Ao longo do curso, aprendemos a contar historias e para que vexades como contan os nenos/as os contos, aquí tedes estas montaxes.
24/5/13
17/5/13
DE VERSO EN VERSO
Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados.
Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio.
Aquí tedes o magnífico resultado!!!
INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"
Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.
ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013
O xoves 16 de
maio tivemos o acto de entrega dos premios do xa veterano concurso “O Preguntón”,
organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en
colaboración coa Biblioteca Carabela.
Nun salón cheo de
rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e da ESO, a nosa directora, a coordinadora do EDL
e a coordinadora da Biblioteca entregaron os premios aos gañadores e finalistas así como un diploma a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta V edición do
concurso. Desde aquí queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas
participantes polo ben que o fixeron e xa sabedes... esperámosvos na VI Edición do Preguntón.
Aquí tedes un pequeno
vídeo do acto de entrega de premios.
16/5/13
LETRAS GALEGAS 2013
SOMOS ARTISTAS
14/5/13
O LAPIS DE ROSALÍA.
Os alumnos/as de 5º están preparando a lectura do libro de Antón Cortizas " O Lapis de Rosalía " para o alumnado de E.I., primeiro e segundo ciclo de E.P.. Empregarán esta fermosa adaptación feita pola profe Marina e con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García.
Estou segura de que vos vai gustar.
7/5/13
LETRAS GALEGAS 2013
O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura
central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño
(Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais
tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa
implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia
de Galicia no que participou como actor, como director, como
iluminador...
É de destacar desta
inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está
escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional
funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron
estreitamente ligado a ela.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e
o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos
diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos
centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo.
- • Guía
e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación
infantil e primaria, “Autor, actor e público do aquí”, elaborados polo
CEIP ADR Castelao de Rianxo. • Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
6/5/13
PREGUNTAS ÚLTIMA SEMANA PREGUNTÓN
Ola, queridos e queridas
preguntóns, xa vedes que pronto pasa o tempo e de pregunta en pregunta,
chegamos a última quenda delas. Esmerádevos ben nas vosas respostas para
acadar a máxima puntuación. Xa sabedes que tedes ata o luns 13 de maio
para entregar as últimas respostas.
O
día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas entregaremos os
premios aos gañadores e diplomas a todos e todas os que
participáchedes.Moita sorte e grazas pola vosa participación nesta
edición.
PREGUNTAS
AS NOSAS POESÍAS
Ao longo deste mes, sabedes que traballamos poemas dentro das aulas, no 1º ciclo fixeron este fermoso libro:
Powered by
Issuu
Publish for Free
2/5/13
PASES AO LIBERESPAZO


Ao longo deste trimestre, puxemos en marcha os novos "Pases oa Liberespazo". Por cada 6 libros lidos da biblioteca cubren un Pase, que será canxeado por algún agasallo (libretiñas, pegatinas, marcapáxinas...) A verdade é que estamos moi contentos co resultado e co animados /as que están os nosos alumnos/as. Moitas grazas a todos e seguide lendo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)