18/12/25
RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2025: MÁIS INFORMACIÓN.
17/12/25
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL.
25/11/25
OS DEREITOS DA INFANCIA, CONTADOS E CANTADOS NO COLE
OS DEREITOS DA INFANCIA, CONTADOS E CANTADOS
NO COLE
O 20
de novembro, o noso centro encheuse de maxia e colaboración para celebrar o Día
Internacional dos Dereitos da Infancia. Os rapaces e rapazas de 1º B da ESO da materia de Reli, foron os protagonistas dunha iniciativa
marabillosa, deseñada para concienciar aos máis pequenos de Primaria sobre a
importancia dos seus dereitos. O obxectivo era claro: facer que esta data tan
significativa fose divertida, participativa e, sobre todo, memorable.
A REBELIÓN DE CONTOS
A actividade central xirou arredor do conto "Lola
e a rebelión dos contos". A través desta historia, a pequena Lola descobre que personaxes clásicos
como Cincenta, Carapuchiña ou Hansel e Gretel están "cansos de sufrir
sempre nas súas historias" e decidiron rebelarse. Os personaxes esixían os
mesmos dereitos que as nenas e nenos reais:
- Unha vivenda digna,
como pedían os Tres Porquiños.
- Educación e familia que os coide, como
soñaban Hansel e Gretel.
- Igualdade e aceptación, como desexaba
Pulgarciña.
- E, sobre todo, vivir
sen medo e en liberdade, como pedía Carapuchiña Vermella.
A
narración serviu para reflexionar sobre como os contos axudan a entender mellor
os Dereitos da Infancia, como o dereito á igualdade, á educación, á protección,
á saúde ou ao xogo e a paz.
Música, Baile e Pasapalabra: Unha Lección de
Dereitos
Un dos momentos máis emocionantes da xornada
foi a presentación da canción dos dereitos que crearon para a ocasión.
Cantaron e bailaron con entusiasmo, transmitindo unha mensaxe poderosa: "Os
dereitos da infancia non se escriben na area, porque os leva o vento cando sobe
a marea..."
Esta melodía, chea de ritmo e significado,
conseguiu que a mensaxe calase nos corazóns de todos os presentes.
Ademais, para poñer a proba o aprendido co
conto, os maiores organizaron un divertido Pasapalabra temático. Os
pequenos de Primaria participaron con moito interese e demostraron que
entenderon perfectamente a mensaxe da historia. Ver as súas caras de
concentración e alegría mentres xogaban foi a mellor recompensas.
Ao remate , os máis pequenos foron
obsequiados cuns debuxos para colorear nos que se representaban todos os
dereitos.
Foi unha actividade colaborativa super
chula que non só serviu para celebrar este día tan importante para a
Infancia, senón tamén para potenciar o uso do galego, fomentar a creatividade
e, o máis importante, unir a diferentes etapas educativas do noso colexio nun
proxecto común.
Parabéns a todo o alumnado de 1º de ESO e
Primaria por facer deste día un exemplo de convivencia e aprendizaxe!
CANCIÓN DOS DEREITOS
PARA VER O CONTO PREME NO ENLACE DE ABAIXO
👉CONTO "LOLA E A REBELIÓN DOS CONTOS"
29/10/25
“SAMAÍN: OU COMO GALICIA VENCEU AO HALLOWEEN AMERICANO COA SÚA PROPIA TRADICIÓN”
O alumnado de 3º da ESO do CPI As Mirandas volve sorprender coa calidade e o fondo dos seus contidos na nosa canle "tesmoitalingua". Nesta ocasión, Manu e Valentina mergúllannos no significado do Samaín na cultura popular galega, unha viaxe fascinante ás nosas raíces celtas para recuperar a maxia das ánimas, os 'calacús' e a Santa Compaña, unha auténtica reivindicación da nosa identidade e un acto de memoria.
Ademais, Manu e Valentina comparten consellos
para celebrar un Samaín auténtico, respectando as tradicións e a identidade
cultural galega. Esquece o 'Truco ou Trato' e descubre como vivir un Samaín de
verdade!"
Convidamos
a todos e todas a escoitar este interesante podcast.
#Samaín #CulturaGalega #Tesmoitalingua #ColexioAsMirandas
#TradiciónVsHalloween
24/10/25
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS
30/9/25
XA ESTÁ AQUÍ A IX EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
Xa temos aquí a IX Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2026 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!
23/9/25
XA TEMOS RADIO ESCOLAR NO CPI AS MIRANDAS!
Hoxe Victoria (coordinadora de Polos Creativos), Manu Ramil (o noso xenial axudante de son) e Yoli (coordinadora do EDLG) estiveron montando toda a infraestrutura da radio escolar. A verdade é que aínda nos faltan algúns pequenos detalles por ultimar, pero o noso proxecto de radio xa está en marcha e dispoñible para todo o profesorado e alumnado.
A rapazada de terceiro foi a primeira en atreverse a facer os primeiros programas, de maneira improvisada, e a experiencia resultou moi satisfactoria: gozaron moito!
8/9/25
25/6/25
CARREIRA SOLIDADIA
A semana pasada, celebramos no parque Rosalía a tradicional Carreira Solidaria.
Aquí vos deixamos unha mostra da xornada.
23/6/25
ENTREGA DE PREMIOS CPI AS MIRANDAS
Como cada ano a finais de curso facemos entrega de premios asociados as diferentes actividades que fomos facendo ao longo do curso: Día dos Namorados, torneos de Xadrez e brilé e concurso de Portadas De Libros.
Foi unha xornada moi emotiva!
27/5/25
VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela organizan a VIII Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como potenciar as capacidades creativas do alumnado.
En breve publicaremos os gañadores.
6/5/25
Día do libro
Un ano máis polo día do libro, fixemos o III Desfile de Personaxes
de Contos, como sempre foi un éxito





















.jpg)














