Hoxe, o alumnado e profesorado do CPI As Mirandas, celebrou o Día da Paz cantando por Siria.
30/1/17
27/1/17
ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira
e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para
recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro
de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os
docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino,
adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.
Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben
merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado
deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a
colaboración das familias.
11/1/17
CARREIRA SOLIDARIA 2016
Un ano máis no noso centro organizouse a VI Carreira Quilómetros
de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do
noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar
nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas
que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda,
recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á
infancia máis desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
E aquí tedes aos nosos solidarios corredores correndo como galegos!
Carreira solidaria 2016 from Bárbara Sánchez Lorenzo on Vimeo.
Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)