13/5/21

Exposición Maletas Viaxeiras

O pasado mes de marzo prestáronnos  dende Bibliotecas escolares dúas Maletas Viaxeiras, unha de ciencias para primaria e a outra de banda deseñada para ESO.

Coa de ESO fixemos unha exposición no corredor cun cartel que invitaba a ollar e ler o material tamén puxemos unha folla con suxerencias para mercar.

En primaria fixemos a parte da exposición, un recuncho de lectura nos corredores cunhas colchonetas que invitaban a lectura relaxada. 

Foi todo un éxito!!!😀😀













10/5/21

Gañadores do concurso de portada de libros

 Xa temos os gañadores do Concurso de portada de Libros!!!

ESO:

1º- Cristiam Campos

2º- Mateo Martínez

3º- Iria Filgueira


5º e 6º de E.P.:

1º -Yaiza Silvent e Claudia Mosquera

2º- Bega Fernández

3º- Luís Miguel Rañales


3º e 4º de E.P.:

1º- Roque Rodríguez

2º Gelena Aquino

3º- Jorge Pena


1º e 2º de E.P.

1º- Martina Mayobre

2º- Sabela Miguel.

3º- Mara Cartelle


Educación Infantil:

Premio a toda a aula de 6º A
















23/4/21

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. CPI AS MIRANDAS

 O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, O Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo do proxecto ERASMUS+  e a Concellaría de  Cultura do noso concello para facer e programar unha morea de actividades.  Aquí vai unha mostra delas.

 IV EDICIÓN do CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS 


CONCURSO DE MICRORRELATOS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE ARES



POEMAS CON AROMA A ROSA ( Realizados polo alumnado de 6º EP)


ERASMUS -DÍA DO LIBRO

Nas seis escolas que estamos  no ERASMUS preparamos algunhas actividades en común. Fixemos un libro-vídeo (en dúas versións inglés e galego) sobre a vida de Cervantes e Shakespeare ademais doutro sobre a orixe desta celebración e os diferentes eventos que teñen lugar en outros países.



Tamén  as nenas e nenos realizaron marcapáxinas, debuxos, colgadores de portas ou minilibros




Como vedes, unha morea de actividades para celebrar e gozar deste día

FELIZ DÍA DO LIBRO


A lectura, como o amor, é a pedra ideal para afinar a nosa alma

 Paul Desalmand- Escritor 









10/4/21

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo. As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder a este espazo a través desta ligazón: 

https://primaveradasletras.gal/

ProxectoDidactico XelaArias PRIMARIA Interactivo by yolick20003194 on Scribd

7/4/21

IV CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS


O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG), a Biblioteca Escolar Carabela
e o Proxecto Erasmus+ “Artworks from European Festivities and Traditions” do CPI As Mirandas organizan a IV Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros.

                              Animádevos a participar e…deixade voar a imaxinación!!!


AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES

Concurso Portada de Libros by yolick20003194 on Scribd

I CONCURSO DE MICRORRELATOS . DÍA DO LIBRO 2021

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día do Libro, o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o 

 I Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES. 

8/3/21

MULLERES DA NOSA VILA. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os alumnos e alumnas de 1º de primaria quixeron traballar o Día Internacional da Muller dando visibilidade a algunas das mulleres da nosa vila que traballan en distintos campos. Os nenos e nenas elaboraron e lles fixeron chegar unha batería de preguntas a Paula Mayobre, Aida Carro, Carla Vilasánchez, Conchi Ramil e Elena Fuentes, que elas, moi amablemente, contestaron a través dos seguintes vídeos. Agradecemos enormemente á sua colaboración neste traballo e transmitirlles os nosos parabéns polo seu bo facer. Estamos moi orgullosxs por contar na nosa vila con mulleres como elas.



 



As nenas e nenos de primeiro redactaron as preguntas que logo enviaron ás  protagonistas.



Tamén, coa axuda das súas profes Lucía e Paula,  fixeron un tríptico no que colocaron ao lado da fotografía de cada unha das protagonistas o código QR onde estaba aloxado o vídeo que nos reenviaron.




Na clase todos e todas viron e comentaron os vídeos que Paula, Carla, Conchi,Aida e Elena lles enviaron. 







 PARABÉNS, QUE GRANDES REPORTEIROS  QUE SODES!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.


6/3/21

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO " UN DEBUXO PARA ROSALÍA "

Mil grazas aos 70 alumnxs participantes e a Víctor Rodríguez (profesor de Ed. Artística do centro) por aceptar a difícil tarefa de decidir os debuxos gañadores.

GAÑADORES:

Educación infantil : Lucas Martínez Rouco

Educación Primaria : Valentina Costas Cortés

Educación Secundaria : Ángel Fernández Hermida

 




5/3/21

Agasallos Especiais

 Onte visitounos Chelo, a asesora de bibliotecas escolares da nosa zona. Ademáis de darnos un montón de consellos e ideas  para mellorar a nosa biblioteca, tróuxonos dúas maletas viaxeiras e agasallounos con catro libros editados polo Museo de Belas Artes da Coruña. Son catro pequenas xoias feitas por coñecidos escritores partindo dos cadros que o museo garda.  E agora temos unhas gañas de poder ir ver os cadros en persoa...!


24/2/21

DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe, 24 de febreiro, homenaxeamos á nosa escritora e poetisa máis universal recitando algúns dos seus poemas. 

Os nenos e nenas de infantil e primaria interpretan  "Cantarte hei, Galicia" de Cantares Gallegos. 

 

 Os alumnos e alumnas de ESO  interpretan o poema "Miña casiña, meu lar".

17/2/21

CHEGA O DÍA DE ROSALÍA

Como xa sabedes, o día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano é un pouco especial por mor das restricións sanitarias, pero iso non vai ser un atranco para que lembremos, como todos os anos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal (lembrade que ata unha estrela leva o seu nome e a compañía noruega Norwegian Airlines puxo a súa imaxe a un dos seus Boeing 737-800).

Por iso imos poñernos mans a obra. Xa sei que nos distintos cursos estanse a facer moitas cousiñas: vídeos, recitado de poemas, murais....

Desde aquí animámosvos tamén a que fagades os vosos debuxos sobre Rosalía e a súa obra para presentar ao concurso “Un debuxo para Rosalía", que convoca o Concello de Ares a través da concellería de Cultura e no que colabora o noso centro.

Aquí deixamos o cartel coas bases.  Chegado o día, faremos a difusión de todos os traballos realizados no cole para lembrar á nosa Rosalía.