O Concello de Ares convoca o II Concurso de Relato Curto. A quí vos deixamos as bases.
Formaciónn de Usuarios
27/3/14
24/3/14
Ola amigos e
amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso lexendario concurso.
Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos
os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4
cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar
antes do martes seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non
se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí vos deixamos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 25 de marzo. Xa vedes que
son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
Vamos...
preparados, listos, xaaaaaa!!!!!
(Para ver mellor as preguntas, premede enriba delas)
CUESTIÓNS DO
MARTES 25 DEMARZO
21/3/14
21 de Marzo. Día da Meteoroloxía.
Temos una pequena exposición durante toda a semana de libros e revistas de meteoroxía a vosa disposición.
Esperamos que vos guste.
17/3/14
O PREGUNTÓN
Non queda nada para o inicio do preguntón, xa temos 30 grupos en primaria.
Vémonos o mércores coas primeiras preguntas.
Ánimo a todos/as.
GRUPO KATARSIS
O pasado venres visitounos o grupo katarsis coa presentación da súa obra IF I WERE A GROWN UP que representarán o próximo 18 de marzo en Ferrol.
Agradounos moito a vosa visita.
7/3/14
ENTROIDO 2014
O entroido deste ano estivo impregnado de artistas : pintores, piratas, músicos, cociñeiros.....toda unha explosión de cor.
28/2/14
LEMBRANDO A ROSALÍA
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co gallo da conmemoración do seu nacemento e para lembrar a súa obra,os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha lectura dos seus poemas. Aquí tedes o magnífico resultado.
Tamén realizaron un precioso mural que decora o corredor das aulas.
Tamén realizaron un precioso mural que decora o corredor das aulas.
24/2/14
Visita do ilustrador Abraham Carreiro.
A semana pasada visitounos o ilustrador Abraham Carreiro. O alumnado de 4º de E.P.dsisfrutou dun obradoiro de animación no que nos explicou entre outras cousas, cómo se fan os debuxos animados.
Aprenderon a facer debuxos animados en dúas dimensións (taumátropo).
Pasamos case dúas horas moi agradables na súa compaña e aprendemos algunhas curiosidades sobre a animación.
Gracias Abraham.
20/2/14
MUNCYT
O día 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo, fixemos unha excursión a Coruña. Ademáis de asistir ao concerto da Bela Adormecida, fomos visitar o MUNCYT por primeira vez.
Ao remate do concerto viaxamos cara o Muncyt.onde xantamos todos xuntos nunha xornada de convivencia,para algúns foi a súa primeira comida cos compañeiros. Todos disfrutamos dese momento.
Despois de xantar viñeron uns monitores, que nos dividiron en tres grupos para facer a visita e explicarnos un montón de cousas. Logo tivemos que resolver varias preguntas buscando coas pistas que elas nos daban.
Estivemos nunha sala onde había dous robots (Marilú e Pepe Xan) que nos falaban,se movian e as súas caras cambiaban de cor.Entusiasmáronnos.
Visitamos a sala do século XX, onde había inventos de ese século.
Na sala Ibería subimos a cabina dun avión, que trasladou o Guernica de Picasso, por eso tiña unha réplica que podedes ver nunha diapositiva.
Por un momento sentímonos pasaxeiros.
En resumo este día pasámolo moi ben.
19/2/14
La bella durmiente
O mércores 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo fixemos unha viaxe a Coruña.
Fomos o Palacio da Ópera para asistir a obra " A Bela Adormecida" , representada por movementos de ballet, acompañados da música da Orquestra Sinfónica. Gustounos moito porque ademáis no grupo de ballet había tamén nenos pequenos.
Poucas veces temos a sorte de ver este tipo de espectáculos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
