2/2/17

OBRADOIRO CARTAS DE AMOR

Onte tivo lugar un obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por Isabel Serrato Azat. O obradoiro tivo como finalidade abordar temáticas dende un punto de vista educativo e previr así actitudes machistas, e situacións de violencia na adolescencia. Entre os contidos a tratar estiveron presentes: as diferencias de xénero, a idea do amor romántico, as relacións de parella, a linguaxe, etc… Este obradoiro que ten as  ilustracións da exposición “Cartas de Amor”como eixe, desenvolveu a través de diferentes dinámicas participativas, os temas  citados anteriormente.

O alumnado de 1º ESO realizou tamén unha visita guiada a exposición que se encontra exposta na Casa da Xuventude do noso concello.

30/1/17

DÍA DA PAZ

Hoxe, o alumnado e profesorado do CPI As Mirandas, celebrou o Día da Paz cantando por Siria.


27/1/17

ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e  o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.


Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.


11/1/17

CARREIRA SOLIDARIA 2016

Un ano máis no noso centro organizouse a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia máis desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.


E aquí tedes aos nosos solidarios corredores correndo como galegos!


Carreira solidaria 2016 from Bárbara Sánchez Lorenzo on Vimeo.






Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children.  Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.



20/12/16

BO NADAL

Desexámosvos dende a biblioteca carabela unhas boas festas a todos e todas.


Que tal se pides un libro neste nadal?

Un libro sempre é un bo agasallo. Aquí tedes algúns exemplos de libros interesantes para pedir e ler neste Nadal. Felices Festas.


15/12/16

XA ESTÁ AQUI A CARREIRA SOLIDARIA!!!

Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN

ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.

Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio.

 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.


2/12/16

BO TRABALLO!!!

O CPI As Mirandas de Ares Premiado nos Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos no curso escolar 2015/2016. Noraboa A TOD@S!!!!


30/11/16

EDUARDO MENDOZA GAÑA O PREMIO CERVANTES 2016

Eduardo Mendoza é o gañador do Premio Cervantes 2016, o máximo galardón das letras españolas. O Nobel das letras en castelán seguiu, un ano máis, a tradición non escrita de alternar entre un escritor español e un latinoamericano. En 2015 recaeu no escritor mexicano Fernando do Paso. O Cervantes, creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, recoñece a traxectoria dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.

Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación de A verdade sobre o caso Savolta, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado outorgoulle o premio "porque, coa publicación en 1975 de A verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista". Eduardo Mendoza, "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía, algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa extraordinaria proxección internacional".

28/11/16

Materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Están xa dispoñibles en RedeBE para todo o profesorado interesado os materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas en Compostela os pasados 18 e 19 de novembro.


RedeBE: VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia (éntrase como convidado sen contrasinal)