Desexámosvos dende a biblioteca carabela unhas boas festas a todos e todas.
20/12/16
Que tal se pides un libro neste nadal?
Un libro sempre é un bo agasallo. Aquí tedes algúns exemplos de libros interesantes para pedir e ler neste Nadal. Felices Festas.
Powered by
Issuu
Publish for Free
15/12/16
XA ESTÁ AQUI A CARREIRA SOLIDARIA!!!
Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros
de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do
noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar
nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas
que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda,
recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á
infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,
o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal,
un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa
banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus
familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través
do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the
Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición
infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre estará connosco e
apoiará esta causa coa súa presenza,
participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN
ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto
deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola
Avda de Mugardos.
Infantil e Primaria: A carreira terá lugar no pavillón do colexio.
Agradecemos a todo o
alumnado a súa participación e
solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar
aos nosos corredores solidarios.
Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS,
Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.
10/12/16
2/12/16
BO TRABALLO!!!
O CPI As Mirandas de Ares Premiado nos Proxectos de
Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que
participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en
centros educativos públicos no curso escolar 2015/2016. Noraboa A TOD@S!!!!
30/11/16
EDUARDO MENDOZA GAÑA O PREMIO CERVANTES 2016

Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria
en 1975, coa publicación de A verdade sobre o caso Savolta, que recibiu o Premio
da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras
de teatro e catro ensaios. O xurado outorgoulle o premio "porque, coa
publicación en 1975 de A verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa
da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o
interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante
carreira como novelista". Eduardo Mendoza, "no ronsel da mellor
tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía,
algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa
extraordinaria proxección internacional".
28/11/16
Materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
Están xa dispoñibles en RedeBE para todo o profesorado
interesado os materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia,
celebradas en Compostela os pasados 18 e 19 de novembro.
RedeBE: VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
(éntrase como convidado sen contrasinal)
29/10/16
É TEMPO DE SAMAÍN
Un ano máis, chega a primeira festa do
curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a
acompañan:
O Samaín!!!
E outro ano
máis deixastes voar de novo o voso maxín á hora de
decorar as cabazas e adornar portas e corredores.
E mentras
tanto, lembrade que na biblioteca tedes a vosa disposición libros relacionados co
medo e o terror,
para que, aínda que pasedes algo de medo, leades moito!!!
E para mostra aquí tedes uns videos feitos polas profes Chicha e Carmen
onde podedes ver todos os traballos realizados
onde podedes ver todos os traballos realizados
26/10/16
VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Este ano, a bioloxía fala galego
Este curso no Campus de Lugo imos conmemorar o Día da
Ciencia en Galego con este acto:
5/10/16
TRADUTOR GAIO
O Gaio é un tradutor automáticoda Xunta de Galicia que te pode sacar dun apuro
se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe
20/9/16
BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES
"Biblioteca
escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo
do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros
educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o
lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as
lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este
"territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é
posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de
acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os
xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou
simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións
e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible
esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as
Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples
actividades programadas anualmente con está temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas
para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar
os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de
expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a
literatura, a
escultura, as
artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .
19/9/16
MOVILÍZATE POLA SELVA
O grupo da clase de Valores Sociais e Cívicos de 3ºA quere presentarvos a campaña "MOVÍLIZATE POLA SELVA", que promoveu por todas as aulas de primaria a finais do curso pasado.
O obxectivo desta campaña é reunir móbiles vellos para envialos a una empresa que os recicla e envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente neste caso, no Congo, onde existen graves conflictos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia de moitas especies, etc.
MOVILÍZATE POLA SELVA from Bárbara on Vimeo.
Reuníronse 84 móviles e gracias a iso, como agradecemento do IJG, conseguimos unha subscrición anual ao instituto e o APRADINAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS.
MOVILÍZATE POLA SELVA from Bárbara on Vimeo.
Reuníronse 84 móviles e gracias a iso, como agradecemento do IJG, conseguimos unha subscrición anual ao instituto e o APRADINAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS.
Tamén podedes consultar a páxina oficial do IJG.
Todos os informes que nos vaian enviando sobre Chimpounga e sobre os "nosos chimpancés" estarán á vosa disposición na biblioteca do centro.
12/9/16
COMEZA O CURSO 2016/2017
O equipo da Biblioteca Escolar
do
CPI AS MIRANDAS
deséxavos a todos
un bo curso
cheo de lecturas.
imagixa un lugar...
