2/3/19

ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS

Un ano máis o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro  “ Ares arredor de si” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así desfilaron polas nosas rúas indianos, remeiros, flores de todas clases e cores imprescindibles para as nosas alfombras florais, rondallistas acompañados dunha peculiar madriña...Un percorrido cheo de cor e fantasía que rematamos con doces típicos e lambetadas.
Agora a gozar destas mini vacacións  y... que viva a entroido!!!

            

22/2/19

ROSALÍA ETERNA.

Este domingo, 24 de febreiro, lembramos a figura da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da língua e da literatura galegas, pois asumíu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra quixemos facer un pequeno vídeo e amosar e reivindicar a esa Rosalía que, adiantada ao seu tempo, mobilizou as conciencias colectivas defendendo os dereitos das mulleres. O feito é que, sobre todo na súa pouco coñecida prosa, Rosalía foi unha abandeirada do feminismo. O prólogo de La hija del mar, un dos seus libros máis intimista, supón todo un alegato de empoderamento feminino e reivindicativo. "Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben”, afirmaría no texto, publicado en 1859.
O certo é que a preocupación constante pola condición feminina impregnou a súa obra. Ela representa, en suma, o inicio da modernidade galega.

       

19/2/19

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos... Queredes saber máis sobre o Entroido en Galicia?, pois premede na seguinte imaxe e os vosos amigos os Bolechas achegaranvos aos diversos entroidos e tradicións de forma divertida e poñendo a proba os teus coñecementos.

https://osbolechas.gal/entroido/

Aquí tedes tamén unha estupenda Unidade Didáctica sobre o entroido.
Unidade didactica entroido de Yolanda Castro


Tamén podedes pasar pola biblioteca e  ver as nosas recomendacións sobre o Entroido.

15/2/19

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CARABELA


O pasado luns, contamos cunha visita moi especial, os nosos amigos de Kalandraka Sara e Álex que xa viñeron o curso pasado,deleitáronos coas súas historias acompañados de música en vivo. 
A verdade e que nos encanta esta parella, transpórtanos ao mundo máxico dos libros.
Esta vez trouxeron catro contos na súa maleta:
 - Elmer.
 - Cándido.
 - Un, dous,tres, vampiro ti es.
 - E os Esqueletos divertidos.
 Foi unha sesión moi divertida para os alumnos e alumnas de 1º e 2ª de E.P.
 Moitas gracias, esperámosvos o próximo curso.










DÍA DE ROSALÍA 2019

      A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web. 
      Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino.



12/2/19

GALICIA, AGUA, LITERATURA E RAP

Nova edición do concurso "Galicia,auga, literatura e rap", organizado por Viaqua e La Voz de Galicia. Descubre como participar en www.prensaescuela.es, dentro do apartado Concursos.

35 CONCURSO ESCOLAR ONCE. PATIOS INCLUSIVOS


Baixo o lema “Por min e por tódolos meus compañeiros” os alumnos e alumnas da materia de reli dos centros escolares As Mirandas de Ares e Virxe da Cela de Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o 35 Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as sobre a importancia de crear unha escola inclusiva e, nesta edición, ponse o punto de mira nos recreos inclusivos. De feito, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos/as de distintas idades, etapas educativas, perfis... poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos iguais nun espazo onde poñer en práctica as súas habilidades de empatía, negociación, interacción, solidariedade... Coa creación dun videoclip, cunha canción con letra propia de 60 segundos de duración, e a través da interacción imaxe-son, os rapaces e rapazas tentaron plasmar, a través da creatividade, a súa idea de como facer un recreo inclusivo para todos e aprender a vivir coa diferenza e desde a diferenza.

 





30/1/19

A VOLTA A ARES EN 1000 LECTURAS

A volta  a Ares en 1000 lecturas é unha campaña de fomento de préstamos. Propuxémoslles aos alumnos e alumnas un percorrido lector por Ares.
Cada libro que len, poden avanzar unha casiña,(que sinalizan coa súa foto). Os lectores intermedios poden avanzar dúas se o seu libro ten máis de 250 páxinas, e os lectores expertos avanzan dúas se o seu libro ten máis de 400 páxinas.
Comezamos o noso percorrido saíndo da Praia de Chanteiro e visitamos Chanteiro, Punta Segaño, Monasterio de Santa Catalina, Cova dos Mouros, Lubre, Besoxo, Río da Xunqueira, Praza de Redes, Redes, Praia de Seselle, Ponte da Ciscada, Porto de Ares, Praia de Estacas e chegamos a meta que é a Illa das Mirandas.
Os que rematen unha volta completa poden volver  facer outra, para elo marcámoslle unha cruz na súa foto. Cantas máis cruces, máis voltas.
Animádevos a levar moitos libros.









23/12/18

FESTIVAL NADA 2018

EDUCACIÓN INFANTIL



 





PRIMEIRO E SEGUNDO  DE EDUCACIÓN PRIMARIA

5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


NADAL2018 5º 6º from Conchi Cambeiro López on Vimeo.


3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




nadal 3º 4º from Conchi Cambeiro López on Vimeo.

21/12/18

CARREIRA SOLIDARIA NO CPI AS MIRANDAS

No  CPI As Mirandas de Ares organizamos este xoves a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre,xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada.
Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer a  GADIS, Deportes MARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Aquí deixamos os vídeos da xornada.

ESO



INFANTIL E PRIMARIA


20/12/18

NADAL 2018, ALGUNHA COUSIÑA QUE LER.

Aquí vos queda unha copia das suxestións de lectura deste Nadal. Recordade, son so unha suxerencia, hai moitos libros máis que se poden ler. Tamén as idades establecidas son unha suxerencia. Lede o que vos pete e, sobre todo, pasádeo ben. Felices Festas.