Este conto escribiuno o grupo de valores de 2ºA dun xeito moi curioso: nunha mesa colocamos unha serie de folios en branco numerados e puxemos música; mentres soaba a música bailamos ao redor da mesa e, cando paraba, faciamos puntiños. Así ata que xa tivemos suficientes puntos, momento no que pasamos a unilos; e, cando xa houbo liñas a bondo, pasamos a debuxar, cada un onde lle tocaba en cada volta continuando os debuxos dos demais. Finalmente, recollimos os folios, coloreamos e inventamos o noso conto. E este foi o resultado:
Formaciónn de Usuarios
23/5/17
ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO
Non podemos estar máis que
satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo
realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira
“Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade
educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o
alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que
traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor
en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas
actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que
,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos
países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del
e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e
inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do
concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable
axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se
están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos
acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha
pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o
vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.
Grazas a todos por facer que a
xornada resultase todo un éxito.
21/5/17
ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
Relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de
Ares.
CATEGORIA DE 3º E 4º ESO:
1º Verónica Rodríguez Martínez...........Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe.
CATEGORIA DE 1º E 2º ESO:
1º Blanca Gago Suárez............Unha panda na procura
2º Bruno Suárez Cuervo...........Unha viaxe en
globo
Mención especial...........Iker
Beceiro Torres...........En contra do mundo
Parabens a tod@s os premiados.
PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER OS RELATOS GAÑADORES.
http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/premiados_relato_curto-2017.pdf17/5/17
8/5/17
LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES
Achéganse as
datas de conmemoración das nosas letras. Este ano o Día das Letras Galegas está
adicado a Carlos Casares.
Nos seguintes
enlaces podedes atopar diferentes
páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas
aulas.
- http://fundacioncarloscasares.org/recursos-didacticos/
- http://seminariogalan.org/
- http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_0691.html
- http://seminariogalan.org/inicio/ver/333
E se queres coñecer
a súa obra infantil e xuvenil preme nas
seguintes imaxes.
7/4/17
MES DE ABRIL: CADA DÍA UN LIBRO.
Neste mes do libro decidimos recomendar, na pizarra que hai na entrada do centro, un libro da biblioteca cada día.
Estes son os do xoves día 6 e venres día 7.
Sabes que libros son?
E sabes onde atopalos?
O QUE PIDEN OS NOSOS ALUMNOS
Este curso, dende a biblioteca carabela decidimos poñer no taboeiro de anuncios unha folla para que os usuarios da biblioteca escriban as súas suxerencias, e xa temos a primeira folla cuberta!!!
Próximamente pasaremos pola libriría para conseguir estes exemplares.
24/3/17
TRABALLOS DO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS. O NADAL EN SUECIA E PERÚ
Presentamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións das costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.
15/3/17
CURSO DE CREACIÓN DE BOOKTRAILERS
Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre o Booktrailer como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión.
Aquí tedes algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e animámosvos a que creedes os vosos booktrailers.
14/3/17
OS ESCORNABOTS CHEGAN A BIBLIOTECA CARABELA
Hoxe, inauguramos unha nova actividade na biblioteca, "Os Escornabots".
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















