Grazas ao
alumnadoe as familias do CPI AS
Mirandas de Ares por contribuir a espallar a nosa tradición das alfombras
florais máis aló das nosas fronterias a través do Proxecto ERASMUS+.
Parabéns pola
labor que fixéstedes esta fin de semana nas vosas casas elaborando esas
alfombras florais tan belas e creativas e sobre todo, por seguir mantendo vivas as nosas tradicións.
Bos días a todos e todas. Como ben sabedes,
hoxe é o Día das Letras Galegas e, aínda que este curso non puidemos celebralas
como quixeramos, o noso ilustre escritor e poetaD. Ricardo Carballo Calero, homenaxeado este
ano 2020, quixo lernos e dedicarnos algúns dos seus poemas.
Este ano teremos
que esperar a outubro para celebrar a nosa gran festa... pero ben podemos ir
tendo presente a Carballo Calero, o autor ao que están dedicadas as Letras Galegas este
ano, non si?
Pois ben, se
premedes nas seguintes imaxes poderedes acceder
a diversas actividades interactivas para coñecer un pouco máis sobre o autor
ferrolán homenaxeado .
Picade nas imaxes.
E SE QUEREDES ACTIVIDADES OU DEBUXOS PARA DESCARGAR PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE
AQUÍ TEDES UNHA MOREA DE ACTIVIDADES SUPER DIVERTIDAS
COAS QUE APRENDEREDES MOITAS COUSAS DE DON RICARDO Para comezar a xogar so tes que premer no megáfono que se atopa ao lado do 2
AS PITAS BAIXO A CHOIVA: O CONTO , A MÚSICA E MOITO MÁIS.... Preme na imaxe
A creatividade é un recurso necesario tanto
para o coñecemento como para o entretemento das persoas, pero nestes tempos de
confinamento o é aínda máis. Moitas familias,alumn@s eprofesatrevéronse co mundo audiovisual mostrándonos
algunhas das actividades que
realizan.
Contos, música, traballos,
vídeos cómicos…que na maioría dos casos teñen a corentena como eixo das
historias. Xa vedes...quedámos na casa pero non
paramos!!!
Aquí deixámosvos estas producións feitascon moito amor e humor.
Co seu permiso compartimos estes simpáticos e espectaculares vídeos Serie… “En tempos
deconfinamento”.
Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. En condicións
normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades
desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa BibliotecaCarabela, pero a pesares daausencia sabemos que nas vosasmarabillosas mentes foron aflorando ideas para
facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor
opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en
historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos
alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos
aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades
literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivenciasintensísimas e sentímonos máis vivos e
libres.
Sei que moitos de vóstedes sentido na vosa propia pel esta terapia
formidable da lectura, como así oreflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas
elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón
tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridosalumnxs, ás vosas familias, aosprofes e a todo o persoal da nosa magnífica
comunidade educativa do CPIAsMirandas.
Moito ánimo, apertas amoreas
e....vémonos pronto, no o dubidedes.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandaspropoñémosvos participar nunha actividade de
fotografía pensada para celebrar o "Día do Libro", o
vindeiro 23 de abril:
Dirixido a toda a
comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias...
A actividade ten por obxecto a creación dunha foto na que
aparezades retratados xunto ca portada dun libro. Debido as actuais
circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na
biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs.
Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe
final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e
a persoa retratada: continuidade do que vemos na portada, relación
directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten
que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Podédesvos disfrazar dos
personaxes do libro se queredes...
Poden
colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un
“selfie”.
Poderanse
presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden
ser imaxes directas ou retocadas.
As fotos
deben ser enviadas ao correo electrónico do EDLG: tesmoitalingua@gmail.com ou
por washap ao nº 686766856
A
data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020.
Exposición: As
fotos presentadas serán subidas aos blogs do EDLG e biblioteca e á páxina web do cole.
Esta é unha nova actividade da biblioteca para promover o servizo de préstamos.
Con esta iniciativa pretendemos fomentar o hábito lector no alumnado.
A actividade consiste nun taboleiro con camiños e casiñas que hai que ir superando ata o final, o modo de ir pasando dunha casiña a outra é lendo libros.
