Formaciónn de Usuarios
18/6/19
ROTEIRO POR ARES CON ROSALÍA.
Hoxe aumentamos os nosos fondos cunha fermosa aportación da aula de Educación Infantil de 5 anos B.
Seguindo a proposta da biblioteca do roteiro rosaliano por Ares (sobre unha actividade deseñada pola Asociación Cultural Apelón Educación), os nenos e as nenas dese grupo de Infantil coa súa mestra Mari fixeron esta preciosidade de libro con desplegables.
Encántanos este traballo.
SUXESTIÓNS DE LECTURA. VERÁN 2019.
Xa case está aquí o verán e, que chova ou que vaia calor, vaiche apetecer ler. Aquí tes unhas suxestións de libros de diferentes temas e para todas as idades. Recordade que as idades recomendadas son so unha suxerencia. Le o que che apeteza.
31/5/19
Visita do escritor Hector Cajaraville
O 21 de maio visitounos o escritor Hector Cajaraville
autor do libro KUSUMA (Premio Merlín
de Literatura Infantil, 2018 ) que os rapaces de 6ºA acabamos de ler. Falamos do libro e intercambiamos moitas opinión.
Kusuma é unha faisán
femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do
lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co
obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que
agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser
doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o
medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu
valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha
historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo
de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o
camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.


29/5/19
ENTREGA PREMIOS PORTADA DE LIBROS 2019
Hoxe fixemos entrega dos premios e diplomas aos gañadores e finalistas do Concurso de Portada de Libros 2018-2019.
Parabéns un ano máis, a todos e todas, pola vosa participación.
23/5/19
XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS.

