23/5/17

A BRUXA DO PAÍS DAS FANTASÍAS

       Este conto escribiuno o grupo de valores de 2ºA dun xeito moi curioso: nunha mesa colocamos unha serie de folios en branco numerados e puxemos música; mentres soaba a música bailamos ao redor da mesa e, cando paraba, faciamos puntiños. Así ata que xa tivemos suficientes puntos, momento no que pasamos a unilos; e, cando xa houbo liñas a bondo, pasamos a debuxar, cada un onde lle tocaba en cada volta continuando os debuxos dos demais. Finalmente, recollimos os folios, coloreamos e inventamos o noso conto. E este foi o resultado:

ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que ,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos acompañaron nesta xornada.

Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.



BOOKTRAILER

Aquí vos deixamos o primeiro booktrailer feito por alumnas de 6º, disfrutádeo.



21/5/17

ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

Relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de Ares.
CATEGORIA DE 3º E 4º ESO:
1º Verónica Rodríguez Martínez...........Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe.
CATEGORIA DE 1º E 2º ESO:
Blanca Gago Suárez............Unha panda na procura
2º Bruno Suárez Cuervo...........Unha viaxe en globo
Mención especial...........Iker Beceiro Torres...........En contra do mundo
Parabens a tod@s os premiados.

PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER OS RELATOS GAÑADORES.
http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/premiados_relato_curto-2017.pdf

8/5/17

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras. Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Nos seguintes enlaces  podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.




 E se queres coñecer a súa  obra infantil e xuvenil preme nas seguintes imaxes.

                        

7/4/17

MES DE ABRIL: CADA DÍA UN LIBRO.

Neste mes do libro decidimos recomendar, na pizarra que hai na entrada do centro, un libro da biblioteca cada día. Estes son os do xoves día 6 e venres día 7. Sabes que libros son? E sabes onde atopalos?


O QUE PIDEN OS NOSOS ALUMNOS

Este curso, dende a biblioteca carabela decidimos poñer no taboeiro de anuncios unha folla para que os usuarios da biblioteca escriban as súas suxerencias, e xa temos a primeira folla cuberta!!! Próximamente pasaremos pola libriría para conseguir estes exemplares.

24/3/17

TRABALLOS DO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS. O NADAL EN SUECIA E PERÚ

Presentamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións das costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.



15/3/17

CURSO DE CREACIÓN DE BOOKTRAILERS

Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre o  Booktrailer como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión.

Aquí tedes  algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e animámosvos a que creedes os vosos  booktrailers.









14/3/17

OS ESCORNABOTS CHEGAN A BIBLIOTECA CARABELA

Hoxe, inauguramos unha nova actividade  na biblioteca, "Os Escornabots".
 Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.