O longo dos anos
dende que se crearon os Premios Nobel, este foi outorgado 806 veces a homes, 25
a organizacións e só 46 veces a mulleres; destas, 16 foron merecedoras do
premio Nobel da Paz. Este feito ven a demostrar que o coñecemento producido
polas mulleres non foi considerado da mesma forma e coa mesma importancia que o
producido polos homes. Pero aquí, sen desmerecer os coñecementos e saberes
emanados dos homes, imos darlle importancia o recoñecemento que se merecen estas
16 mulleres. No documento de abaixo, podedes ver os seus nomes e a súa aportación
para lograr un mundo onde impere a xustiza social.
Formaciónn de Usuarios
1/2/18
29/1/18
UN DÍA DE NAVEGACIÓN
24/1/18
CERTAME "VINDEVIDEOS" . O PERGAMIÑO VINDEL, POL@S ALUMN@S DE 4º DE PRIMARIA DO CPI AS MIRANDAS
Coincidindo coa
chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador
Martín Codax), o noso centro presentouse ao Certame Vindevideos coa finalidade
de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e
ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual.
Os nenos e nenas
de 4º de primaria realizaron en tempo expres, xa que a convocatoria foi moi limitada
en tempo,un vídeo no que recrean de forma maxistral a chegada do Pergamiño a Galicia. Un
estupendo traballo no que souberon amosar estupendamente as súas dotes
interpretativas superando o vento e a choiva que nos acompañou o día da grabación en Lubre.
Parabéns a tod@s, ao alumnado, a súa profe Lucía e a Luisa a nosa intérprete de lingua
de signos polo traballo realizado.
Xa fallado o
certame, queremos dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco
Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra). Tamén felicitar polo
segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño
de Ferrol.
Aquívos deixamos
o vídeo realizado polos nosos alumn@s de 4º de primaria.
De novo, parabéns a todos eles.
20/12/17
BO NADAL
Os alumnos do CPI As Mirandas deséxanvos un Bo Nadal en Lingua de Signos con esta canción de SES, titulada Tambores de mar. Felices Festas!!!
18/12/17
CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.
13/12/17
CURSO DE ROBÓTICA
Este curso, seguimos apostando pola formación en centros que levamos facendo dende hai un tempo a través do PFPP, que este ano adicamos a " Introducción á robótica en E.P. "
Ao longo deste curso recibiremos formación en construcción e programación de robots MBOT.
Tino Fernández Cueto, mestre do CIPF Ferrolterra deunos a primeira formación.
Estamos moi ilusionados con este novo proxecto!!!








ESCOLA DE XADREZ
ESTE CURSO QUIXEMOS POÑER EN MARCHA UNHA ESCOLA DE XADREZ PARA TODOS AQUELES NENOS E NENAS QUE NON SABEN XOGAR E QUE QUEREN APRENDER COS SEUS COMPAÑEIROS.
NO MES DE XANEIRO, COMEZARÁ O TORNEO.
MOITA SORTE A TODOS!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