Hoxe reuniuse o xurado do Concurso de Portada de Libros para fallar os premios deste ano e, a verdade, non o tivo nada fácil xa que a calidade dos traballos foi impresionante. Despois de moito deliberar os premiados son os seguintes:
INFANTIL: Pola calidade dos traballos e a creatividade plástica dos mesmos todas a s aulas de infantil levan un premio.
1º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Valentina Costas Cortés de 2º A
2º.- Finalista: Luna Becerra Ferreira de 2º A
3º.- Finalista: Marcos Feal García de 2º A
2º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Larraitz Aranaga Carrasco de 3º A
2º.- Finalista: Lucas Seijo e Teo Martínez de 3º B
3º.- Alejandra Iglesias e Aroa Amado de 4º B
3º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Lucía Magariños de 5º B
2º.- Finalista: Aketxa Aranaga Carrasco e Hugo Cartelle de 6º A
3º.- Sara Sotelo Barrón de 5º B
O próximo mércores 29 de maio farase entrega dos premios no recreo de primaria.
PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!
2/5/19
CÁMARA.....ACCIÓN!!!
Como ben sabedes levamos varios
anos traballando o audiovisual no noso cole. Comezamos facendo pequenos vídeos
e presentacións sobre as distintas actividades que se ían realizando no noso
centro. Grazas a varios cursos de formación sobre fotografía e imaxe que levamos
a termo no centro (PFPP), aprendemos a utilizar diferentes editores de vídeo,
diversas técnicas de montaxe, o uso do chroma key, etc. Todo iso serviunos para
utilizar o recurso audiovisual nas nosas aulas e motivar ao alumnado. E
chegados a este punto podemos dicir que a práctica de facer vídeos educativos
percibímola xa non como meros transmisores de información, senón que
recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de expresión e
aprendizaxe.
Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas idades é emocionante. O resultado, impresionante!!, tanto que xa eles mesmos son quen de realizar un produto audiovisual: guión, gravación, edición, montaxe... como os mozos e mozas de 3º ESO, na curta que realizaron desde a materia de matemáticas sobre a vida de Sophie Germain.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas idades é emocionante. O resultado, impresionante!!, tanto que xa eles mesmos son quen de realizar un produto audiovisual: guión, gravación, edición, montaxe... como os mozos e mozas de 3º ESO, na curta que realizaron desde a materia de matemáticas sobre a vida de Sophie Germain.
Tamén desde o departamento de
Lingua Galega os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO levaron a termo a gravación
de varias pezas audiovisuais coa axuda de Miguel, o seu profe. E que dicir dos nosos videoclips en Lingua de
Signos tan ben dirixidos pola nosa intérprete Luisa Lombardero, ou os
realizados para o Concurso Escolar ONCE onde acadamos o premio autonómico representando
a Galicia no Estatal, ou os produtos audiovisuais dos distintos eventos do cole
realizados dende o Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Yoli.
Desde “tesmoitalingua”, parabéns por todos os
traballos e vídeos que fixestes este curso, no que as vosas dotes artísticas
sobresaíron máis que nunca.
Aquí podedes ver as últimas pezas audiovisuais realizadas
neste trimestre.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
O NOSO COLE NA RADIO GALEGA
Despois do éxito acadao polo videoclip realizado no CPI As Mirandas, a Radio Galega entrevista a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de Lingua de Signos, alma mater do videoclip Malaxente realizado cole.
Aquí podedes escoitar o programa.VIDEOCLIP MALAXENTE
Aproveitando que se
achega o Día das Letras Galegas, dende o CPI As Mirandas quixemos defender a
música na nosa lingua, facéndoa ademais accesible ás persoas usuarias da lingua
de signos. Así que, deixando a vergoña de lado, realizamos un videoclip coa última
creación da cantautora galega MJ Pérez, que fusiona en Malaxente á ilustre
poeta galega coa cantante Rosalía.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
MAKING OFF DA GRAVACIÓN
Making off Tra Trá from Yolanda Castro on Vimeo.
Dicir que foi gravado en distintas contornas do noso
concello: Cervás, Lubre, Ares… e que o pasamos XENIAL!!!!
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este traballo e
en especial á intérprete de lingua de signos do noso cole. Sodes o máximo!!!.
MAKING OFF DA GRAVACIÓN
Making off Tra Trá from Yolanda Castro on Vimeo.
ÉXITO DA III FEIRA "ARES ARREDOR DE SI"
Éxito total na xornada do luns na que
se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso
e que deu como resultado a III Feira
“Ares arredor de si”.
Parabéns a toda a comunidade
educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o
alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que
traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en
cada un dos stands representados; ao grupiño de músicos que nos acompañou
durante toda a xornada - sodes uns cracks-, ao Club de Remo de Ares e en
especial a Tombo que organizou as actividades remeiras e acompañounos durante
todo día, aos integrantes do Club Xove e
a Rommy polas actividades levadas a termo no seu stand(quen dixo que a
xuventude non se implica?), ás autoridades que nos acompañaron na inauguración
da feira:o inspector de educación Rubén Ponte, José Antonio Sordo do CFR
(Centro de Formación e Recursos) de Ferrol, o noso alcalde Julio Iglesias, á
concelleira de cultura Alma Barrón e o resto de concelleiros das distintas
formacións, os representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de
Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por
promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso
centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron neste evento.
Parabéns a toda a comunidade
educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o
alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que
traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en
cada un dos stands representados; ao grupiño de músicos que nos acompañou
durante toda a xornada - sodes uns cracks-, ao Club de Remo de Ares e en
especial a Tombo que organizou as actividades remeiras e acompañounos durante
todo día, aos integrantes do Club Xove e
a Rommy polas actividades levadas a termo no seu stand(quen dixo que a
xuventude non se implica?), ás autoridades que nos acompañaron na inauguración
da feira:o inspector de educación Rubén Ponte, José Antonio Sordo do CFR
(Centro de Formación e Recursos) de Ferrol, o noso alcalde Julio Iglesias, á
concelleira de cultura Alma Barrón e o resto de concelleiros das distintas
formacións, os representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de
Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por
promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso
centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron neste evento.
Grazas a todos por facer, de novo,
que a xornada resultase todo un éxito.
26/4/19
E TI, DE ONDE VÉS SENDO?.
As casas aldeáns, espalladas, forman
un grupo natural de poucos habitantes, chamado "lugar". (...) Os
"lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama
"parroquia". Esta entidade é o antigo clan dos celtas.
Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza.
Esta actividade, desenvolvida polo alumnado de 1ºESO A e
B, artéllase arredor das orixes dos nosos discentes, de aí o seu título: E ti, de onde vés sendo?. Preténdese,
con ela, que os rapaces e as rapazas sexan conscientes da especial relación do
pobo galego co medio en que habita e a necesidade de nomear calquera lugar por
pequeno que sexa, relacionando o seu significado coa vexetación, a orografía,
os fenómenos atmosféricos... e, por suposto, os estados de ánimo.
Pedíaselles, na actividade, realizada segundo un modelo
dado, que falasen do nome da casa (o alcume familiar), do lugar, aldea,
parroquia, concello, de onde son oriundos eles e elas mesmas e os seus
devanceiros; ao tempo, iríase procurando o étimo do topónimo que a cadaquén
ocupase, isto é, orixe e significado. A motivación do alumnado fixo que este
modesto proxecto inicial se convertese nun traballo moito máis ambicioso,
realizado todo polos alumnos e alumnas de 1º ESO coa axuda inestimable das súas
familias.
Foi así que os pequenos gravaron os seus avós e avoas,
informantes fieis do decorrer da vida na súa nenez, adolescencia, xuventude e
madurez, achegándonos a todos a un xeito de vida alleo para os adolescentes de
hoxe e que xa hai tempo desapareceu na grande maioría do territorio. Abranguen,
daquela, boa parte dos traballos, un anaco de historia, emoción e vivencias dos
aresáns e das aresás e xa que logo, de todas as familias que co tempo se foron
instalando neste concello.
Manifestamos desde estas páxinas o noso agradecemento ás
familias posto que sen se elas involucraren o resultado non sería o obtido.
Actividade realizada e coordinada por Mª Luísa Corredoira, profesora de lingua galega do noso centro en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Yolanda Castro.
22/4/19
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a
súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non
é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
A vida toda está nos
libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos
ou simplemente imaxinamos...
E por qué lemos?
- En primeiro lugar
porque alguén nos aprendeu a facelo,
- porque outras
persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
- porque leron para
nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
- porque desfrutamos
coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun
libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas
que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a
medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras
nenas que veñen detrás.
LUDI MUGARDENSIS
XORNADA HISTÓRICA NOS “I LUDI MUGARDENSIS”.
O ALUMNADO DE ARES E MUGARDOS PASOU UNA MAÑÁ DE DIVERSIÓN COMPETINDO EN XOGOS E DEPORTES ROMANOS.
O xoves 11 de abril, nun precioso e solleiro día que nos brindou a deusa Ceres, celebráronse os “I Ludi Mugardensis” no exterior do Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval (Mugardos).

