18/2/14

HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN

"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións. Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela é espectacular.



Despois de visionar a curta, podedes facer unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.

TODOS CON ROSALÍA

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:https://www.youtube.com/watch?v=g_tEH...
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

               
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto ou Pilar García Negro.

ESPAZO WEB SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase á celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web que pon á disposición dos centros educativos recursos elaborados por equipos de dinamización da lingua galega. Nesta mesma ligazón poderedes atopar tamén outros materiais de carácter xeral:
Ao longo das próximas semanas irase ampliando o dito espazo con novos materiais que, sen dúbida, servirán para coñecer mellor a vida e a obra deste autor. Convidámosvos a que, se estades elaborando actividades relacionadas co poeta e queredes compartilas, as enviedes ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística para que poidan ser difundidas a través do web da SXPL.

Negros e brancos.

O debuxante británico David McKee publicou xa hai anos un fermoso libro titulado "Negros e brancos" que fala sobre as semellanzas, as diferencias e os valores. Podedes buscalo na biblioteca porque as súas ilustracións son unha auténtica maravilla (está no andel do M dos libros vermellos). Aquí deixamosvos un traballiño que fixemos co libro...

17/2/14

CONCURSO PORTADA DE LIBROS


O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar (Carabela) do noso centro  organizan un concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado. Aquí tedes as bases. Veña animádevos a crear!!!!!.



RESUMES ORAIS DOS LIBROS QUE MÁIS LLES GUSTAN AOS NOSOS NEN@S.

Hai un artista en ti.

Montaxe feita polos nenos e nenas do CEIP Santa Clara de Cuéllar (Segovia), para a convocatoria de arte postal do noso centro de " Hai un artista en ti". Moitas gracias.


14/2/14

NOVIDADES

Aquí tedes, esperando que os levedes para as vosas casas, estas novidades da editorial Alfaguara.

12/2/14

SAN VALENTÍN. PALABRAS DE NAMORADOS.

CITAS DE AMOR: Nun bico, saberás todo o que calei. Pablo Neruda Amar non é mirarse o un ao outro; é mirar xuntos na mesma dirección. Antoine de Saint-Exupery O corazón humano é un instrumento de moitas cordas; o perfecto coñecedor dos homes sábenas facer vibrar todas, coma un bo músico. C. Dickens Ao verdadeiro amor non se lle coñece polo que esixe, senón polo que ofrece. Jacinto Benavente

31/1/14

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO NOSO COLE


Onte, 30 de xaneiro, achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Pero ademáis de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor  celebrar a paz todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia, dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".
E como non podía ser de outro modo, no noso cole celebramos esta data levando a cabo uhna serie de actividades:
Os alumnos e alumnas da ESO realizaron un fermoso mural que preside a entrada  e que reflicte a Paz que todos debemos buscar e transmitir. Tamén os rapaces/as  de 1º ESO visitaron aos alumnos e alumnas de educación infantil e primaria para falarlles deste día e da importancia da  paz, do dialogo, do respecto aos demais…  Ao final agasallaron a todos cunha das pegatinas que os alumno/as da ESO e de 6º de primaria crearon para esta data.
Os nenos de infantil e primaria tamén conmemoraron este día facendo debuxos, murais e reflexións sobre a paz.

Aquí tedes un video resumo deste día.