... onde o teu barco atesoura
todos os teus coñecementos
e o horizonte ofréceche
todo o que poidas necesitar.
Texto: Sarah L. Thomson
28/6/16
23/6/16
22/6/16
LECTURAS NO MAR E NA MONTAÑA
"Nunca é cedo para compartir un libro cos nenos. Se agardamos a que saiban ler para facelo é coma se esperásemos a que souberan falar para falarlles" Penélope Leach.
Aquí tedes algúns libros que vos poden resultar interesantes para este verán, aínda que están agrupados por idades trátase dun criterio flexible, se che apetece ler un libro para máis pequenos, faino, e se es quen de ler un para nenos maiores... por que non proporlle aos teus pais que o lean contigo?Disfruta lendo e disfruta do verán.
Powered by
Issuu
Publish for Free
15/6/16
ABRAIO, UNHA CURTA FEITA NO NOSO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS
ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas
capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman
como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e
diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura,
tradicións, valores…
Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles
que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade
atentos que COMEZAMOS!
Para celebrar o Día Nacional das Línguas de Signos Españolas, varios centros de toda Galicia fixemos unha videoconferencia para que o alumnado xordo integrado neles, se puidera coñecer. os centros que participaron foron:
- Escola Infantil Abelliñas ( Oleiros, A Coruña).
- CEIP As Mercedes ( Lugo ).
- CEIP Mariñamansa (Ourense ).
- CEIP Escultor Acuña ( Vigo ).
- Universidade Laboral ( Ourense ).
- CPI As Mirandas.
Os nenos e nenas xordos e oíntesw, quedaron encantados deste primeiro encontro virtual e desexan que non sexa o último para seguir compartindo experiencias en língua de signos.
29/5/16
NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OLLOBOI 2016

Onte asistimos á Gala de premios do Festival audiovisual
Olloboi. 234 foron os traballos presentados este ano. Nós quedamos finalistas
en dúas categorías. Aínda que non
gañamos, viñemos moi contentas cos nosos dous diplomas de finalistas e ledas
por compartir unha xornada na que puidemos asistir nos Asteleiros Triñanes ao
visionado da película Crebinsky e ter
ocasión de charlar co seu protagonista , Miguel de Lira e co seu director, Enrique Otero. A continuación asistimos á Gala de entrega de premios conducida por Xoán Antonio Touriñán, Federico Pérez y Sabela
Arán, gala que gañou por goleada á final da Champions League.
Para o ano máis!!!!
27/5/16
CONTOS DE LOBOS
A compañia Gazafellos representou onte para nós a obra "Contos de lobos" no Casino Aresano. Durante unha hora os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos e rimos a cachón coa fantástica versión que os dous actores nos fixeron dos contos "Os sete cabuxiños", "Os tres porquiños" e "A carrapuchiña vermella". Coma sempre, o lobo foi o grande perdedor das historias... e foi unha pena porque era un lobo verdadeiramente simpático.




23/5/16
Os Celtas
Este é o resultado do proxecto de investigación sobre os Celtas levado a cabo polos alumnos e alumnas de
1º A de E.P
.
1º A de E.P
.
SEMANA 5. ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN
Ola a tod@s. Entramos xa na última semana de preguntas do noso concurso "O Preguntón". Animádevos, xa sabedes que cada puntiño conta para ser o gañador.
16/5/16
SOMOS FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI !!!!!
Parabens a tod@s!!! . Somos finalistas no Festival Audiovisual Olloboi
en dúas categorías, na sección DOC co audiovisual "O mercado municipal de Ares" dos nenos e nenas que hoxe están en 4º de primaria e na sección Olloboi Online co "Libdup Vilasoñares".
en dúas categorías, na sección DOC co audiovisual "O mercado municipal de Ares" dos nenos e nenas que hoxe están en 4º de primaria e na sección Olloboi Online co "Libdup Vilasoñares".
14/5/16
OBRAS CHEAS DE GALICIA. LETRAS GALEGAS 2016
Este ano concorren tres situacións culturais
interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación
das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns
coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos
a Manuel María, creador da poesía da Terra.
E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde
de Fenosa realizamos o documental “Obras
cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez alumna de 4º de ESO, en colaboración cos
alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores, o EDLG e o departamento de lingua galega.
Aquí tendes o documental. esperamos que vos guste.
