27/2/16
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar.
Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico).
Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

24/2/16
DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NOSA POETISA

O alumnado de primaria elaborou e enviou unha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e coa estrofa de “Alborada” de Cantares gallegos: “ Canta, paxariño alegre...”. Tamén fixemos unha serie de vídeos con poemas da nosa poetisa e na clase de música da profe Lara cantaron os seus versos. Aquí vos deixamos os vídeos deste excelentes traballos. Esperamos que vos gusten e.... VIVA O DÍA DE ROSALÍA!!!!
23/2/16
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA, AUGA E LITERATURA"
Convócase o II Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e
Literatura", patrocinado por Viaqua.
Podedes participar cos vosos alumnos enviando os traballos
ata o próximo 10 de maio ao seguinte enderezo:
II Concurso de Fotografía
“Galicia, Auga e Literatura”
La Voz de Galicia
Departamento de Marketing
Polígono Industrial de Sabón
Avenida da Prensa, 84 – 85 15143
Arteixo (A Coruña)
O que se busca con este concurso é achegar a literatura
galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez
que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.
E como se consegue isto?. Os alumnos deberán elixir un poema
ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha
fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a
importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a
súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de
cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon,
respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha
estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense).
Se tes calquera dúbida, xa podes consultar as bases do
concuso que tes acontinuación:
8/2/16
ENTROIDO NO CPI CONDE DE FENOSA
Todo elo acompañados da fabulosa Charanga
“A Parranda” formada por alumnos e alumnas da ESO, que nos amenizaron o
percorrido con unhas magníficas pezas galegas.
O remate do desfile degustamos
produtos de entroido:orellas, freixos, rosquillas, buñuelos.... Unha xornada estupenda. En
hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta data.
4/2/16
APRENDENDO COUSAS DA ANTÁRTIDA: VIDEOCONFERENCIA CO CPI CONDE DE FENOSA DESDE A ANTÁRTIDA
Hoxe 3 de febreiro desde o CPI Conde de Fenosa de Ares tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype e realizar unha videoconferencia coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Javier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Gijón. En riguroso directo Cristobo e outros componentes da misión (científicos e membros do exército de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a termo na Base Española.
Desde o noso centro
agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzó por
colaborar cos centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus
traballos de investigación e todo o que están a facer tanto militares como
investigadores.
A actividade non
remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós e recibirémolo no noso
colexio á volta da súa campaña.
Aquí no primeiro vídeo podedes ver un extracto da videoconferencia e no segundo a videoconferencia completa.
E aquí tedes algúns dos nosos diplomas de apadriñamento


NOTAS DE PRENSA
1/2/16
MANDADOS DO ENTROIDO
Un ano máis chega o entroido, e con el o noso traballo para sair polas rúas e agasallar a todos coa nosa ledicia carnavaleira.
Empezamos como sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER
Empezamos como sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER
Suscribirse a:
Entradas (Atom)