Formaciónn de Usuarios
9/4/13
SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 1ª SEMANA
Ola a todos e todas aquí tedes as solucións as cuestións da 1ª semana. A verdade é que a maioría de vós contestáchedes moi ben a todas. Podedes seguir as vosas puntuacións no tabolerio situado na entrada.
DÍA DA POESÍA
Hai uns días celebramos no cole o día da poesía, os nosos nenos e nenas quixeron participar con nós escribindo e lendo poemas propios e doutros autores, e aquí está o resultado:
8/4/13
IMAXINA CANTARES…
Coincidindo
co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de
Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina
Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da
obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta
iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas
formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre
sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así,
os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras,
realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo. En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.
OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS
O EDL organizou
un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron
consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender
cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e
xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada
na realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno
vídeo do que foi a actividade.
3/4/13
Los libros fantásticos que vuelan
"Los libros fantásticos que vuelan" de Mr. Morris Lessmore é un corto de animación que gañou un oscar en 2012, vale a pena velo.
día da paz
Antano hai xa moito tempo nos días en que non existían os dragóns... Así comeza “O nacemento do dragón”, como esas historias que dan calor. Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia.
A historia baséase nos animais sagrados que protexían aos habitantes da China, e que provocaban as guerras entres eles, pero entón, os seres máis intelixentes á vez que inocentes do planeta, os nenos e as nenas, crearon o dragón, unha unión entre todos os outros animais e que xerou que todo o mundo estivese de acordo por unha vez e reinase a paz entre eles. Por iso o DRAGÓN simboliza en China a paz.
Aos pequerrechos gustoulles moito e gozaron coa representación dos maiores, que estivo adornada pola estupenda recreación dos animais que foron feitos no taller de plástica polos alumnos de 4º e a súa profe Marisa.
Para rematar a representación, os alumnos e alumnas de 4º de música, dirixidos pola súa profesora Teresa, interpretaron “O inverno”, unha peza de Vivaldi.
Unha vez máis damos as grazas aos nenos e nenas de infantil e as súas profes por seren un público tan agradecido. Queremos tamén dar a en hora boa ao alumnado de 2º e 4º da ESO e as súas profesoras Teresa, Marisa e Luisa por este traballo tan ben feito.
Aquí deixámosvos unha reportaxe gráfica do evento.
Aquí deixámosvos unha reportaxe gráfica do evento.
Representación de "O nacemento do dragón"
Interpretación de "O inverno" de Vivaldi
2/4/13
COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"
Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do luns seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí deixámosvos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 2 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!
CUESTIÓNS DO MARTES 2 DE ABRIL
(Para ver mellor as preguntas, premede enriba
delas)
19/3/13
4/3/13
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
Aquí vos deixo un video sobre mulleres galegas, feito polas responsables de Bibliotecas Escolares de Galicia.
18/2/13
ENTROIDO 2013
Aquí vos deixo as fotos do entroido que celebramos o venres día 8. Este ano estivo adicado os "debuxos animados",estiveron entre nos Zipi e Zape, Bob Esponja, Fhinias i Ferb,a familia picapiedra......
Esperamos que vos guste a todos.
4/2/13
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
A semana pasada con motivo do día da paz fixeronse no centro varias actividades, enre elas destacamos a lectura dun conto por parte de todos os alumnos de 6º de E.P." A pomba dona Paz"
dona paz - foto montaje
">
dona paz - foto montaje
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