A xornada organizada polo Concello de Mugardoscongregou a preto de 200 alumnxs de 5º e 6º de primaria dos concellos de Ares e Mugardos. Todxs puideron competirdurante a mañá en 10 probas diferentes vinculadas ao deporte romano e a xogos e exercicios físicos practicados durante a antigüidade.
Nesta primeira edición os colexios participantes foron o CPI As Mirandas (Ares), o CEIP Unión Mugardesa, o CEIP Santiago Apóstolo e o CPR Loyola (Mugardos).
Xs estudantes dividíronse en 20 equipos dirixidos polxs respectivxs capitáns e capitás que se encargaron de organizar a estratexia de cada grupo. Desta maneira, todos os equipos foron pasando de maneira rotatoria por cada unha das probas, enfrontándose a diferentes contrincantes en cada quenda.

As disciplinas deportivas escollidas para esta ocasión trataron de combinar diferentes habilidades como a rapidez, a forza, a precisión, a estratexia e a intelixencia, pero en todos os casos foi fundamental para o éxito final o traballo en equipo.
A diversión estivo asegurada dende o inicio. Con todo, algunhas probas gozaron de especial aceptación entre o alumnado como o tres en raia físico, o tiro con arco simple de madeira, ou a esgrima con “spatha” baixo romana.
Despois dunha intensa pero amistosa competición os “I Ludi Mugardensis”, clausuráronse por volta das 13,30h cunha entrega de diplomas a todxs xs participantes, feita pola concelleira de Patrimonio Histórico Lola González, e co recoñecemento ao equipo gañador desta primeira e histórica edición. A gloria do ano 2019 correspondeu aos “Gladiator Hoplomachus” do CPI As Mirandas de Ares, que gañaron 9 probas das 10 posibles. O seu trunfo fainxs merecedorxs de inaugurar e figurar no muro da fama de Caldoval.
Aos vencedores e vencedoras dicímoslles “Respice post te! Hominem te esse memento!” (“¡Olla tras de ti! lembra que es un home ou muller” e non un Deus nin Deusa).








Desde o Centro de Interpretación de Caldoval agradecemos a participación do alumnado e dos 20 equipos que competiron co mellor espírito deportivo. A relación dos 20 equipos participantes no evento é a seguinte:
CEIP UNIÓN MUGARDESA (MUGARDOS)
- Imperatorum
- Los románicos
- Los Gladiadores
- Espartaco
CEIP SANTIAGO APÓSTOLO (MUGARDOS)
- Os Gladiadores
- Rómulos
- Julio César
CPR LOYOLA (MUGARDOS)
- Jocosus Genius
- Sextus Magnificus
- Gallaecia
- Lucus
CPI AS MIRANDAS (ARES)
- Gladiator Hoplomachus
- Murmillos
- Provocatores
- Dimanchaeri
- Pompeyus
- Equiles
- Los Iluminatis
- La Quearii
- Reciarii
- EQUIPO GAÑADOR : HOMOPLACHUS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










