20/5/11

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do día das letras galegas, os nenos e nenas de E.P., fixemos un montón de traballos, estos son algúns exemplos:

       
     

30/3/11

EL FEROZ TIGRE DE BENGALA

Wilma Cadena é WC e ten un tigre... un tigre de Bengala. Quere ser domadora, así que tamén ten un traxe. Pero... que pode domar? O tigre dalle algúns problemas, así que vai ter que buscar outro bicho... Se queres saber os problemas que pode dar un tigre de Bengala na casa e como WC se fixo domadora ... podes ler :
RIMBAMBINI: EL FEROZ TIGRE DE BENGALA.

Os autores son Claudio Comini y Orazio Minneci e a editorial Marenostrum. Podes atopalo na biblioteca no armario 2, estante 6 e número 103.

22/3/11

LUME!


Organizado polo equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca o grupo de monicreques Babaluva representou onte a obra "Lume".
Larraitz e Mirari Urruzola cos seus bonecos contáronnos unha fermosa historia sobre unha landra, un incendio na fraga, e como os animais foron avisándose uns aos outros.

11/3/11

GERÓNIMO STILTON XA ESTÁ AQUÍ.


Na biblioteca temos xa uns poucos libros de Gerónimo Stilton. Xa podes ler algunhas das aventuras deste rato periodista e todos os seus amigos.

11/2/11

XA TEÑO NOME


Por fin e despois de moito e moito deliberar (isto quere dicir que o pensaron moito moita xente xunta: uns dicían este nome, e otros dicían que outro)
XA TEÑO NOME!!!
De agora en diante voume chamar CARABELA: A vaca da biblioteca do cole de Ares... e todas as noticias que vos teña que contar ides atopalas aquí.
Carabela de Ares, espéravos neste espacio para contarvos mil e unha historia... e todas podedes atopalas na biblioteca.