

22/12/22

Festa de Nadal

 Felices Festas de toda a Comunidade Educativa do CPI As Mirandas de Ares.

Festa de Nadal de Educación Infantil:



Festa de Nadal de 1º,2º e3º de E.P.:




Festa de Nadal de 4º,5º e 6º de E.P.:









18/12/22

ESTE ANO XOGOS E LIBROS.

 Aquí tedes as nosas suxestións para xogar e ler durante este inverno. Se todavía tedes un agasallo que encontrar  ou algo que pedir, aquí podes encontrar algunhas ideas. Por que non xogar toda a familia? 


25/11/22

# 25N . DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, rapazas e rapaces de 3º ESO do noso cole realizaron este vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.

 Desde o noso centro adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e na convivencia que todas e todos queremos.

 Durante a xornada proxectarase nas clases o vídeo feito polo alumnado e realizarase un minuto de silencio. 

 


12/11/22

FESTA DO MAGOSTO NO CPI AS MIRANDAS

 Onte celebramos o Magosto e o día do peón. Pasamos unha fermosa xornada acompañada de degustación de castañas asadas que saborearon os nenos e nenas xunto coas súas familias, logo de que todos e todas demostraran as súas habilidades bailando os peóns.

 Que ben o pasamos!😊👏

9/11/22

SAMAÍN

 👀 Estos días a nosa biblioteca transformouse nun lugar de terror con motivo do samaín, fixemos lecturas a escuras de libros de medo, pantasmas,👻 bruxas, e monstruos habitaron entre nós.








6/10/22

Escribir a biblioteca escolar

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.






5/10/22

Apadriñamentos lectores

 Xa estamos de volta!!!

Con motivo da apertura da nosa biblioteca e para conmemorar o mes das bibliotecas escolares decidimos facer unha semana de apadriñamentos.

 Os apadriñamentos son unha experiencia de fomento de lectura na que o alumnado de cursos superiores conta contos ao alumnado máis pequeno. Esta actividade nos permite mellorar a capacidade lectora e de escoita activa e mellorar as relacións interpersoais do alumnado do centro

Hoxe comezamos con 5ºA que apadriñou aos alumnos de 6º de E.I. A

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:











7/6/22

ÉXITO DA IV FEIRA "ECOESCOLARES"

 

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a IV Feira “ECOESCOLARES”. Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas que o pasaron tremendamente ben-, ao concello de Ares pola infraestructura e a todas as persoas que se achegaron ata a feira: familias, veciños e membros do concello. 

Grazas a todas e todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.


                                                            
 
                                                                   MUIÑEIRA GLOBAL