23/5/24

CONTACONTOS EN INGLÉS

A semana pasada os alumnos de 5º e 6º xunto coa profe de inglés representaron para o alumnado de E.I. e primeiro ciclo de E.P. o libro The ant´s party da editorial MacMillan.
Entusiasmounos a todos, aquí vos deixamos unha das representacións.


CONTACONTOS

A semana pasada visitou o noso centro David Rodríguez , autor e ilustrador do libro Superavoa.
Supernova é un libro publicado pola editorial Xerais que trata dunha avoa chamada Rita que garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.
Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria desfrutaron da xornada, aquí vos deixamos algunhas fotos.