Aínda que a situación actual sanitaria privounos de gozar
dun entroido como quereriamos, e botamos de menos ese percorrido cheo de cor
e fantasía que todos os anos facíamos polas rúas da nosa vila, no noso cole
nunca perdemos a ledicia que nos caracteriza porque somos uns super heroes e
heroínas e por iso, decidimos disfrazar as nosas facianas diso mesmo, do que
somos, grandes heroes e heroínas.
Aquí tedes a montaxe fotográfica da xornada que queremos compartir con todos/as vós e por suposto cos nosos coles colaboradores do Proxecto Erasmus +.
Esperemos que o próximo curso poidamos desfilar pola nosa
vila e que volva esa tan ansiada normalidade.
Xa esta aquí o tempo de Entroido
e, aínda que este curso é un pouco raro
por mor desta pandemia, hoxe puidemos falar un chisquiño coa nosa querida Vero
Rilo que tivo a deferencia de conectarse con nós de forma online para contarnos
algunhas cousiñas sobre o Entroido, os doces típicos desta datas_ filloas, orellas,
rosquillas, freixós_ e… o Papón!!! que
papa todo ser vivinte que atopa a man. Bueno…ata que descubriu as filloas con
mel!!!
Grazas Vero por compartir con nós
un chisquiño do teu tempo. Esperemos que a próxima vez poidamos verte máis
tempo en vivo e en directo e darche unha aperta.
E xa sabedes, peques, tedes que
debuxar o Papón que tedes no voso maxín para enviarlle algún dos debuxos a
Vero, seguro que lle gostarán moito!.
“Imaxinas o que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente hoxe non saberiamos quen é Einstein”. Asícomeza o vídeo da campaña“Non máis Matildas”, impulsada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). Esta iniciativa ten por obxectivo recuperar as historias de mulleres científicas que ao longo da historia ficaron no anonimato, ou ocultadas polos méritos atribuídos aos seus compañeiros homes, para fomentar de cara ao futuro a aposta das nenas e mozas polas chamadas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés).
A campaña “Non máis Matildas” xira arredor do coñecido como Efecto Matilda. Este fenómeno colle o nome de Matilda Joslyn Gage, unha activista estadounidense que describiu e identificou as situacións nas que as mulleres científicas reciben menos crédito e recoñecemento polo seu traballo científico que o que lles correspondería dun exame obxectivo do seu traballo.
Un dos exemplos máis habituais desta ocultación é o feito que se produce cando nas aulas, ou na sociedade en xeral, se pregunta por un nome de muller científica: a resposta adoita ser Marie Curie, a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas (Física e Química). Esta situación garda directa relación coa desigualdade observada nos libros de texto sobre ciencias: só unha pequena parte dos nomes que aparecen son mulleres.
Anexos para libros de texto
No marco desta campaña, AMIT impulsou uns anexos para os libros de texto (tamén dispoñibles en galego) nos que se contan as historias de Barbara Mcclintock, Rosalind Franklin, Henrietta Swan Leavitt, Inge Lehmann, Mary Anning, Margarita Salas, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Emmy Noether, Lise Meitner, Mary Leakey, Hildegarda de Bingen, Marie Anne Pierrette Paulze de Lavoisier, Marie Tharp, Hedy Lamarr, Ángela Ruiz Robles, Ada Lovelace, Grace Murray Hopper ou Katherine Johnson.
Todas elas foron figuras moi relevantes nos seus eidos de coñecemento, polo que esta iniciativa pretende incluílas nos materiais educativos e, deste xeito, “inspirar nenos e nenas para lembrarnos que a ciencia debería ser cousa de todas e todos”.
Ademais, o portal web da campaña recolle tres contos protagonizados por Matilda Einstein, Matilda Fleming e Matilda Schrödinge, e que fabula con como sería a vida de Albert, Alexander e Erwin se nacesen mulleres.
Achegámosvos o traballo que elaborou un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino para celebrar o Día de Rosalía, por se vos puidera ser de utilidade. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e unha unidade didáctica para infantil e un genially elaborados este curso. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder aos materiais.
O 30 de xaneiro conmemórase, como
todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI As Mirandas , onde convivimos
e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar
este día facendo unha morea de actividades para deixar constancia de que temos
que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e
en paz.
O alumnado enteiro do cole desde
osmáis pequerrechos ata os máis maiores
participamos nas diferentes actividades facendo murais, vídeos, debuxos.... Aquí
vos deixamos unha mostra do noso traballo.
Grazas a todo o alumnado e aos
profes que a pesares de ter que lidiar con esta situación de pandemia que
estamos a padecer, seguen traballando e adaptandose as circunstancias sen
perder a motivación e a alegría. Desexamos que para o ano que ven, poidamos
volver a xuntármonos todxs como en anos anteriores easí poder celebrar xuntxs, cunha gran aperta
este Día Escolar da Paz e a non Violencia.
VÍDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1ºA
AUDIOVISUAIS REALIZADOS POLO DÍA DA PAZ NO PROXECTO ERASMUS (ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS)
Hoxe é o Día Contra a Violencia
de Xénero . Traballamos nas aulas este tema tan importante realizando varias
actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado sobre a relevancia deste
problema na sociedade.
Aquí tedes os murais e paneis
realizados en infantil, primaria e ESO así como un vídeo no que toda a
comunidade educativa súmaseá loita
contra esta lacra que a día de hoxe segue a deixar sen soños e sen vida a
moitas mulleres.
A continuación podedes ver o vídeo relizado polo alumnado de 6º E.P.
O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!
Os nenxs son o recurso máis importante do mundo e a mellor esperanza para o futuro.
Aquí podedes ver o vídeo que as alumnas e alumnos de 2º ESO realizaron para difundir esta data.
Esta semana e a pasada tivemos a oportunidade de que Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, realizara unha charla en liña de sensibilización sobre o colectivo LGBT dende a nosa biblioteca Carabela para os cursos 5º e 6º dentro do contrato-programa CON-VIVE.
A asociación ARELAS é unha asociación de familias de nenxs e adolescentes transexuais, cuxo obxectivo é traballar e promover a defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da súa vida.
Nestas charlas, na que o alumnado se mostrou moi participativo, aprenderon sobre os seguintes temas:
- Os catro elementos que conforman a diversidade afectivo- sexual: sexo asignado, identidade sexual, orientación sexual e expresión de xénero.
- Colectivo LGTBI+. Referentes e pioneirxs.
- Principais formas de homofobia e transfobia.
- Acoso LGTBIfóbico e as súas consecuencias.
- A importancia de respectar e acompañar a diversidade.
Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas.
Saúdos