O tema do taboleiro son libros sobre igualdade. Cada neno e nena elexirá unha personaxe dos contos e a súa foto para ir marcando o percorrido.
Contamos cun caderno de bitácota no que os lectores/as poden anotar información referente aos libros e un rexistro de viaxeiros para anotar a todos/as os /as que terminen a viaxe.
Hoxe o noso centro realizou xunto co Concello de Ares un fermoso acto para lembrar a Rosalía de Castro, dentro da semana dedicada a nosa escritora máis universal.
Nenos e nenas de primaria e rapaces e rapazas de ESO interpretaron e cantaron os poemas e a obra de Rosalía acompañados da música da xove banda do noso cole e de Mónica, a profe de música.
Tamén realizaron a lectura continuada representantes de entidades culturais de Ares, Cervás ou Redes, persoas do mundo do deporte como Paula Mayobre ou Álvaro Yllobre, representantes municipais, profesores e veciñanza.
Grazas a todos pola vosa participación neste acto.
Rosalía…sempre Rosalía…
Aquí vos deixamos uns vídeos da xornada
Lectura do alumnado do CPI As Mirandas
Lectura
continuada da obra de Rosalía a cargo da veciñanza, representantes de entidades
culturais e deportivas, representantes
municipais e profesores.
Galería fotográfica
Interpretacións musicais. Xove banda do CPI As Mirandas
Este
ano o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro, “ARES DE CONTO”.
Un
percorrido polos personaxes dos contos, lendas e literatura universal. Os trasniños da nosa Cova do Trasno de Ares, Carapuchiña Vermella, Branca Neves, príncipes, ananos,Moby Dick, Harry Potter, Shrek, Piratas, Wallys,
o Gato con botas, o Flautista de Hamelin e os seus ratiños, os dálmatas e Cruela
de Vil e un sen fin máis de personaxes de conto desfilaron polas nosas rúas nun
día de sol radiante.
Logo degustamos lambetadas de Entroido e un
rico chiculate para endulzar o bandullo.
Grazas
infinitas á banda de gaitas de Ares por colaborar con nós e poñer a nota
musical ao noso desfile e por suposto, a tod@s polo voso esforzo á hora de
preparar esta xornada de Entroido que é máis que unha simple xornada, son días
de preparativos fora incluso das horas lectivas para confeccionar os disfraces
e todo o que rodea o Entroido.
Este venres contamos unha vez máis coa visita de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Contáronnos contos, aprendemos cancións, falamos do entroido , agasalláronnos cun libriño para traballar na aula no que estaban todos os persoeiros e as figuras do entroido que hai por toda Galicia: pantallas, peliqueiros, máscaras, boteiros, folións…
Que ben o pasamos!!!
Moitísimas grazas Vero e Sonsoles pola vosa visita e por compartir con nós e achegar a tradición oral aos nenos e nenas do noso cole.
Con
motivo da visita de Javier Vilasánchez
o pasado mércores,
decidimos ir visitar a Cova
do Trasno.
Ademais,
cunhaincrible
sorpresa! O trasno
Simón anda a facertrasnadas
e tiña escondida a chave da seguinte
busca do tesouro.
Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita de Javier
Vilasánchez, historiador local, licenciado
en Filosofía e Ciencias da Educación, director do grupo de teatro A Cova do
Trasno e avó.Aínda que xa veu varias veces ao noso centro
para colaborar con nós, hoxe a súa
aportación foi especial xa que o seu público eran os pequenos/as do 1º ciclo de
primaria, que este curso están a
traballar as lendas e a tradición oral dentro do proxecto interdisciplinar “Ares
de Conto”.
Javier faloulles dalgunhas lendas da nosa vila coma a da Cova
do Trasno ou a da Serea das Mirandas, misturando a historia coa fantasía. Os nenos coñeceron aotrasno Simón e a serea Miranda, personaxes de
conto creados por Javier e inspirados nestas lendas.
A verdade é que os nenos e nenas gozaron cos seus contos e
coa súa caracterización, rematando cunha morea de preguntas ao final da sesión.
Grazas Javier por aceptar a nosa invitación e por achegar as lendas de Ares aos nenos e nenas do noso cole. Esperemos que volvas a visitarnos!