9/5/16
5/5/16
4/5/16
EXCURSIÓN Á HISTORIA DA NOSA CONTORNA
Onte os alumnos de 3º e 4º de primaria, xunto coas súas profes, realizaron unha visita a Chanteiro, Montefaro e Lubre, lugares do noso concello onde se atopan algúns dos monumentos históricos do noso patrimonio. Comezaron o seu percorrido visitando a Igrexa da Mercé de Chanteiro, onde se celebra o tradicional Voto de Chanteiro ; subiron ata Montefaro onde puideron facer un percorrido polo Mosteiro (con baile medieval incluído) e remataron en Lubre onde se atopa a Igrexa románica de Santa Olaia. Unha visita a través da cal puideron ollar moitas cousas das que aprenderon no seu proxecto da Idade Media. O sol nos acompañou e a excursión resultou xenial.
Grazas desde aquí a Celsa e ao pai da nosa profe Bárbara por abrirnos as portas do mosteiro e acompañarnos na nosa visita.
Aquí tedes o vídeo da xornada.
2/5/16
LECTURA DE "EL QUIJOTE" NO DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro, neste curso 2015-2016, e coincidindo co 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes, os integrantes da comunidade educativa fixemos unha lectura continuada do "Quijote"
29/4/16
A VIDA DAS PERSOAS NA IDADE MEDIA
28/4/16
A ESCOLA PROTÉXENOS: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI CONDE DE FENOSA
Esta semana no CPI Conde de Fenosa alumnos/as e profes unímonos
á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "A escola protéxenos". O paraugas do mural que fixemos, simboliza a protección que nos está a ofrecer a escola.Pódese decir máis alto pero non máis claro #A educación protéxenos#, por iso hai que #protexer o seu financiamento#.
É necesario que os representantes políticos se comprometan
co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan
así o quere. Por iso movilizámonos no noso cole en apoio a esta demanda.
25/4/16
OS CASTELOS, POLOS NENOS E NENAS DE 4º A DE EP.
Seguimos cos traballos que
levamos a termo no proxecto sobre a Idade Media. Agora son os nenos e nenas de
4º A os que nos falan sobre os castelos, auténticas fortalezas dos nobres e que
servían como defensa propia e das vilas
que del dependían. A continuación podedes ver o magnífico traballo realizado
polo grupo de 4º A.
Parabéns para todos eles e elas.
21/4/16
CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE
A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa,
convocan o concurso para o deseño do logotipo destinado a ser a imaxe
representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello Escolar,
Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da
Consellería o cambio do nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.
Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do
Concurso e o Anexo I para a inscrición.
18/4/16
O ESPAZO
ESTE É O RESULTADO DO PROXECTO QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS NO 2º TRIMESTRE SOBRE O ESPAZO, APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE OS PLANETAS, NASA, ASTRONAUTAS...
PREGUNTÓN SEMANA 1
Comezamos xa!!!!!. Aquí tedes as preguntas desta primeira semana. Acordádevos que tedes ata o luns da semana que ven para depositar as respostas na furna correspondente. Ánimo e moita sorte!!!
16/4/16
A VESTIMENTA DA IDADE MEDIA. POLOS NENOS E NENAS DE 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Aquí vos deixamos o traballo que os nenos e nenas de 3º B estiveron a realizar no proxecto sobre a Idade Media. Si os de 4º nos falaron sobre a sociedade feudal, estes magníficos nenos e nenas de 3º móstrannos o que aprenderon sobre a vestimenta desa época da historia. Non volo perdades!!!.
Parabéns para todos eles e elas.
14/4/16
A SOCIEDADE FEUDAL. POLOS ALUMNOS DE 4º B
Os alumnos de 4º de primaria estiveron a traballar nun proxecto sobre a Idade Media. Neste vídeo mostrannos todo o que aprenderon e investigaron sobre elo: o periodo que abrangue, a sociedade medieval, os castelos, os trovadores e xoglares, os cabaleiros... Pero mellor que o vexades.
Parabens polo traballo ben feito!!!.
Parabens polo traballo ben feito!!!.
12/4/16
PROXECTOS DE CENTRO 2015/16
Este é o proxecto de PIRATAS que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no segundo trimestre, nel nos contan todo o que aprenderon sobre piratas: onde viven, que piratas coñecen, partes dun barco pirata, cancións poemas e adiviñas...
