24/4/12

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Hoxe 23 de abril é o día do libro. Por este motivo o venres pasado tivemos a Ignacio da editorial OQO que nos fixo rir cos seus contos de burros:

23/4/12

ENCÁNTANOS CONTAR CONTOS!

Os rapaces de 3º de PDC, coa colaboración dalgúns alumnos de 3º B e 4º A, metéronse na pel dos personaxes dunha particular versión do conto da "Cincenta" do libro de Roald Dahl " Cuentos en verso para niños perversos"-na que nin a protagonista nin o príncipe son o que parecen- e no pelo dos divertidos animais do conto "A casa da mosca chosca" -no que unha torta de amora fai estrago no bosque-. 
Era un teatro para os máis pequenos, pero non está moi claro quen o pasou mellor, se eles ou nós!"
Aquí vos deixamos a representación

               

PREMIOS DO PREGUNTÓN

Hai uns días, entregamos os premios do Preguntón. Este curso por primeira vez participaron os/as alumnos/as de 6º de E.P. Moitas gracias a todos pola vosa colaboración, Aí van unhas fotos:

16/3/12

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2012

Engadimos unhas fotos dos nenos e nenas de 3º ciclo lendo o conto de " La Cenicienta que no Quería Comer Perdices ".




13/3/12

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2012

O xoves 8 de Marzo con motivo do Día da Muller visionamos un conto no recreo para os alumnos de Primaria " El Príncipe ceniciento ". Así mesmo o longo desta semana proxectaremos o conto " La Cenicienta que no quería comer Perdices ", para os alumnos do 3º ciclo de EP.

5/3/12

PREGUNTÓN DO MARTES 6 DE MARZO

Entramos xa na sexta semana do Preguntón e xa queda pouco para rematar esta terceira edición,así que ánimo e seguide a mostrar os vosos coñecementos na busca de información.
E recordade respectar os tempos de entrega das respostas.

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2012

O 8 de Marzo celebramos o Día da Muller,por ese motivo animo a todos/as a compartir este conto.