Na semana das letras Galegas, visitáromnos 2 amigos da editorial Kalandraca Sara e Alex, para acercarnos a maxia dos contos, Contaromnos " O coelliño Branco ", " Un Máis " " A Horta de Simón " e " Animais de Compañía " amenizado entodo momento polo acordeón de Álex
25/5/18
EXPOSICIÓNS
24/5/18
DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL
TALLER DE MARCAPÁXINAS:
Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:
Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:
23/5/18
ÉXITO DA II FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR

Parabéns
a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e
secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis
maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha
gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@s da materia de economía pola realización dese
estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao
grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-,
a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de
robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-, as asociacións deportivas de Ares (clube de
remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á
concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors
e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos
de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa
peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos
mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os
comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de
area para o sorteo dos premios.
E
por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao
longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de
educación Manuel Trigás, a José Antonio
Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de
concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA
e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do
CPI As Mirandas
por promover e apoiar todas as iniciativas que
se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que
hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas
seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na
páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.
Grazas
a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.
16/5/18
IV CONCURSO “GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP” PROGRAMA PRENSA-ESCUELA – VIAQUA 2017/2018
O noso centro está
a participar na IV edición do concurso
“Galicia, auga, literatura e rap”. Nesta edición os escolares darán a súa visión das grandes obras da
literatura galega nas que estea presente a auga pero a modo de rap. Así que os nenos e nenas de 5º e 6º de
primaria rapearon fenomenalmente os
seguintes poemas:
- “O noso barco” do libro de poemas “Soños na Gaiola” de Manuel María
- “O arco da vella” do autor Xerardo Álvarez Limeses
- Madrigal â cibdá de Santiago da obra Seis poemas Galegos de Federico García Lorca
- “O río” do libro de poemas “Cando o mar foi polo río” de Manuel María
Aquí vos deixamos a súas estupendas interpretacións
15/5/18
8/5/18
VISITA DE MARÍA CANOSA
O xoves visitounos a escritora María Canosa gañadora do último premio Merlin co seu libro MURIEL.
Despois de que léramos o libro de Muriel e grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos de lecer coa escritora.
Gustounos moito todo o que nos dixo , como nós tamén somos partícipes dos seus libros pois cada un de nós vivimos de xeito diferente as historias



Despois de que léramos o libro de Muriel e grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos de lecer coa escritora.
Gustounos moito todo o que nos dixo , como nós tamén somos partícipes dos seus libros pois cada un de nós vivimos de xeito diferente as historias




Suscribirse a:
Entradas (Atom)