O 30 de xaneiro celébrase en
todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia, unha data na que debemos recordar que a paz non é só cousa dun día,
senón de todos, e temos que axudar a construíla cos nosos
pequenos actos de cada día: na convivencia, no respecto a todas e todos, na
tolerancia a diversidade, na tarefa de
compartir vivencias xuntos... ...para que o 30 de Xaneiro, non se converta
nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos,
flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E iso quixemos transmitir todo o
alumnado e profesorado do noso centro nun acto conxunto no que os nenos e
nenas,rapaces e rapazas de infantil,
primaria e secundaria manifestaron os
desexos de paz que todos queremos, desexos que quedan reflectidos na xenial ilustración que a nosa alumna Ana Martínez realizou para este día, e que encabeza esta entrada do blog.
Aquí podedes ver o vídeo do acto, no que os rapaces fixeron uns manifestos pola paz e que culminou coa canción SOMOS EL MUNDO.
Aqui os dejo los trabajos que los alumnos y alumnas de 6ºA y 6ºB han realizado para el concurso escolar de la ONCE.
¡DESCUBRIMOS QUE TODOS TENEMOS TALENTO!
Enhorabuena a todos por los trabajos. LO importante siempre es participar. ¡¡¡¡ Suerte a todos!!!!
Esta semana chegaron ao noso centro 3 exemplares do "Libro do Mal Amor" editado pola xunta de galicia e elaborado polo alumnado do IES Lareixo de Lalín xunto a un grupo de escritores e escritoras, ilustradores e ilustradoras que cos seus haikus e ilustracións contribúen dun xeito persoal a esta publicación.
Trata básicamente dos dereitos das mulleres a vivir sen violencia, da loita a prol da xustiza social e da igualdade entre mulleres e homes, a unha loita, en definitiva, contra o Mal Amor.
Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado
a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a
nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e compartir con nós esta
xornada. Grazas tamén a todos os país e nais que apoiaron aos nosos corredores
solidarios en todas as categorías (infantil, primaria e secundaria) e grazas
tamén pola vosa aportación que irá a parar a través de Save the Children aos
programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para
combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Agradecemento tamén para os nosos patrocinadores Floristería
Real, e Frutería Mary polas súas achegas, e por suposto á policía local e
protección civil do noso concello.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e
solidariedade.