14/6/17

E GAÑAMOS!!!!!!!!!

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto. 




NO CPI AS MIRANDAS FESTEXAMOS O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS QUE SE CELEBRA O 14 DE XUÑO

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.



E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).  Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.

 Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!!

31/5/17

CANTOS DE CEGO

Os alumnos e alumnas de 2º de E.P. fixeron un Cántico " Cantos de Cego " enmarcado dentro do proxecto de aula sobre a Idade Media " Quen fomos, Quen somos e Quen seremos ", este foi o resultado

29/5/17

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CARABELA

O ESCRITOR E CONTACONTOS IAGO LÓPEZ, FÍXONOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL. VEUNOS CONTAR O SEU CONTO "O COCIÑEIRO MARTIÑO" MOITAS GRAZAS!!!

24/5/17

RECADACIÓN NO STAND DE UNHA CURA PARA ADRI

O noso centro recada 601,97 € no stand que montou na I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar  con #UnhacuraparaAdri .
Gracias á profe Vanesa por montar e organizar as actividades realizadas no stand e a todas as rapazas que estiveron durante toda a xornada atendendo a toda esa xente riquiña que quixo visitar o stand e colaborar coa causa.


Gracias a tod@s pola vosa  solidariedade, sodes grandes!!!


23/5/17

A BRUXA DO PAÍS DAS FANTASÍAS

       Este conto escribiuno o grupo de valores de 2ºA dun xeito moi curioso: nunha mesa colocamos unha serie de folios en branco numerados e puxemos música; mentres soaba a música bailamos ao redor da mesa e, cando paraba, faciamos puntiños. Así ata que xa tivemos suficientes puntos, momento no que pasamos a unilos; e, cando xa houbo liñas a bondo, pasamos a debuxar, cada un onde lle tocaba en cada volta continuando os debuxos dos demais. Finalmente, recollimos os folios, coloreamos e inventamos o noso conto. E este foi o resultado:

ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que ,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos acompañaron nesta xornada.

Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.



BOOKTRAILER

Aquí vos deixamos o primeiro booktrailer feito por alumnas de 6º, disfrutádeo.



21/5/17

ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

Relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de Ares.
CATEGORIA DE 3º E 4º ESO:
1º Verónica Rodríguez Martínez...........Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe.
CATEGORIA DE 1º E 2º ESO:
Blanca Gago Suárez............Unha panda na procura
2º Bruno Suárez Cuervo...........Unha viaxe en globo
Mención especial...........Iker Beceiro Torres...........En contra do mundo
Parabens a tod@s os premiados.

PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER OS RELATOS GAÑADORES.
http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/premiados_relato_curto-2017.pdf

8/5/17

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras. Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Nos seguintes enlaces  podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.




 E se queres coñecer a súa  obra infantil e xuvenil preme nas seguintes imaxes.