11/4/16
I XOGOS OLÍMPICOS GRECO- ROMANOS
O pasado 18 de Marzo celebramos no colexio as primeiras olimpiadas entre gregos e romanos con xogos variados:
TABÚ, O PANO, RELEVO DE ZAPATONES, PARACAÍDAS,PELOTA AMOROSA, BRILÉ, CARREIRAS DE SACOS E DE CANGUROS, TIRO DA CORDA E ESQUIVAR E DAR.
TABÚ, O PANO, RELEVO DE ZAPATONES, PARACAÍDAS,PELOTA AMOROSA, BRILÉ, CARREIRAS DE SACOS E DE CANGUROS, TIRO DA CORDA E ESQUIVAR E DAR.
6/4/16
III EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela do noso centro, organizan a III Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creatividade do noso alumnado.
Aquí tedes as bases. Veña, animádevos a crear!!!!
2/4/16
COMEZA A VI EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN"
Ola a todos e todas, xa estamos de novo co noso concurso O
Preguntón na súa VI Edición. Sei que xa estades desexando comezar pero antes de
nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o
xoves 14 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos que podedes recoller na biblioteca ou na vosa clase. Recordade que debedes formar un equipo de
dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou de cursos distintos.
O concurso comezará o martes 19 de abril e rematará o 10 de maio e as preguntas
estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e Carabeladeares da Biblioteca, así como nun
panel no corredor de secundaria e na biblioteca.
Vamos... animádevos a participar!!!!!. Comeza a conta
atrás.....
Bases from Yolanda Castro
1/4/16
LETRAS GALEGAS 2016
Este curso adícaselle o Día das Letras Galegas a MANUEL MARÍA, por este motivo, poñemos en marcha no noso centro dúas mochilas viaxeiras con 7 títulos cada unha que recollen a obra do autor.
Estas son algunhas pinceladas da súa vida:
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo. A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña. Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria. Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004. Información recollida da Fundación Manuel María
Estas son algunhas pinceladas da súa vida:
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo. A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña. Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria. Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004. Información recollida da Fundación Manuel María
28/3/16
PROXECTO DE INFANTIL: "OS ASTRONAUTAS"
Os nenos e nenas de infantil estiveron traballando no segundo trimestre sobre un proxecto interesantísimo no que investigaron sobre o espazo, os astronautas,os planetas, o sistema solar....
Acompañados do robot Ares2R2 realizaron unha viaxe a través do espazo e do tempo para mostrarnos todo o que aprenderon. Aquí a podedes ver no seguinte vídeo.
17/3/16
8/3/16
RECORDANDO A CERVANTES
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
A Biblioteca Carabela mercou bibliografía relacionada con este autor para traballar nas aulas dende os 5 ata os 12 anos
7/3/16
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe 8 de marzo celébrase en todo
o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha
reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos progresos
realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos
progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo
enteiro. Non hai un só país no mundo onde as mulleres consigan a plena
igualdade e o pleno goce dos seus dereitos.
Isto, por si só, debería
demostrar a necesidade de manter un forte enfoque na igualdade de xénero e os
dereitos das mulleres nas axendas de todos os países. As mulleres teñen unha
contribución vital para o logro de sociedades pacíficas e sostibles. É por iso
que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen da igualdade de
dereitos en todos os ámbitos da vida.
Para conmemorar esta data, catro alumnas de 4º ESO realizaron un programa especial de radio no que fan un
repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente ferminista de Rosalía
de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra, que a muller tamén
sente e padece, que as mulleres podían protestar, queixarse do que lles faltaba e do que lles
arrebataran, e non contentarse con formar unha familia e calar para sempre.
1/3/16
AS ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES, POLOS RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE PRIMARIA
Os alumnos e alumnas de 6º de
primaria realizaron un magnífico traballo de busca de información e material
gráfico para amosarnos unha das tradicións máis representativas de Ares, a
das Alfombras Florais. Neste vídeo que tedes a continuación podedes
ver un pequeño percorrido pola súa historia así como unha mostra gráfica das mesmas.
Parabéns a todos/as polo voso traballo e
á profe Pili Ramos pola coordinación do mesmo.
27/2/16
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar.
Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico).
Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

24/2/16
DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NOSA POETISA

O alumnado de primaria elaborou e enviou unha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e coa estrofa de “Alborada” de Cantares gallegos: “ Canta, paxariño alegre...”. Tamén fixemos unha serie de vídeos con poemas da nosa poetisa e na clase de música da profe Lara cantaron os seus versos. Aquí vos deixamos os vídeos deste excelentes traballos. Esperamos que vos gusten e.... VIVA O DÍA DE ROSALÍA!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)