Formaciónn de Usuarios
22/12/20
BO NADAL E MELLOR 2021
A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas deséxavos unhas Felices Festas e un mellor Aninovo 2021.
Cos nosos mellores desexos de saúde, traballo, paz e fraternidade,
20/12/20
Ansia de ler: libros para agasallar e para disfrutar.
No medio dunha pandemia que nos obriga a reducir a nosa vida social, na incerteza, na inquedanza, a lectura é un recuncho no que podemos agocharnos.
Un libro abre as fiestras a todo un mundo sen máscaras. Un libro lévanos de viaxe sen saír da casa. Un libro acompaña.
A soas, cos nenos, coa familia: le.
Feliz Nadal.
25/11/20
DÍA INTERNACIONAL DA VIOLECIA DE XÉNERO NO CPI AS MIRANDAS
Hoxe é o Día Contra a Violencia de Xénero . Traballamos nas aulas este tema tan importante realizando varias actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado sobre a relevancia deste problema na sociedade.
Aquí tedes os murais e paneis realizados en infantil, primaria e ESO así como un vídeo no que toda a comunidade educativa súmase á loita contra esta lacra que a día de hoxe segue a deixar sen soños e sen vida a moitas mulleres.
20/11/20
20 novembro. DÍA DOS DEREITOS DOS NENXS
O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!
Os nenxs son o recurso máis importante do mundo e a mellor esperanza para o futuro.
Aquí podedes ver o vídeo que as alumnas e alumnos de 2º ESO realizaron para difundir esta data.
Charlas ARELAS
Esta semana e a pasada tivemos a oportunidade de que Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, realizara unha charla en liña de sensibilización sobre o colectivo LGBT dende a nosa biblioteca Carabela para os cursos 5º e 6º dentro do contrato-programa CON-VIVE.
A asociación ARELAS é unha asociación de familias de nenxs e adolescentes transexuais, cuxo obxectivo é traballar e promover a defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da súa vida.
Nestas charlas, na que o alumnado se mostrou moi participativo, aprenderon sobre os seguintes temas:
29/10/20
RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN E MAGOSTO
Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas. Saúdos
SAMAÍN 2020 by veracruces on Scribd
23/10/20
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da persoa lectora a través de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
9/10/20
UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC
Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.
O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de
2020.
Para participar deberase enviar un correo a: alentoesbravexo@gmail.com
Con todo o material recibido tentarase facer un libro, unha
exposición,...(sempre dependendo da situación vírica actual).
Preme aquí para consultar as BASES
Máis información no seguinte enlace: https://axendacultural.aelg.gal/2020/06/30/proposta-unha-manda-de-pezas-para-isaac/
2/10/20
A BIBLIOTECA NON ESTÁ PARADA.


A nosa biblioteca está toda feita un lío, pero non está parada. Como, de resultas da Covid 19, temos que adaptar o seu funcionamento, estamos organizando un sistema de préstamos adaptado. Así que aquí andamos: montamos mobles para os préstamos ás aulas, reorganizamos as mochilas viaxeiras para permitir a corentena dos libros, elaboramos os protocolos de uso... Movémonos, e xa pronto volveremos a abrir para o préstamo individual.


1/10/20
MAFALDA INMORTAL
Onte deitámonos coa mala nova do pasamento do gran Quino...pero Mafalda será inmortal.
A primeira historieta de
Mafalda publicouse o 29 de setembro de 1964 no semanario Primeira Plana,
pero a nena nacera un ano antes, creada para un anuncio –que nunca viu a luz– da
axencia de publicidade onde Quino
traballaba para financiar a súa paixón polo debuxo. Fillo de inmigrantes
andaluces, con trece anos empezou a estudar Belas Artes en Mendoza, pero fartouse do clasicismo da
academia para dedicarse ao cómic e aos 18 anos foi vivir a Buenos Aires,
publicando a súa primeira tira cómica no semanario “Esto Es” en 1954.
As aventuras de
Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose,
traducíndose, replicándose en revistas e
diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século.
Ata hoxe.
Aínda que a súa vixencia no século XXI é total, o debuxo de Mafalda quedou conxelado en 1973, o humorista
non dubidou en recrear a Mafalda por
unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou a Declaración Universal dos
Dereitos dos Nen@s para Unicef. O debuxante e a súa filla Mafalda foron obxecto
de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no
2014 o título de Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de
Asturias de Humanidades.
Ata sempre Quino. Sempre nos quedará Mafalda.
30/9/20
XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S
TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.
Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que
clikar na imaxe que tedes a continuación.









